resumo la ciudad de la alegria(gallego)

Páginas: 17 (4165 palabras) Publicado: 9 de marzo de 2014
RESUMO DA OBRA
Esta historia desenvolveuse na India, onde 548 millóns de habitantes pedían alimento á deusa terra.
Nunha choza de dous cuartos vivía unha familia preto do pobo de Bankuli, municipio de Bengala Occidental. Nela habitaban un total 16 persoas, da familia Pal. Hasari era o dono da casa, el estaba casado con Aloka e tiñan tres fillos: Amrita de 12 anos, Manooj de 10 eShambu de 6.Ademáis albergaban ós pais e dous irmáns menores deHasari, coas súas esposas e fillos. O seu pai era un campesiño que fora obrigado a desaloxar as súas terras, por iso se mudaran con Hasari.
Entre 10 ou 12 millóns de campesiños bengalís da segunda metade do século XX, foran vítimas do fenómeno económico chamado o "ciclo da miseria" que era un irremediable descenso ao longo da escala social. Ungranxeiro convertese en arrendatario, logo en campesiño sen terra, máis tarde en xornaleiro e por último víase obrigado a exiliar; era inútil soñar que este camiño podera percorrerse doadamente á inversa, xa que a miseria só podía xerar unha miseria aínda maior.
Todas as disputas xudiciais só lle deixaran aos Pal un cuarto de hectárea de terra que producía cincocentos e seiscentos quilos de arroz, oque equivalía só a unha cuarta parte do que necesitaban para alimentar a familia.
Con isto puideron subsistir máis mal que ben durante 2 anos, pero ao terceiro ano un parasito rematou coa sementeira e tiveron que pedir un préstamo ao usureiro do pobo. Foi un ano de grandes privacións, un irmán de Hasari tivo que comezar a traballar como obreiro, o outro irmán de Hasari caeu enfermo, os nenossaían aos campos a buscar que comer ou vender.
Para as persoas tan pobres a enfermidade era unha maldición aínda máis terrible que a morte. Ademais a irmá máis pequena de Hasari debía de casar, o seu pai encontrara á fin marido e nada debía impedir que se celebrase a voda segundo o ritual tradicional, pois os pais estaban obrigados a casar as súas fillas porque o matrimonio das fillas era algo sagradopara eles. Despois de casar a última filla, o ancián tería concluído a súa tarefa neste mundo, debía entón conseguir un grande dote polo que pediron outro préstamo.
Aínda que non tiñan que comer, a avoa miraba serenamente aos demais e dicía que aínda tiñan arroz para catro meses, e que ela e o seu marido se privarían de comer para que os seus fillos non sufrisen.
A situación era moi grave, opai de Hasari dixolle ao seu fillo que debía ir á cidade coa súa familia para encontrar un traballo e así mandarlles o que puidera. Así foi como Hasari e a súa familia se viron obrigados a emigrar á Cidade de Calcuta.
Cando chegaron permaneceron inmóbiles por un bo anaco, estaban metidas nun mar de xentes, sentíanse asustados. Non obstante Hasari tiña unha dirección para buscar a un Bengalíe e unhafamilia nunha beirarrúa ofrecuse para coidar á súa familia. Hasari non logrou encontrar nada, regresou á beirarrúa e decatouse que esa familia tamén abandonara os campos polo espellismo de Calcuta. Eles ofrecéronlles pan e varreron a beirarrúa para facerlles un lugar mentres Hasari encontraba traballo.
A familia veciña tiña un fillo no cárcere, roubara para dar de comer á súa familia ata que oprenderon e outra filla prostituírase para alimentar aos seus.
Os náufragos da cidade vivían nas beirarrúas, os demais aglomerábanse nos labirintos de adobe e madeira chamados slums, destes existían uns 3000. Un slum non era unha barranca, máis ben era unha pequena cidade obreira habitada por refuxiados. Existía unha falta absoluta de intimidade, había un só cuarto para 10 ou 12 persoas, pero omilagre deste lugar era que a acumulación de factores desastrosos resultaba equilibrado por outra serie de factores que permitían aos seus habitantes superarse a si mesmos e converterse en modelos de humanidade. Aquí podíase notar a expresión de amor e a axuda mutua, compartíase todo cos que eran máis pobres, había tolerancia para todas as crenzas e castas, respecto para o forasteiro, caridade...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • ciudad de la alegria
  • ciudad de la alegría
  • la ciudad de la alegria
  • La Ciudad De La Alegria
  • Resumen de la pelicula la ciudad de la alegria
  • Resumen Gallego
  • Preguntas ciudad de la alegria
  • Resumen De La Evidencia De Dios Y Su Alegría

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS