O Traballo Como Mercadoría, Comentario De Texto. Galego

Páginas: 5 (1014 palabras) Publicado: 17 de noviembre de 2012
O traballo como mercadoría:
Podemos apreciar que o texto do que estamos a falar é narrativo e ten un carácter claramente económico xa que nos fala dos diferentes prezos que pode ter o traballo dependendo da oferta e da demanda que exista no mercado.
Atendendo á orixe do texto, diremos que nos atopamos ante unha fonte primaria xa que o autor fala do que el mesmo está a vivir e non saca ainformación doutro texto ou fonte.
Como nos indica o epígrafe do texto, este foi escrito no 1817. Pertence polo tanto a unha época na que se dan unhas importantes transformacións económicas, políticas, ideolóxicas e sociais , relacionadas directamente coas revolucións liberal e industriais, grazas ás cales se impuxo un novo sistema económico baseado nas ideas liberais. O termo capitalismo nunca seempregara cando se escribiu este texto. Atopámonos na fase do capitalismo industrial, directamente relacionado coa revolución do mesmo nome, a cal tivo lugar a finais do século XVIII e principios do XIX, na que as fábricas se converten no motor básico e transformador social e económico; ao tempo que xeran beneficios que lle dan á burguesía un papel dominante no sistema.
O autor deste texto é DavidRicardo, un economista clásico que xunto con Adam Smith e Thomas R. Malthusd, todos eles defensores da liberdade económica como base do desenvolvemento, racionalizaron a teoría do capitalismo nas súas obras. Este texto é un fragmento da obra “Principios de economía política e tributación”.
David Ricardo escribiu este texto para a xente que o quixera ler. O que pretende é expor as súas ideaseconómicas e sentar as bases do sistema económico ao que máis tarde se lle chamará capitalismo.
Situamos este texto nun contexto económico no cal o sistema imperante é o capitalismo, que ten como elemento principal, como xa se supón, o capital. Este, é aquel conxunto de bens que serve para obter beneficios ou para producir novas mercadorías que serven, á súa vez, para crear máis beneficios, os calespoderán ser invertidos nun negocio para gañar máis diñeiro; como vemos, é un ciclo sen fin no que cada individuo trata de ir enriquecéndose vez máis.
O capitalismo estivo sempre caracterizado por ese espírito de lucro e de riqueza individual, a cal se supón, é a base para crear unha sociedade mellor. Na sociedade capitalista, o maior criterio de clasificación social da xente é a súa riqueza, e aposición de cada individuo depende da cantidade de bens/capital que posúe, e aínda que se supón que cada persoa pode ascender socialmente grazas á súa valía e traballo, non todos os individuos teñen as mesmas oportunidades debido ás grandes desigualdades creadas polo propio sistema.
Segundo o capitalismo, son os beneficios os que dan a felicidade e a minoría que ten o capital é a que domina odesenvolvemento dun país e inflúe na súa política e nas súas institucións. É por isto polo que o capitalismo, ademais de xerar un gran desenvolvemento económico xera moita desigualdade e dependencia tanto entre individuos como entre países, o que leva a unha explotación dunha clase ou país sobre a outra/o. En parte era por isto polo que aos marxistas non lles gustaba o capitalismo, porqueconsideraban que a burguesía capitalista explotaba ao proletariado, cuxo único medio de subsistencia é a súa capacidade de traballo, mediante o coñecido como a plusvalía (diferenza entre o salario do traballador e o prezo final do produto).
No texto (liñas unha e dúas) podemos ver perfectamente como Ricardo falaba do traballo como se fose unha mercadoría máis, que se vende e se compra e ten un prezo ououtro dependendo da lei de oferta e demanda, que é a única lei que rexe os mercados. Este é outro dos aspectos característicos do capitalismo, a existencia dunha liberdade do mercado case absoluta, liberdade de empresa, de comercio, de contratación, de prezos, de salarios, etc. Dita liberdade é lograda grazas ao esforzo dos gobernos, que tratan de eliminar calquera obstáculo que interrompa o ciclo...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • traballo galego
  • Com fer un comentari de text
  • Cómo hacer un comentario de texto
  • Como Hacer Un Comentario De Texto
  • CÓMO REALIZAR UN COMENTARIO DE TEXTO
  • Como hacer un comentario de texto
  • Como Hacer Un Comentario De Texto
  • Como Hacer Un Comentario De Texto

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS