A Esmorga -Eduardo Blanco Amor

Páginas: 5 (1144 palabras) Publicado: 7 de mayo de 2012
Blanco Amor, Eduardo
Nace en Ourense no ano 1887. Eduardo era o penúltimo fillo dunha familia de cinco irmáns, a súa infancia foi
moi marcada pola fuxida do seu pai.Aos quince anos, en plena crise da adolescencia, foxe da casa camiño de
Santiago, se ben esta escapada non ten consecuencias e regresa ao seu fogar. Comeza a ter relacións con
Vicente Risco. Aos dezanove anos emigra á Arxentina.Na capital bonaerense asiste á Universidade e inicia o
seu contacto co mundo da emigración galega.
Como correspondente da prensa bonaerense, en 1929 viaxa a España. Relixa frecuentes visitas a Galicia, onde
asina un manifiesto nacionalista, e dous anos despois regresa a Arxentina. De novo en España, como
correspondente de "La Nación", entra en contacto cos poetas españois da xeneración do 27,facendo amizade
con Federico García Lorca. Blanco Amor corrixe e escribe o prólogo dos Seis poemas galegos do poeta
andaluz. En 1935 regresa a Arxentina e alí defende na prensa a causa republicana durante a guerra civil
española. Rematada esta, colabora cos exiliados en diversas actividades de oposición antifascista, proseguindo
o seu labor cultural galeguista e fúndando o Teatro Popular Galegode Buenos Aires. Morre en Vigo no ano
1979.
Combina a obra en castelán coa obra en galego. A poesía representa a súa actividade principal antes da guerra
onde xa se aprecia unha vinculación cos momentos de vangarda. Os seus poemarios iniciais son Romances
Galegos e Poemas en catro tempos. A súa obra poética péchase con Cancioneiro. O seu teatro afástase do
teatro tradicional galego e estaríamáis preto da dramática de Valle Inclán ou de Lorca. Os seus textos
caracterízanse pola axilidade do ritmo, pola viveza dos diálogos e o dominio do rexistro lingüístico adecuado
en todo momento ós personaxes e as diferentes situacións. Escribiu dúas obras: Farsas para títeres e Teatro
para a xente.
Blanco Amor publicou catro obras na narrativa galega pero as máis importantes son as seguintes:A Esmorga,
Os biosbardos, e Xente ao lonxe.A Esmorga foi a súa primeira novela longa, publicada na Arxentina no 59 e
que foi traída clandestinamente a Galicia, é un clásico da literatura galega, xa que marcou un fito histórico na
nosa narrativa en canto a técnica e a temática. Os biosbardos: publicado no 62, son un conxunto de "contos
para a xente" postos en boca dun narrador infantil ouadolescente distinto en cada momento; presenta unha
ambientación urbana na cidade de Ourense, no Ourense dos seun anos mozos, e os personaxes pertenecen a
clases populares. Nos contos aparecen realidades sociais coma a pobreza, a emigración... contados dende esa
visión infantil.
Xente ao lonxe:publicado no 72, tratáse dunha radiografía do Ourense de principios de século a través de
experienciadun grupo de traballadores, vinculados a organización de carácter obreiro. Na novela conflúen
varias voces narradoras, que lle proporcionan ó lector distintos enfoques da realidade.
Resumo
O autor comeza o relato da obra informándonos de que o narrado é algo que sucedeu hai algún tempo na
cidade onde naceu, e a información recolleuna buscando nalgúns papeis e falando con testigos do caso.Cibrán é un picapedreiro, un acusado que declara ante un xuíz, centrando a súa declaración na tráxica historia
del e dos seus compañeiros: o Bocas e o Milhomes, homes marxinais da sociedade.
Cibrán conta que cando vai cara o traballo atopa o Bocas e o Milhomes bébedos nunha carreteira, e
convencenno para que vaia con eles de esmorga. Pasan o día enteiro (no que chovía abundantemente) polos
baixosfondos da cidade de Auria, de borracheira, vagando por varios lugares e bebendo sen cesar.
Ó saír dunha taberna deciden ir o pazo dos Andrada, onde din que vive unha fermosísima muller que pouca
xente ollou. Métense por un buraco do xardín e ollanna dende lonxe nunha galería. Ó marchar, o Bocas
comeza a cavilar, porque quedara namorado da fermosura da muller.
1

Despois de seguir vagando...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Comentario-resumen de la novela A ESMORGA de Eduardo Blanco Amor
  • A esmorga; eduardo blanco amor
  • RESUMEN A ESMORGA BLANCO AMOR
  • A esmorga de edurado blanco amor
  • Eduardo blanco amor
  • Eduardo Blanco Amor
  • Eduardo Blanco
  • Eduardo Blanco

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS