RES

Páginas: 28 (6811 palabras) Publicado: 28 de octubre de 2015
HISTORIA DA FILOSOFÍA. APUNTES NIETZSCHE

Friedrich NIETZSCHE
(1844-1900)
IV. CRÍTICA DA CULTURA OCCIDENTAL: O NIHILISMO.
Nietzsche profunda nas raíces deste pensamento crítico, desvelando que a razón foi tecendo un
mundo artificial no que a linguaxe fainos escravos das convencións que dan comodidade e
seguridade á vida humana, pero falseando a auténtica realidade e afogando a propia vida. Nafilosofía de Nietzsche resoa unha chamada a vivir a luz do que o ser humano cre e sente sinceramente,
abandonando a seguridade dos valores dun mundo transcendente edificado sobre a relixión e
asumindo a vida como unha experiencia tráxica, como unha loita de onde emana a única fonte de
valor. O ser humano convértese así en lei para si mesmo, no creador dos seus propios valores, no
superhome que viveplenamente, desinhibido e libre.
A CRÍTICA NIETZSCHEANA Á CULTURA OCCIDENTAL atopa no contexto vital do autor as
claves para entender o seu pensamento.
O pensamento crítico de Nietzsche parte do diagnóstico segundo o cal a cultura occidental está
viciada desde a súa orixe. É unha cultura racional e dogmática e por iso é decadente, porque se opón á
vida, aos instintos, empeñada en instaurar aracionalidade custe o que custe. Este é o Dogmatismo de
Occidente: filosofía dogmática, relixión dogmática, moral dogmática. Para eliminar estes tres mundos
inventados polo home occidental, é preciso criticar o dogmatismo platónico, o fundamento das tres.
A crítica máis profunda de Nietzsche á cultura occidental é a crítica aos valores morais.
O principal erro da moral tradicional é a súa«antinaturalidade», é dicir, o ir contra a natureza, contra
a vida. É aquela moral que, en virtude de leis, decálogos, normas e imperativos, oponse á vida, aos
instintos primordiais da vida. Así foi a moral ensinada ata agora. A base filosófica desta moral contranatural é o platonismo: o mundo das ideas serve de “máis aló” relixioso para os cristiáns, de tal xeito
que acaba converténdose na metafísica cristiá.
Arelixión como valor occidental ao afirmar que existe unha orde moral do mundo que dirixe a
historia dos homes o que fixo foi afirmar que alguén desde fóra do mundo, fóra da vida, dirixe aos
homes. E entón prevaleceron os valores dos débiles: a compaixón, a misericordia, o sacrificio... nos
que se ve a prevalencia dos instintos de decadencia sobre os de superación. En definitiva, Nietzsche
criticaá moral tradicional porque a moral mata a vida. A vida descansa sobre unhas bases que están
en contra da moral tradicional. Pero a vida é o único real. A moral é ficción, falsidade, calumnia. Por
iso dinos que o único principio é que non existen principios morais.
Fronte á decadencia de Occidente, que predicaba unha moral antinatural, Nietzsche pretende ofrecer
unha MORAL NOVA que se basee noproceso natural do home, na vida. Na súa obra A orixe da
traxedia grega, contrapón a Dionisio e Apolo. Mentres Dionisio é o deus da vida, do viño, da
embriaguez e da alegría desbordante de vivir; Apolo é o deus das formas externas, da aparencia chea
de beleza. Eurípides, di Nietzsche, arroxou da escena a Dionisio e así empeza a época das formas. Iso
mesmo fixeron Sócrates e Platón, os cales acabaroncoa arte para optar por unha filosofía baseada no
coñecemento das causas (mundo intelixible).
A moral de occidente ten a súa base na filosofía platónica cos seus dous mundos diferentes e
distanciados: o mundo real e o mundo das ideas. Para Platón, o mundo dos sentidos é malo, causa de

Contidos NIETZSCHE. Historia da Filosofía. Prof. González Vázquez, José

Páxina 1

HISTORIA DA FILOSOFÍA.APUNTES NIETZSCHE
perdición... A filosofía tradicional é dogmática: considera o ser como algo estático, fixo, inmutable,
abstracto. Pero ese ser non existe. Non hai conceptos estáticos, só existe o devir. Só existe o mundo das
aparencias, os fenómenos.
Cámbiase así en Platón a vida pola razón que mata a vida. A nova moral de N., en contra da
plantexada por Platón, está baseada neste desexo apaixonado...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Rese A
  • Rese A
  • Res
  • Rese;a
  • Rese
  • reso
  • La Res
  • Rese A

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS