Todo Es Poco

Páginas: 3 (688 palabras) Publicado: 14 de junio de 2012
A MEU QUERIDO AVÓ…

Avó de mans fortes e traballadoras, fuches un bo mestre e guía na nosa vida, home noble, persoa moi leda e traballadora, sempre tivemos o teu apoio, e hoxe sinto que estásausente sen darte conta do moito que te necesito. Lembro todos esos anos cando con paciencia toleraches as miñas tolerías e trasnadas. O teu lado sentíame seguro e protexido, e fóra de todo perigo.
Avó,fuches un home cheo de virtudes, aínda que o tempo clareou o teu cabelo, e o teu corpo xa canso apenas pode xa camiñar, eu ofrézoche a miña man para axudarche a andar, e o AMOR que sinto por tiiluminará a túa escuridade.

Como pasa o tempo avó, fai un ano falabas comigo cando viña para a casa despois dunha longa xornada de traballo, e eu con moita ansia de poder verte, darxe unha aperta desasmoi fortes que só sabemos ti máis eu.

Despois de xantar, saíamos a tomar un café de pucheiro con “perrita” polo barrio de Recatelo.

Paseabamos polo parque aquel, (onde me levabas de neno) e eumarchaba correndo cara o estanque dos parrulos e sentabámonos nun banco e falabamos os dous.

O teu tema principal era a túa aldea querida, onde naciches, onde andabas coas zocas de madeira, aquelaonde ías a escola polas corredoiras de noite coa luz do candil, xunto a un mestre de ferrado.

A aldea onde moceáches, bailaches nas romerías e foliadas.

Querido avó, agora cando os teus ollos senublan e pérdense, a túa cabeza da moitas voltas, os teus pensamentos quedaron pechados, as túas mans están inquietas.

A túa filla, o teu xenro e eu en especial, avó queremos estar o teu carónnesta etapa da túa vida, o mesmo tempo desexamos que te sintas amado, querido, coma o amor que ti nos deches, e que sempre, sempre vas a estar na túa casa. Tamén cando comamos eu vouche dar conversa,aínda que ti apenas fales. Agora quero escoitarte sen presas, aínda que o que contes non teña moito xeito e o repitas unha e mil veces, eu sempre te escoitarei como se fose a primeira vez. Agora avó...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • De todo un poco
  • De todo un poco
  • De todo un poco
  • De todo un poco
  • De todo un poco
  • Todo un poco
  • De todo un poco
  • De Todo Un Poco

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS