Apuntes

Páginas: 18 (4451 palabras) Publicado: 12 de junio de 2015
Lingua e literatura galegas
1º de Bacharelato de adultos a distancia

A comunicación
Índice de contidos:
1. Introdución
2. Elementos que interveñen no proceso de comunicación
3. A linguaxe e as súas funcións:
3.1. Introdución
3.2. Funcións da linguaxe:
3.2.1. Referencial ou representativa
3.2.2. Expresiva ou emotiva
3.2.3. Fática ou de contacto
3.2.4. Metalingüística
3.2.5. Conativa ou apelativa3.2.6. Poética ou literaria
3.3. Conclusión
4. O signo:
4.1. Definición
4.2. Constituíntes do signo
4.3. Tipos de signos
4.4. Características do signo lingüístico
5. Lingua e fala
5.1. Introdución
5.2. As linguas no mundo:
5.2.1.- A diversidade lingüística no mundo e en Europa: unidade e
diversidade lingüística. Multilingüismo e plurilingüismo
5.2.2.- Linguas maioritarias e linguas minoritarias5.2.3.- A imposición lingüística
5.2.4.- A normalización como sistema corrector
5.2.5. O caso galego
5.3. A diversidade lingüística de España:
5.3.1. A diversidade lingüística na península Ibérica: linguas
faladas na península Ibérica
5.3.2. España, un Estado plurilingüe. As linguas do Estado:
territorios, usos e situación legal
5.2.3. O galego e a lei
5.4. Linguas en contacto: as interferenciaslingüísticas
5.5. A norma estándar e as variedades xeográficas e sociais da lingua
galega
5.6. Programas, seccións e características da lingua nos medios de
comunicación de masas
6. As relacións paradigmáticas e sintagmáticas

1

Lingua e literatura galegas
1º de Bacharelato de adultos a distancia

1. Introdución
Os humanos son seres
que
nacen
e
se
desenvolven
nunha
sociedade de individuos
queprecisan relacionarse
uns cos outros. O home é,
pois, un ser social ao que
lle compre comunicarse
con outros individuos da
mesma
especie
para
intercambiar experiencias,
datos, etc., en definitiva
información. Na sociedade
en que vivimos estamos
continuamente realizando
ou presenciando actos de comunicación. O son dun timbre, os acenos dunha
man erguida que di adeus, os olores dunha comida, o sabor dundoce, o
contacto cunha pel suave, etc., todos eles son actos de comunicación
baseados no uso de signos de diversa índole: audibles, visibles, táctiles,
olorosos, saborosos, etc.
A comunicación é, pois, un acto de transmisión de información dun individuo
a outro, é un proceso que bota man dunha serie de elementos que interveñen
de forma activa ou pasiva nese proceso, aínda que, ás veces, esaparticipación
non sexa facilmente recoñecible.
2. Elementos que interveñen no proceso de comunicación
Nun acto de comunicación teñen que estar sempre presentes unha serie de
elementos, aínda que estes sexan imperceptibles para nós. Tales elementos
son: referente, emisor, receptor, mensaxe, código, canle, contexto e situación.
O referente é o obxecto material ou non ao que se refire a mensaxe, o
emisor éa persoa, animal ou cousa que transmite a mensaxe; o receptor, quen
a recibe. A mensaxe está constituída polo conxunto de información que o
emisor envía ao receptor. O código é un conxunto de signos e regras, que,
combinados, permiten construír mensaxes, é a lingua que utilizamos na
transmisión de información. A canle é o medio ou camiño polo que circula a
mensaxe (aire, cable, papel,...). Ocontexto está constituído polo contorno
lingüístico en que se produce o acto de comunicación, e a situación é o
contorno extralingüístico (espazo, tempo) en que se produce o acto de
comunicación.
Estes elementos actúan nun acto de comunicación a través de dous
procedementos obrigatorios que son a codificación e a decodificación.
Mediante a codificación o emisor selecciona dentro do código aqueleselementos que lle permiten elaborar unha mensaxe. Na decodificación o
2

Lingua e literatura galegas
1º de Bacharelato de adultos a distancia

receptor leva a cabo unha operación contraria, inversa á anterior.
3. A linguaxe e as súas funcións
3.1. Introdución
Por linguaxe entendemos a capacidade do ser humano para comunicarse
por medio dunha lingua, pero tamén o conxunto de linguas humanas. Con...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Apunte
  • Apuntes
  • apuntes
  • apuntes
  • apuntes
  • apuntes
  • Apunte
  • apuntes

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS