Teatro isabelino

Páginas: 19 (4502 palabras) Publicado: 2 de diciembre de 2010
O TEATRO ISABELINO

ÍNDICE Contexto Histórico Social

EVOLUCIÓN

OS INICIOS

SALAS PÚBLICAS E PRIVADAS

ESCENOGRAFÍA, DECORADO E ADEREZOS

DECORADO VERBAL

VESTIARIO E CARACTERIZACIÓN

MÚSICA E EFECTOS

INTERPRETACIÓN

CONTEXTO HISTÓRICO-SOCIAL

A Inglaterra dos séculos XIV e XV tentou consolidarse como país definindo claramente os seus dominios peninsulares. O territoriosque lles interesan aos ingleses para ensancharse son: Gales, Escocia e Irlanda, que no se incorporan a coroa no 1536, 1603 e 1801, respectivamente. Neste último caso só o que coñecemos como Irlanda do Norte. Esa idea de expansión condúceos ás costas francesas, dando lugar á Guerra dos Cen Anos de 1337 a 1453. A situación era favorábel aos ingleses, ata que Juana de Arco mudou os acontecementoscoas victorias de Orleáns (1428-1429). A derrota provocou que Inglaterra se abrise a ultramar, dando lugar ao inicio do predominio inglés. Inglaterra chegaría a converterse nunha potencia marítima mundial grazas á labor dos navegantes como Francis Drae e Martin Frobisher.

Con Isabel I (1558-1603) o país consegue un período de gran prosperidade co despegue do capitalismo industrial apoiado por unforte incremento da poboación. Por outra banda o contrabando de escravos e a riqueza dos navíos ingleses dotou de gran actividade aos navíos ingleses e como consecuencia xurdirá unha gran industria metalúrxica que dará lugar ao gran mercado financeiro de Londrés, beneficiando á corte, e a nobreza e perxudicando ao campesinado. A Bolsa Real é inaugurada no 1566 e a Compañia Británica das Indiasconstitúese no 1600.

Polo que respecta ao teatro evoluciona debido aos movimentos renacentistas que se dan nesta época en todas as artes e que implican unha necesidade de afondar e coñecer dun xeito diferente.

EVOLUCIÓN

O teatro inglés experimentou un cambio gradual, desde os intermedios e moralidades evolucionou cara formas máis realistas. O teatro alegórico no que se daban contrastes detono, linguaxe e representación, deixa paso a unha serie de personaxes tipificados ( O Vicio, o Tolo)

Unha obra característica é The four P's, chamada así porque as súas catro personaxes comezan con P. Nela caricaturízanse os falsos traficantes de indulxencias e perdóns de ultratumba e finaliza cun sermón. Se ben a súa estrutura é medieval, no tono, temática e personaxes constitúe un precedenteda comedia inglesa.

As moralidades. Exposición ideolóxica. Os personaxes alegóricos ( A morte, O Coñecemento, o Amor) convértense noutros portadores da política da monarquía cunha acción dinámica e amena.

Drama histórico: No pasado da propia historia nacional búscanse as raíces da súa identidade e a xustificación dos feitos recentes, converténdose nun instrumento de instrución e propaganda.As crónicas (1577) de Holinshed serán unha fonte de inspiración para os dramaturgos. Exemplo significativo é Jonh Bale quen coa súa parábola histórica converte ao rei Xoan nun mito dramático polo feito de terse oposto no seu tempo a autoridade do Papa.

As obras denunciarán ao Papado, aos clérigos rebeldes ao anglicanismo, a resistencia de Escocia, a relixión católica... Ao contrario durante operíodo de María Tudor, algún dramaturgo servirá á causa católica.

Crónica: Os autores de crónicas desfiguraban a realidade para adaptala á escena e para ensalzar a súa raíña en oposición a outros gobernantes. Alimentaron o patriotismo inglés e o renovado sentido de poderío nacional que ncaeu da guerra fría con España. Mascarada: Foi Xacobe I instigado por Ben Jonhson e Iñigo Jones quen puloupo este xénero. É unha forma de entretemento cortesán festivo celebrado normalmente en palacio e desenvolvido anteriormente en Italia. Os personaxes eran case todos mitolóxicos ou alegóricos. Usaban a música e a danza, o canto e a interpretación cunha elaborada escenografía e vestiario que podían ser deseñados por un arquitecto de renome. Iñigo Jones deseñou un mundo novo de figurinos simbólicos...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • teatro isabelino
  • teatro isabelino
  • Teatro Isabelino
  • Teatro Isabelino
  • Teatro Isabelino
  • Teatro Isabelino
  • El Teatro Isabelino
  • Teatro Isabelino

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS