A Terra como sistema

Páginas: 12 (2902 palabras) Publicado: 26 de febrero de 2014
UNIDADE 1:a terra como sistema
DEFINICIÓN DE SISTEMA.
Un sistema (do grego sistema = conxunto ou reunión) é un conxunto organizado de partes ou elementos interactuantes e interdependentes que se relacionan formando un todo unitario e complexo. Das interaccións entre as partes xorden propiedades novas denominadas PROPIEDADES EMERXENTES, presentes no sistema, pero non nas partes porseparado.
Ex: un ordenador, un coche, un ser vivo, un centro escolar etc.

2. ESTUDIO DOS SISTEMAS:
2.A. ENFOQUE HOLÍSTICO (SINTÉTICO) fronte ao ENFOQUE REDUCIONISTA (ANALÍTICO).
O enfoque reducionista consiste en fragmentar o obxecto de estudio nos seus compoñentes e observalos por separado. Este procedemento, utilizado no método científico, non serve para o estudio de sistemas pois esquece asinteraccións entre as partes.
No estudio de sistemas emprégase un enfoque holístico, que trata de estudar a globalidade e as relacións entre as partes. Con este enfoque póñense de manifesto as PROPIEDADES EMERXENTES resultantes do comportamento global e das interaccións entre os distintos elementos.
Na visión holística aproveitanse os coñecementos aportados polo reducionismo, sendo, en moitoscasos, perspectivas complementarias.
2.B. USO DE MODELOS:
DEFINICIÓN DE MODELO.
Trátase de versións simplificadas da realidade, nas cales se representan só os detalles relevantes para o obxectivo que se persegue (ex.: un mapa de estradas). Un modelo non é aplicabel fóra do entorno para o que foi deseñado (ex: un mapa xeolóxico serve a fin diferentes a un mapa de estradas).

Continuamente usamosmodelos mentais que imos perfeccionando e enriquecendo coa experiencia.

Os modelos formais son modelos matemáticos que constitúen unha ferramenta moi útil para representar a realidade e establecer predicións coa exactitude necesaria. (ex.: as leis da Física) Un modelo formal pódese verificar comparándoo coa realidade, se esta coincide coas predicións do modelo, considerámolo apropiado.
MODELOSDE SISTEMAS:
Os sistema reais represéntanse mediante modelos de sistemas.
MODELOS DE CAIXA NEGRA: se só nos fixamos nas entradas e saídas do sistema .
TIPOS DE SISTEMAS DE CAIXA NEGRA:
ABERTOS: intercambian materia e enerxía co entorno. Ex: unha cidade .- entran materiais e enrxía e sae enerxía en forma de calor, residuos e produtos manufacturados.
PECHADOS : Non hai intercambios demateria, pero si de enerxía. Ex: +unha poza (?), na que entra enerxía solar e sae calor, pero a materia recíclase.
ILLADOS: non existe intercambio de materia nin enerxía. Ex: O Sistema Solar (?).











A ENERXÍA NOS SISTEMAS: 1ª E 2ª LEI DA TERMODINÁMICA.

Debido a que o que nos interesan son os intercambios de materia e enerxía, principalmente; todo modelo de sistema caixa negradeberá cumprir os principios da termodinámica:
Primeira lei da termodinámica ou conservación da enerxía: “ a enerxía nin se crea nin se destrúe, só se transforma”. Como consecuencia deste principio, en todos os modelos de sistemas caixa negra a enerxía que entra será igual á enerxía almacenada dentro do sistema máis a enerxía que saia del.
- Segunda lei da termodinámica ou da entropía: “en cadatransferencia de enerxía, a enerxía que se transforma acostuma pasar dunha forma máis concentrada e organizada a outra máis dispersa e desorganizada; é dicir, aumenta a súa entropía” (a entropía é unha magnitude termodinámica que mide a parte non utilizable da enerxía contida nun sistema). O concepto de entropía dun sistema está moi relacionado co de orde; así, a máis orde máis concentración eorganización da enerxía do sistema e, polo tanto,
menor será a entropía. Pola contra, unha maior desorde implicaría que a enerxía do sistema en estudo está menos organizada, menos concentrada, máis dispersa e, polo tanto, maior será a entropía.
A tendencia natural do Universo é cara a un estado cada vez máis desordenado, é dicir, de máis entropía. Pero dos seres vivos, debido á súa especial...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • COMO FUNCIONA A TERRA
  • EL YO COMO SISTEMA
  • EL ESTADO COMO UN SISTEMA
  • salud como proceso y como sistema
  • LA DEMOCRACIA COMO SISTEMA Y COMO PRÁCTICA
  • La democracia como sistema y como práctica
  • salud como sistema y como proceso
  • Los Sistemas Juridicos Como Sistema De Normas

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS