autismo

Páginas: 20 (4796 palabras) Publicado: 9 de enero de 2014
MARCO TEÓRICO
1. INCLUSIÓN EDUCATIVA

1.1 INTRODUCIÓN:
A inclusión é un dereito que conta cun amplo concepto. Peteerson dixo da inclusión: “É unha forma de vida, unha maneira de vivir xuntos, que se basea na crenza de que cada individuo é valorado e pertence ao grupo. Una escola inclusiva será aquela na que todos os estudantes se sintan incluídos.” Esta premisa implica que todos os alumnos ealumnas sexan aceptados, recoñecidos na súa singularidade, valorados e con posibilidades de participar na escola.
Un enfoque inclusivo pretende valorar a diversidade como un elemento enriquecedor do proceso de ensinanza-aprendizaxe e, en consecuencia, favorecedor do desenvolvemento humano. Inclusión implica unha actitude e un compromiso cun proceso de mellora permanente; conleva o esforzo daanálise e reflexión de culturas, políticas e prácticas educativas. Avanzar en inclusión é avanzar en actitudes de respecto, tolerancia e solidariedade; é educar en valores, aínda que os valores non só se ensinan, vívense; é aprender a convivir convivindo.
En canto á educación inclusiva, segundo Verdugo (2003) é: “a necesidade de atender a múltiples variables ambientais fronte ós plantexamentosexclusivamente centrados en problemas ou deficiencias do alumno.”
Non parece existir unha definición totalmente compartida entre os profesionais sobre o que se debe entender por educación inclusiva, pero podemos afirmar que o concepto ten que ver fundamentalmente co feito de que todos os alumnos sexan aceptados, recoñecidos na súa singularidade, valorados e con posibilidades de participar na escola conarranxo ás súas capacidades.
Para facer realidade a inclusión é necesaria a información, sensibilización e mentalización de todos os axentes da Comunidade Educativa, incluíndo o alumnado; é importante que se poida coñecer e comprender esta diversidade.
Actualmente entendemos por escola inclusiva aquela que ofrece a todos os seus alumnos as oportunidades educativas e as axudas (curriculares,personales e materiais) necesarias para o seu progreso académico e persoal.
Unha escola inclusiva entendida como:
Aquela que identifica as barreiras para á aprendizaxe e a participación para logo minimizalas, á vez que maximiza os recursos que apoian ambos procesos.
Aquela que ofrece a todo o seu alumnado oportunidades educativas e axudas para o seu progreso.
Aquela que promove ambientes deaprendizaxe que capaciten a todos os alumnos para participar nunha ensinanza o máis individualizada posible.
Aquela na que a diversidade non se percibe como un problema senón como unha riqueza para todos.
Aquela que desenvolve valores inclusivos compartidos pola Comunidade Educativa.
Aquela que educa na diferenza, dando a coñecer a particularidade de cada un.
Os alumnos con necesidades educativasespeciais deben participar plenamente na vida escolar e social da mesma, estando totalmente integrados. É importante que traballemos por unha escola onde todos sexan tratados por igual entendendo as diferenzas individuais de cada un.

O obxectivo non é unicamente comprender a discapacidade, hai que dar un paso máis: desenvolver valores positivos cara as persoas que a presentan. Valores quehumanicen, que respecten e dignifiquen ás persoas con discapacidade, valores que promovan tolerancia, solidariedade, respecto e inclusión.
É moi importante traballar con todo o alumnado sobre a diferenza, abordar dende a rutina diaria como comprender e interactuar coas persoas con discapacidade axudará a fomentar a convivencia e desenvolver a empatía. Tamén se favorecerá a aceptación das persoas e, enconsecuencia evitar a discriminación de calquera persoa discapacitada.

Nun traballo publicado recentemente pola UNESCO fai as seguintes consideracións:
_ Avanzar cara una inclusión non é esencialmente un traballo de reestruturación da educación especial. Ten que ver con todos os alumnos e non únicamente con aqueles que ten necesidades educativas especiais
_ A educación inclusiva ten que...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Autismo
  • Autismo
  • El autismo
  • Autismo
  • Autismo
  • Autismo
  • Autismo
  • Autismo

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS