A esmorga; eduardo blanco amor

Páginas: 16 (3883 palabras) Publicado: 21 de agosto de 2010
Eduardo Blanco Amor nace na vila de Ourense en 1897, o penúltimo nunha familia de cinco irmáns. A súa infancia estivo moi marcada polo abandono do seu pai e aos quince anos foxe da casa familiar cara a Santiago, aínda que axiña regresa ao seu fogar ourensán.

Xa na adolescencia comezou a sentir a vocación das letras:

"A primeira novela que lin así de aventuras foi o Rocamboleo, despois foiVíctor Hugo un autor que me fascinou tremendamente...Tería dezaseis anos cando comecei a escribir versos en castelán en xornais locais. En galego escribiría máis tarde, xa en América, aguilloado pola morriña. Os mozos do meu grupo líamos con paixón aos da xeración do 98: Baroja, Unamuno, Maeztu (...) En política inclinabámonos cara á república, cunha lixeira tendencia ao anarquismo. Éramosrebeldes, sen saber contra quen e cara a onde...".

Nesa época, estábase a desenvolver unha interesante actividade cultural na cidade. Deste xeito, Blanco Amor, ao igual que moitos outros mozos ourensáns, goza dunha tertulia na que participan os membros de La Centuria ( Vicente Risco, Otero Pedrayo e López Cuevillas), Noriega Varela, Arturo Noguerol, Roberto Blanco Torres, e moitos máis. Anosdespois, Blanco Amor declararía a Risco como o seu mestre fundamental.

No ano 1919, Blanco Amor emigra á Arxentina. Uns anos máis tarde lembrará a súa experiencia:

"Bos Aires entón era unha delicia de cidade que incitaba coa súa liberdade, coa súa amplitude de modais psíquicos, co seu perfil sosegado e tangueiro á posibilidade de emprender unha gran aventura dentro da grande cidade... Ese mesmoano 1919, simultaneamente, comecei a asistir como oínte á Facultade de Filosofía e Letras. No banco fun empregado de secretaría, mais en vez de escribir cartas facía versos, o que non soe coincidir coas concepcións bancarias. A miña morriña florecía en versos galegos que escribía a picaduras de aceiro na máquina destinada polo establecemento ás cifras e ós "Moi señores meus..."

Froito docontacto co mundo da emigración galega nace a Federación de Sociedades Galegas (F.S.G.A.) o 24 de setembro de 1921 en Bos Aires.

En 1923 fúndase o idearium da Irmandade Nacionalista Galega na América do Sur, a revista A Terra.

Participa, xunto ao seu amigo Suárez Picallo na revista Céltiga. Un exemplo do ambiente vivido na redacción, no que nace o grupo de intelectuais chamado Os Céltigosliderado por Picallo e Blanco Amor, é unha anécdota ocorrida o día no que Blanco Amor puxo no escritorio de Picallo un carteliño con este cuarteto:

"Aquí de Suárez tonante
dio fin de la vida el curso
apúrate caminante
o te cargas un discurso".

Suárez Picallo respondeu cun epitafio que, pintado nunha táboa, pendurou na parede, detrás do lugar no que se sentaba Eduardo:

"Yace aquí Don EduardoBlanco Amor
cualquier poeta enterrado fue mejor".

En 1925 comeza a traballar no xornal La Nación, onde coñece a Leopoldo Lugones, Horacio Quiroga, Borges, etc.

Durante 1928 son expulsados da Federación de Sociedades Galegas Picallo e Blanco Amor, feito que aproveitan para viaxar ao Uruguai, onde imparten conferencias sobre a realidade galega.

En 1929 un grupo de escritores forman aAgrupación Artística Céltiga. Entre eles figuraban Suárez Picallo, Eduardo Blanco Amor e Eliseo Pulpeiro. A primeira obra teatral representada por esta agrupación foi A fiestra valdeira de Rafael Dieste.

España convertérase nunha República e o xornal da Federación de Sociedades Galegas Galicia convertérase, baixo a maxistral dirección de Blanco Amor, nun dos símbolos da esquerda nacionalista.Desde 1933 ata 1935 viaxa a España como correspondente de La Nación. Neste ano, Blanco Amor intensifica en Madrid a súa amizade con Federico García Lorca. Segundo as súas verbas, Blanco Amor, limítase a corrixir e escribir o prólogo dos Seis poemas galegos do granadino, aínda que existen diferentes teses sobre a creación destes poemas.

Durante a Guerra Civil realizou unha importante labor...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Comentario-resumen de la novela A ESMORGA de Eduardo Blanco Amor
  • RESUMEN A ESMORGA BLANCO AMOR
  • A esmorga de edurado blanco amor
  • Eduardo blanco amor
  • Eduardo Blanco Amor
  • Eduardo Blanco
  • Eduardo Blanco
  • Eduardo blanco

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS