antropologia

Páginas: 8 (1943 palabras) Publicado: 23 de septiembre de 2014
Precisións sobre o concepto,ámbito e carácter “filosófico”
da antropoloxía filosófica

I

Grazas á información que temos ate a actualidade,podemos supoñer que o
ser humano é o único ser vivo que se interroga sobre que ou quen é el,sobre que e como é o mundo que lle rodea,sobre como son os outros Umwelten (mundo entorno vital en alemán) dos outros seres vivos e sobre a relación que podene que deben manter mutuamente as especies entre sí.

Esta interrogación é unha das características esenciais que definen ao ser humano como tal,e facerse preguntas é unha necesidade para o ser humano.Esta necesidade vén dada porque esta idea que el teña de si mesmo (e indirectamente dos demais seres e do planeta) actúa como punto de orientación na súa vida,como ideal normativo sobre as súasaccións.Se nós nacéramos co noso comportamento predeterminado,actuaríamos instintivamente e pode que non nos plantexáramos este tipo de cuestións.Mais o que ocurre é que ao nacer os humanos estamos a infinidade de comportamentos moi diferentes e mesmo contrarios.Digamos,pois,que a súa propia constitución non programada instintivamente é a que lle forza a ser “antropó-logo”.

Pois ben,ter unha ideasobre si mesmo e sobre os seus conxéneres,ademais de tela sobre todos os demais seres que o rodean e en xeral,sobre todo o que forma parte da súa vida,de modo directo ou indirecto implicará unha valoración sobre si memo,sobre os seus conxéneres,sobre os restantes seres vivos e sobre todo o que forma parte do seu mundo.Esta valoración á súa vez,vai favorecer que adopte un determinado comportamento.Polo tanto para que un ser humano faga o proxecto da súa vida,previamente e dun modo explícito ou implícito ten que entrever quen é,como é,e verse en relación aos restantes conxéneres e aos outros seres do planeta.Como dicia Ortega y Gasset a súa vida é un “quefacer”.A súa 1ª tarefa é a de irse facendo e complementando.

Así,o ser humano é o suxeito que se fai esta interrogación mais aomesmo tempo,ao interrogarse sobre si memo,estase poñendo el mesmo como obxecto da súa reflexión.Temos o fenómeno único entre os seres vivos do planeta: a posibilidade de ser,ao mesmo tempo,suxeito e obxecto.



II

Como estamos a argumentar,todos somos un pouco antropólogos,mais hai persoas que se adican a esta reflexión antropolóxica como sendo o seu traballo profesional.Son os especialistasepoden adoptar dous tipos de enfoque:

a)A interrogación antropolóxica pódese volcar nalgunha parcela concreta do que é a nosa vida como humanos.Este enfoque practícase dun modo sistemático polas ciencias humanas
e bio-sociais. (a Historia,a Lingüística,a Mediciña,a Psicoloxía...)

b)A interrogación sobre o ser humano tomado integralmente.Neste tipo de enfoque,a pregunta céntrase en queconsiste esencialmente ser humano en que consiste o mundo humano.Precisamente este é o enfoque no que traballa a Antropoloxía Filosófica ou Filosofía do ser humano (cando investiga sobre o “mundo humano” denomínase Filosofía da cultura).
A A.F trata pois de coñecer universalmente falando as características propias da estructura esencial do ser humano e do mundo humano.

III

Debemos ter enconta que o ser humano é moi complexo,e podemos distinguir no seu carácter humano varios niveis: biolóxico,socio-cultural e ontolóxico-trascendental.
Antes responder en que nivel móvese a antropoloxía filosófica e en que niveis móvense as outras ciencias humanas e bio-sociais,temos que alarar a existencia de varias disciplinas coa denominación de “antropoloxías”.

1) Antropoloxía Física ouBiolóxica
Trátase dunha ciencia empírica.É o estudo biolóxico ou físico do conxunto dos animais humanos no espazo e no tempo.Adícase a estudar a historia evolutiva da bioloxía dos humanos,a diversidade xenética,etc.Son estes antropólogos os que estudan a evolución dos homínidos,establecen os trazos diferenciativos entre as poboacións humanas en base a comparalas,etc.

2) Antropoloxía socio-cultural...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Antropologia
  • Antropologia
  • Antropologia
  • Antropologia
  • Antropologia
  • Antropologia
  • Antropologia
  • Antropología

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS