Celula

Páginas: 8 (1860 palabras) Publicado: 22 de noviembre de 2013
Tema 2:Organización estrutural dos seres vivos. Células e tecidos.

As células divídense en dous grandes grupos: as procariotas e as eucariotas. Por unha parte amosan unha serie de cousas en común que son as seguintes:
Alto contido de material xenético.
Poden dividir o material hereditario.
Transcriben ADN en ARN.
Traducen o ARN en proteínas.
Posúen proteínas como catalizadores.
Estánrodeadas de membrana plasmática.
Porén as maiores diferenzas diferenzas entre ambos tipos son as seguintes:
As eucariotas posúen unha envoltura nuclear, o que lles fai ter núcleo (separado do citoplasma), mentres que as procariotas carecen de envoltura nuclear, polo que o seu material xenético encóntrase disperso polo citoplasma.
Outra diferenza é o tamaño, xa que as procariotas son xerlamentemáis pequenas que as eucariotas.
Os xenomas das procariotas son menos complexos que os das eucariotas.
Por último, as procariotas carecen de orgánulos que si posúen as eucariotas.
A pesar destas diferenzas, hai que dicir que están rexidas polos mesmos mecanismos moleculares básicos, indicando que todas as células presentes hoxe descenden dun ancestro primordial único. Como se desenrolou aprimeira célula? E como evolucionaron a complexidade e a diversidade que exhiben as células actuais?

A primeira célula

Parece ser que a primeira célula emerxeu, ao menos, 3800 millóns de anos, aproximadamente 750 millóns de anos despois de que se formara a Terra. Como se orixinou a vida e como a primeira célula se converteu nun ser son cuestións de especulación, posto que estes acontecementosnon poden reproducirse nos laboratorios. Non obstante, diferentes tipos de experimentos proporcionaron evidencias importantes sobre algúns pasos do proceso.
En 1920 suxeriuse por primeira vez que as moléculas orgánicas simples poderían polimerizar espontaneamente e formar macromoléculas baixo as condicións que se pensaban que existían na atmosfera primitiva( pouco osíxeno libre, principalmentedióxido de carbono e nitróxeno, e pequenas cantidades de hidróxeno, sulfuro de hidróxeno e monóxido de carbono).
A formación espontánea das moléculas orgánicas foi demostrada por primeira vez experimentalmente nos anos 50, cando Stanley Miller demostrou que a descarga de chispas eléctricas nunha mezcla de H2, CH4 e NH3, en presencia de auga, conducía á formación dinha variedade de moléculasorgánicas, incluíndo varios aminoácidos. Aínda que o experimento de Miller non reproduciu con precisión as condicións primitivas da Terra, claramente demostrou a plausibilidade da síntesis espontánea das moléculas orgánicas, proporcionando os materias básicos dende onde xurdiron os primeiros organismos vivos.
O seguinte paso da evolución foi a formación de macromoléculas. Demostrouse que os bloquesmonoméricos que constitúen as macromoléculas polimerízanse espontaneamente baixo condicións prebióticas plausibles. Ademais a característica principal que debe a macromolécula inicial é que debe ser capaz de replicarse por si mesma. Xa que só unha macromolécula capaz de dirixir a síntese de novas copias de si mesma sería capaz de reproducirse e evolucionar. Das dúas clases principais demacromoléculas que aportan información nas células actuais( ácidos nucleicos e proteínas), só os ácidos nucleicos son capaces de dirixir a súa propia replicación. Un dos pasos críticos no aprendizaxe da evolución molecular ocorreu a principios dos anos 80, cando se descubriu nos laboratorios de Sid Altman e Tom Cech que o ARN é capaz de catalizar numerosas reaccións químicas, incluíndo a polimerización denucleótidos. O ARN é, por tanto, o único capaz de servir como molde e catalizar a súa propia replicación. Como consecuencia, crese que o ARN foi o primeiro sistema xenético inicial, e que unha etapa temperá da evolución química estivo basada en moléculas de ARN con replicación propia. As interaccións entre o ARN e os aminoácidos evolucionaron ao que hoxe é o código xenético, e eventualmente o...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Celulas
  • Celula
  • Celulas
  • La Celula
  • Celula
  • La celula
  • La celula
  • Celula

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS