A Bisexualidade En Grecia

Páginas: 33 (8109 palabras) Publicado: 4 de septiembre de 2011
-HISTORIA DO PENSAMENTO ANTIGO-

A BISEXUALIDADE NA GRECIA ANTIGA

Xoan Vázquez Piñeiro
01/09/2011

1

2

Na Antiga Grecia imperaba na sociedade unha moral e métodos sexuais moi diferentes aos actuais na mesma Grecia e no resto de Occidente. Este é un tema xa abordado, estudado e do que dispoñemos de datos de abondo. Sen embargo, non podemos dicir o mesmo da súa difusión na culturaxeral occidental. Non se estuda nas escolas hoxe en día, pouca xente ten consciencia ou coñecemento delo e é un tema case tabú xa dende o Medievo, onde os historiadores e rescatadores da Grecia Clásica e máis tarde os Humanistas trataron de pasar por alto esta desviación dos antigos Gregos. Era difícil admitir para Europa que a cuna da súa civilización estivese manchada con este escuro tema , e queos mesmos que inventaran a filosofía e o coñecemento racional visen ben a relación entre persoas do mesmo sexo. Pero tampouco era tan sinxelo como isto.

O primeiro en abordar este embarazoso tema para Occidente sería o alemán E Bethe en 1909, destapando así a cortina de silencio que os estudosos da Antigüidade levantaran sobre a cuestión. No artigo que publicou, defendeu que a homosexualidadenon era unha costume propiamente grega, senón que fora importada á Hélade polos dorios, os conquistadores do Norte. A idea ofreceu unha xustificación inmediatamente aceptada, e que durante anos serviu como táboa de salvación para tratar o espiñoso tema. Pero por desgraza para os prexuizosos, Bethe equivocábase, e hoxe sabemos que a bisexualidade grega era unha das pervivencias máis claras da idademedia feudal helénica. A esencia da homosexualidade masculina consiste na camaradería entre guerreiros, e a bisexualidade en xeral, ou sexa en ambos sexos, é parte do profundo machismo na sociedade helénica, que distanciaba ambos sexos un do outro ata tal punto que mulleres e sobre todo homes chegaban mesmo a acaparar a actividade sexual no seu mesmo xénero. A amizade entre homes é un fenómenoconstante nas sociedades guerreiras, nas que o ambiente masculino tende a encerrarse en si mesmo. A exclusión material das mulleres, mesmo a súa desaparición, leva consigo unha ofensiva do amor masculino. Se sabemos que a orixe da homosexualidade masculina é anterior á chegada dos dorios, non sabemos con tanta exactitude de onde provén tal práctica. Autores como o italiano H.I. Marrou ligaba estacostume á simple falta de mulleres pola enorme segregación social da que antes falamos. Si, sen dúbida a homosexualidade masculina está intrinsecamente ligada a ese feito, pero ¿ é a causa real? A estudosa e clasicista Eva Cantarella defende que non. Ela cre que as mulleres se fixeron inaccesibles para os homes só cando as primeiras leis escritasestableceron que o papel de reprodutoras do corpocidadán debía de ser desempeñado dentro dos muros do fogar. Pero na época homérica temos probas de que as mulleres non estaban aínda nesta avanzada situación de reclusión social. A estudosa da Grecia clásica pon de exemplo pasaxes da Odisea como o de Nausicaa de Esqueria, no que a muller pensa en facer de Ulises pretendente da súa man, o que denota certa independencia e poder de decisión. Sería só apartires do século VIII ou VII cando as mulleres se fan inaccesibles para os gregos. As orixes da homosexualidade masculina1 debemos buscalas máis aló, nun pasado máis remoto que o homérico,e Cantarella o sitúa no pasado tribal grego, no cal a organización da comunidade estaba baseada na división por clases de idade. Nas sociedades así organizadas, o paso dun individuo dunha idade a outra (e polotanto, dunha clase a a outra) está acompañada dunha serie de ritos de paso. Nestes, a iniciación do indiviuo pasa xeralmente por atravesar un período de tempo aloxado da comunidade, vivindo fora das regras da vida civil, a miúdo en estado de natureza. Son períodos digamos de segregación ou marxinación ao termo dos cales o individuo renace como membro da clase de idade superior. A homosexualidade...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Grecia
  • Grecia
  • Grecia
  • Grecia
  • Grecias
  • Grecia
  • Grecia
  • Grecia

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS