Textos Para Comentarios Críticos

Páginas: 15 (3659 palabras) Publicado: 25 de octubre de 2011
GASTRONOMÍA XACOBEA II Texto 1 A penuria e austeridade que caracterizaban o espírito do Camiño de Santiago, con que se purgaban outrora as paixóns da alma, non son trazos gastronómicos que se poidan aplicar hoxe en día dun modo mecánico. O seu equivalencia actual sería a comida moderada e a dieta saudable, centrada nas verduras, os peixes, en particular os máis consumidos outrora: o bacallau e asardiña do tabal (e mariscos, útiles tamén para aliviar as vixilias) cuxa virtualidade pode ser a de purgar as paixóns do corpo, en particular o exceso de calorías característica das modernas dietas, que en combinación cos hábitos sedentarios, xeraron un problema de obesidade, sobrepeso, cardiopatías e doenzas asociadas á comida insá e apresurada. Entran tamén no concepto de gastronomía xacobea osalimentos axeitados para o camiño, aqueles que pola súa doada portabilidade, boa conservación e calidades enerxéticas axudan a afrontar a marcha a pé. Alimentos reparadores e xantares que posúan a calidade de ser bos para repoñer forzas. Son neste senso valiosos o pan, o queixo e o viño, transportado en cabazos e botas (e, ademais, a augardente) e naturalmente a auga, que tamén saciaba a sede,aínda que non animaba tanto. Igualmente, resultan apropiados para a camiñada preparados gastronómicos como a empanada, manxar documentado xa no medievo, que presentaba a vantaxe de permitir transportar á vez o pan e o compango, e ademais preservaba ben o contido durante varios días. Interesa tamén pór en valor o chocolate, difundido desde o século XVII, que se consideraba que non quebrantaba o xaxúne tíñase por alimento altamente reconstituínte. Os peregrinos podían tomar algunha cunca nos mesóns, ou con sorte unha xícara nalgunha reitoral na que se practicase a caridade con eles. Polo demais, adoitaba ser a xacobea unha comida de mercado e praza. Os peregrinos tiñan que adquirir nas tablajerías, pescaderías, tafonas e noutros postos dos mercados que atopaba ao seu paso polas poboacións docamiño os alimentos que facían preparar nos mesóns e pousadas, cando non os cociñaban eles mesmos, xa que antigamente tales establecementos non adoitaban ofrecer servizo de restauración, e moitos deles unicamente achegaban leña e sal. Aínda hai pouco tempo podíase atopar en Santiago un vestixio desta tradición. Había algúns restaurantes na zona da praza de Abastos que lles ofrecía aos clientes aposibilidade adquirir na praza os alimentos que cociñaba despois o restaurante, en ocasións permitíndolles unha certa participación nos fogóns. Esta fórmula de cociña de participación é plenamente xacobea e poderíase pór en valor en especial en preparacións á grella de alimentos que os peregrinos poderían adquirir nos postos da feira que adoitan existir nas celebracións gastronómicas. Ítem máis:outro concepto gastrocultural xacobeo que cómpre destacar vén dado polo propio carácter do Camiño de Santiago -en tanto que estación terminus deste- de operar como verdadeira encrucillada de multitude de países e culturas. Hai que tomar en consideración que Santiago foi un verdadeiro Babel de linguas e padais. E isto tivo consecuencias na gastronomía. XAVIER CASTRO, GaliciaHoxe.com (30/07/2010) DISTORSIÓNS XORNALÍSTICAS MALICIOSAS Texto 2 A Declaración de Principios sobre a Conduta dos Xornalistas, adoptada no 2º Congreso Mundial da Federación Internacional de Xornalistas de 1954 e logo actualizada no 18º Congreso Mundial de 1986, di no seu punto 8 que entre as "faltas profesionais graves" dos xornalistas está, entre outras, a "maledicencia" e a "distorsión maliciosa ou mal intencionada".E, por certo, no punto 5 inclúe tamén o seguinte Principio: "O xornalista esforzarase por rectificar calquera información publicada e revelada inexacta e prexudicial". Xa ven vostedes. Principios dunha ética profesional expostos, ademais, con meridiana claridade. ¿Cantas informacións se publican e se revelan inexactas, prexudiciais e afectadas polo virus da distorsión maliciosa? Eu onte aludía...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Comentari Crític De Text
  • Comentario Crítico de un texto Descriptivo
  • Comentario Crítico De Un Texto Jurídico
  • Textos para el comentario
  • Guía Para Comentarios De Texto
  • PAUTAS PARA EL COMENTARIO DE TEXTO
  • Pasos Para El Comentario De Texto
  • Comentarios De Texto Para Ensayar

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS