O Crepúsculo E As Formigas

Páginas: 8 (1927 palabras) Publicado: 4 de mayo de 2012
O crepúsculo e as formigas.
Comeza cun limiar de Ramón Piñeiro.
Limiar literario do propio narrador: no lusco fusco e dende o derradeiro andar dun edificio coa cara pegada aos cristais da fiestra embafada contempla os homes que caminan pola rúa. Son coma formigas entre sobras.
Abundan as palabras coma sombras, tebregosos, desfigurados, bretema e brétema vermella, mesta e bárbara avanzada dassombras. As sombras penetran as rúas coma algo sen corpo e fanse mestas nos ollos dos homes. Os perfís das cousas deixan de ser concretos, xente informe coma un carreiro de formigas, desdebuxada. O cristal embafado interponse entre os homes e a súa ollada e ve as figuras humanas coma unha columna de formigas en marcha.
(lembra a kafka, este insecto tipo escaravello, Ferrín formigas e ademaisanuncia a distorsión da realidade.)

1º relato: Os homes e a noite.

Festa, caracteres de suxedade. Noite. Enganos. Están o Mingos e mais o Aloi nunha festa. Aparece O Pitutas e pídelles colaboración para el raptar un rapaciño. Ao primeiro néganse, mais ao pouco acceden á súa petición a cambio de mil pesetas. Mentres eles arman unha forte lirota no campo da festa e centrando a atención na parellada Garda Civil nesa batifundada, o Pitutas mente dentro dun saco un meniño moreno duns cinco anos. Nuns intres, o Mingos pasa de colaborador de rapto e posible asasinato a pai asustado. Coida que o neno roubado é o seu fillo e, coma un tolo, vai detrás do Pitutas. Logra alcanzalo. O neno vai morto. Escáchalle os miolos ao raptor. Aparece o Aloi e dille que non era o seu fillo e el contesta que quémáis dá.
Podemos considerar este relato unha crónica do absurdo tinguida de alcohol. E tamén de violencia. Narrador en terceira persoa.

Dúas cartas a Lou:

Xénero epistolar. Aparecen nomes raros:Puech Merlhou. Seres sórdidos. O relato ten carácter de alucinación, de pesadelo nocturno ao que se lle concede carácter de real. O narrador en primeira persoa di que entrou nunha casoupa na quevivía unha vella cega-logo recobrará a vista- na compaña dun fillo adulto chamado Xoaquín. O narrador dorme noites e noites (sublíñase o paso do tempo) e cando esperta atopa non a vella senón unha fermosa rapaza que di estar empreñada del. Xoaquín desaparecera. El abandona a rapaza dicíndolle esta que outro a empreñará de novo e terá un fillo ao que lle porá de nome Xoaquín. O narrador rematadespedíndose de Lou dicíndolle que logo atopara a Ana, pero que é a segunda; que a primeira fora A Vella.
A segunda carta ten como membrete Ramón Fraiz que vai ser quen a asine e quen dá a entender que é tamén o autor da primeira e enamorado de Lou a quen vai dirixida. Cóntalle nela como foi o seu segundo amor antes de atopala a ela, Ana.
Afirma que sendo pianista nos salóns da señora Noresenxergou a través da fiestra a face dunha muller e que foi ao seu encontro, que acendeu a luz, que cheiraba mal que lle quixo bicar os seus beizos móviles pero que nese intre a moza sentada nunha silla cubrindo as pernas cunha manta escocesa que lle retira a manta e aparecen dúas pernas que son cadanseu monte de ósos con anacos de carne renegrida e podrida. Foxe.
Volve noutro día e co cano dapistola, mállalle a cabeza ata matala, pero antes bícaa co sangue escorréndolle pola cara e bícalle unha a unha as feridas. Logo foxe, foxe coma un tolo.
Termina preguntándose se Ana estivo viva algunha vez e que diso depende se el é un asasino ou non ao tempo que lle di que xa sabe cales foron as súas mulleres antes dela.
Relato, de novo, onde o protagonista ve esvaídos os límites entre a realidadee a fantasía e onde o relatado parece ser froito dun pesadelo tinguido de sordidez e de morte.

O Suso

Narrador en primeira para relatar a crónica dun feito extraño e confuso. O suso, rapaz de ollos de animal de baixo terra, líder dos rapaces, foi erguer do leito o Manolito para que o acompañase ao río a ver un rapaz que afogara. O Manolito tremía de medo, mais consideraba un honor ter sido...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • o crepusculo e as formigas
  • o crepusculo das formigas
  • Les Formigues
  • Crepusculo
  • Crepusculo
  • Crepusculo
  • crepusculo
  • crepusculo

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS