Renda de integración social de galicia

Páginas: 7 (1645 palabras) Publicado: 24 de agosto de 2012
Renda de Integración Social de Galicia (RISGA)
Concepto:
É unha prestación social de carácter periódico destinada a garantir recursos económicos de subsistencia a quen careza deles, mediante un proxecto personalizado de inserción constituído por un conxunto de accións tendentes á mellora da integración persoal, familiar, social e, se é o caso, laboral da persoa beneficiaria.
Normativa :
*Lei 9/91, do 2 de outubro, galega de medidas básicas para a inserción social. (DOG 3/10/1991). Derogados os artigos 53, 55 e 56 pola Lei 13/2008, do 13 de decembro, de  Servizos Sociais de Galicia
* Decreto 374/91, do 24 de outubro que a desenvolve no relativo á RISGA (DOG 5/11/1991)
* Resolución do 9 de outubro de 1992, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Servizossociais , pola que se lles dá publicidade ás normas de organización e funcionamento interno da Mesa autonómica da renda de integración social. (DOG nº 207, do23/10/92)
* Orde do 2 de outubro de 1995, pola que se aproban os novos modelos de solicitude da RISGA e das axudas para situacións de emerxencia social. (DOG do 6/11/1995)
* Lei 1/1999, do 5 de febreiro, pola que se modifica a Lei9/1991, do 2 de outubro, de medidas básicas para a inserción social. (DOG nº 36, do 22/02/99).
* Lei 16/2004, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei 9/1991, do 2 de outubro, galega de medidas básicas para a inserción social (DOG nº 254 do 31/12/2004)
 Requisitos de acceso:
* Estar empadroado/a e ter residencia efectiva en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia polomenos durante o ano inmediatamente anterior á formulación da solicitude. Entendese por residencia efectiva aquela que habite o solicitante por tempo superior a seis meses nun período de doce. Quedan eximidas do cumprimento deste requisito dun ano:
* Aquelas persoas que, procedentes doutras comunidades autónomas do Estado español, sexan beneficiarias do salario social na Comunidade Autónoma daque proceden, sempre que na lexislación desa Comunidade se recolla a reciprocidade.
* As vítimas de violencia doméstica que cambian o seu domicilio por motivos de seguridade.
* Os emigrantes galegos retornados cando fixen a súa residencia en Galicia. Asemade, aquelas persoas nacidas en Galicia que residindo noutras comunidades autónomas volvan fixar  a súa residencia en Galicia.* Os cidadáns e as cidadás doutros estados non membros da Unión Europea precisarán, ademais, acreditar a residencia legal en España no momento da formulación da solicitude.
* Ter constituída unha unidade de convivencia independente, vinculada económicamente á persoa solicitante.
* Ter unha idade comprendida entre os 25 e os 65 anos. Non obstante, tamén poderán ser beneficiarios:* Menores de 25 anos, que reunindo o resto dos requisitos, teñan menores ó seu cargo.
* Persoas maiores de 18 anos que, tendo recoñecida a condición de minusvalía, non teñan dereito a prestación ou axuda de igual ou análoga natureza.
* Persoas maiores de 18 anos que, antes de acadaren a maioría de idade, estivesen tuteladas pola Xunta de Galicia e internadas en centros deprotección de menores ou en acollemento familiar.
* As persoas maiores de 18 anos en situación de orfandade absoluta que, reunindo os demais requisitos, non teñan dereito a outras prestacións ou axudas de análoga natureza.
* Dispoñer de recursos económicos inferiores á contía da prestación económica da RISGA que no seu caso lle corresponda.
* Que non existan persoas legalmente obrigadas e conposibilidade real de prestar alimentos. A xuízo do órgano de resolución, poderase eximir deste requisito aqueles solicitantes dos que se prevexa que a obriga de alimento non se poida facer efectiva por malos tratos, relacións familiares deterioradas ou inexistentes, das que exista constancia no expediente.(Alimentos entre parentes: art 142-149 do Código Civil) | Organigrama de Parentesco...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Distribución da renda e PIB en Galicia
  • integracion social
  • integracion social
  • Integración social
  • Integración Social
  • integracion social
  • Integración social
  • integracion social

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS