O bufón de el rei

Páginas: 29 (7059 palabras) Publicado: 18 de septiembre de 2012
O BUFÓN DE EL REI SEGÚN O SEU DIRECTOR

Neste apartado que está basado nunha entrevista personal con Manuel Guede Oliva, director do Centro Dramático Galego, e a información por el exposta na Revista Galega do Ensino, nº 18 Febreirio de 1998, páxinas 99-114 (aquí reproducidas), vou estudiar a montaxe seguindo as pautas que o director me marcaba para o estudio da mesma. No transcurrir daentrevista remiteume á lectura do libro, editado polo IGAEM, caderno do espectáculo onde se explica detidamente a montaxe.

MEMORIA DUNHA MONTAXE A PROPÓSITO DE 0 BUFON DE EL REI

Manuel Guede Oliva
Centro Dramático Galego

Agora, algúns anos máis tarde des que en tomara a firme decisión de que 0 Bufón de El Re¡ de Vicente Risco subise os escenarios de Galicia a partir da miña particular econtinxente mirada de director de teatro e dramaturgo, unha imprevista chamada de teléfono vén a me invitar a que deixe por escrito o que durante moito tempo non foi máis cousa ca presentimento, intuición... soar deshabitado de bufón.

0 convite telefónico fáiseme, entón, envite persoal, algo parecido a un axuste de contas con certas fendas da miña memoria que eu pensaba clausuradas de vez a noite daestrea de 0 Bufón de El Re¡, alá, nun 10 de outubro de 1997 no Teatro Principal da cidade de Ourense, a penas a cincuenta metros de distancia da casa onde Risco soñara e escribira esta peza.

Pero, sobre todo, a localización vén a poñerme no transo de non querer escusarme, de non poder eludir comigo mesmo o que eu lles pido ós meus colegas de profesión: a necesidade de

reflexionarmos sobre onoso traballo, a obriga de deixarmos escrito e ordenado o caderno de dúbidas, incógnitas, desesperanzas, incertezas, satisfaecións... todo aquilo que, definitivamente, constitúe o silabario dunha posta en escena. E percibo, de contado, que nesa tesitura xorde, temeraria e depredadora, unha sensación parecida ó pudor. Algo próximo á xustificación, á desculpa, á angustia de non ser dono de tódalaspalabras que permitan trasladar ó papel a complexa singradura que conforma o día a día, o mapamundi dunha montaxe teatral. Noto que máis que sistematizar, que máis que organizar, pacientemente, o instrumental do oficio, a clasificación que pautou os distintos ritmos da montaxe de 0 Bufón, máis ca todo iso, prende en min, de novo, un arrepío desmesurado que me invita a seguir creando, a non meconformar co que quedou concluído a noite da estrea. É coma unha vertixe que me emprazase, outra volta, a soñar didascalias, a imaxinar subtextos, a acoutar outros "procesos detrás do proceso…”. Naturalmente sei que isto ten un nome: dinlle insatisfacción ¿ou é, tal vez, remordemento? Sexa o que for, os dous son substantivos que definen, elocuentemente, a natureza esencial do director de teatro. Édemasiado fráxil a estructura sobre a que se constitúe a nosa actividade creadora como para poder conciliarnos a nós mesmos sen nos poñer, permanentemente, en dúbida. Acontece que nesa angustia que nos reivindica, que nese estado de ánimo que nos compulsa, o túnel polo que atravesa a construcción dunha montaxe teatral para o seu director parece non ter fin, e sempre, finalmente, nos resultabrevísima, incompleta, fugaz... e, citando un dos nosos grandes mestres, “non importa canto tempo teñamos ensaiado; sempre necesitariamos quince días máis”, e aquilo que no principio aparecía como fascinación, transfórmase en delirio, e no delirio negóciase mal a relevancia dramática e a coherencia histórica, incluso a propia saúde, enfrontada a un longo insomnio que nos atrapa ata a conclusión do proceso,unha insomne responsabilidade que devén no estado natural do director de teatro no transcurso da montaxe... Finalmente, o único que podemos é perdoarnos.

Pregunta: ¿Por qué elexiu esta obra?
SOBRE A POSIBLE XÉNESE DE O BUFÓN
Eu non sabía daquela, en maio de 1985, a importancia que ía adquirir para min e para este Bufón de El Rei asistir como espectador á posta en escena de 0 Rei Lear de...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Bufon
  • el reio
  • REI
  • El rei
  • REI, marketing
  • El teatro bufon
  • El Rey Bufon
  • El bufon de la muerte

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS