Uxio novoneira

Páginas: 3 (748 palabras) Publicado: 26 de mayo de 2010
Uxío Novoneira
1930, Parada de Moreda (O Courel) - 1999, Santiago de Compostela
Poeta
É un dos poetas máis persoais da posguerra. A súa novidosa visión da paisaxe, forxada entre as montañas do seuCourel natal, levouno a ser coñecido como o “poeta da terra”. A súa obra, en permanente renovación e busca de novas propostas expresivas, moveuse entre o intimismo paisaxista e a poesía civil dosanos sesenta e setenta. Fillo dunha familia de labregos do Courel, a poética de Uxío Novoneyra sempre permanecerá intimamente relacionada co escenario da terra natal. Estuda bacharelato en Lugo, ondecoñece a Manuel María. Logo trasládase a Madrid, onde asiste como oínte á Facultade de Filosofía e Letras e comeza a escribir os seus primeiros poemas, en castelán. De novo en Galicia, e a consecuenciados seus contactos con figuras como Piñeiro, Otero ou Maside, toma a determinación de escribir soamente en galego.
Se ben é coetáneo da Xeración das Festas Minervais e mesmo compartiu experienciasxuvenís cos seus membros, Uxío Novoneyra desenvolveu unha traxectoria creativa única, en parte debido á súa propia traxectoria vital. Motivos de saúde obrígano a pasar dez anos da súa mocidade nasmontañas courelás, onde escribe os seus primeiros poemarios. Esta experiencia converterao no “poeta da terra” por excelencia, en definición de Carmen Blanco.
Entre 1962 e 1966 traballará en Madrid en radio etelevisión, sempre desenvolvendo tarefas relacionadas coa poesía. Alí mantén unha estreita amizade con Reimundo Patiño e colabora co grupo Brais Pinto e con outros grupos da bohemia madrileña. Logoregresará ao Courel e desde 1983 residirá en Compostela.
Na obra primeira, Os eidos (1955), o poeta está en soidade entre os vales e as montañas natais, en comuñón co mundo físico. Tense relacionadoOs eidos co paisaxismo de Noriega Varela, Iglesia Alvariño ou Díaz Castro. Porén, a de Novoneyra é unha poesía máis íntima e cósmica, arredada da tradición polo seu carácter esencial e totalizador:...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Uxio novoneyra
  • Uxio novo neyra
  • Biografia uxio novoneyra

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS