A Paranoia Galega

Páginas: 7 (1651 palabras) Publicado: 16 de agosto de 2011
A paranoia galega:
alleos á propia identidade por ignorancia da súa ostensíbel outridade

(Á sociedade galega, especialmente a tantos e tantas colaboradores/as, moitos/as quizais inocentes, de Galicia Bilingüe: por favor, abstédevos se non o tedes, persoal e reflexivamente, claro. Aínda que a situación socio-histórica o exixe, custa moito responder á necesidade de ter que falar nestes termos;ora, sinceramente, áchoo necesario, porque, a pouco que profundemos, observaredes que, debido á demagoxia duns poucos e á ignorancia e vulnerabilidade de moitos, estamos a ser vencidos por nós mesmos).

A nosa comunidade é unha realidade, unha realidade humana incontestábel, un feito humano da orde do natural, e non podemos estirpar a comunidade que somos do seo de nós mesmos. A nosa diferenzanon atenta contra ninguén. Ninguén pode retirarnos o dereito natural a vivirmos cabalmente o que somos. Ninguén pode vivir afastado/a de si mesmo/a, alleo/a e belicoso/a coa súa propia singularidade. Esta é a orde natural das cousas. Aquí e en calquera outro cornello do planeta. Aqueles que non se aceptan a si mesmos viven vencidos e, aínda que poidan ser axudados por forzas adversas, á fin,atención!, por si mesmos, son vencidos.

Entón, dende que mundo escuro se nos tenta, unha e outra vez convencer do contrario? Que egóticas pretensións teñen quen -con tal riqueza de medios e de contraditorios, superficiais, mais tamén astutos, argumentos- animan dous millóns de seres humanos a se poren de costas a si mesmos?

Comecemos a darnos conta do máis feo do noso psiquismo colectivo. Algúns,xente con poderío, andan a dicir tan tranquilamente que chegou o momento de reafirmarse... na negación. Para que? Para eles exerceren máis tranquilos a súa insolidariedade mentres condenan a maioría á subalternidade ou ao exilio de si mesmos? Que despropósito!, que extemporaneidade! Pero, que pasa, non foron sempre aceptados e respectados na súa singularidade persoal neste país bondadoso? Claroque o foron. E, de grado, sono.

¿Porque teiman entón en querer deixar a dous millóns de galegos sen o contexto cultural naturalmente necesario, languidecendo como seres humanos, co seu ámbito relacional menoscabado, nunha comunidade en permanente estado de asfixia? Á parte do imperativo ético do amor á xustiza, a cambio do respecto que eles reciben, ben lles mereciamos un pouco decondescendencia para facer posíbel que a maioría de galegos poida vivir con saúde e normalidade a súa identidade colectiva. Non, en contexto estéril e frustrante; non, en encrequenada comunidade. Moitos quizais non se decaten da seriedade e do calado humano deste asunto nin da mesquindade de certas posicións e conduta. Vale, pero trátase dunha vileza e dunha inxustiza. E, por favor, basta! Transcendencia,xa!, abonda de paranoidismo!

Amigos/as, individuo e comunidade son inseparábeis.

As humanidades téñeno claro, dende a Socioloxía e Psicoloxía Transpersoal e Humanista á Antroposofía.

A inseparabilidade de individuo e comunidade non exclúe o ordenamento racional da sociedade. Nin o verdadeiro ordenamento racional da sociedade choca coa indisolubilidade de individuo e comunidade; é máis, seaquel é recto e xusto tena que ter en conta e buscar a necesaria e idónea síntese complexa. E, se colide, é porque tal ordenamento é, de feito, irracional; tan irracional, no outro extremo, como o patriotismo hiperbólico.

Os señores e señoras de Galicia Bilingüe, e compañía, predican implicitamente que a identidade colectiva dos individuos radica en seren persoas xurídicas do aparato do Estado;ora, isto é mentira, a todas luces, mentira. Os feitos son que queren reinstalarnos nas distorsións, hoxe totalmente identificadas, do século XIX e nas concepcións fascistas do século XX.

Toda persoa cabalmente informada sabe isto: a identidade colectiva do individuo emana da súa pertenza a unha comunidade. E sabe que, nunha lectura progresista, isto hai que conxugalo coa democrática carta...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Paranoia
  • Paranoia
  • Paranoia
  • Paranoia
  • paranoia
  • La Paranoia
  • Paranoia
  • Galego

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS