Competencias Dixitais Para Unha Nova Escola Galega 2.0

Páginas: 13 (3028 palabras) Publicado: 28 de enero de 2013
aRtiGo / titulo

Competencias dixitais para unha nova escola galega 2.0

Xoán Carlos Albarellos Codesido
Asesor de Tecnoloxías da Información e da Comunicación CFR de Ferrol

“A tecnoloxía non ten sentido sen pedagoxía” (Jordi Adell) 1 “Imaxinen o impacto de millóns de mozos con ideas frescas e rebordantes de enerxía - armados coas ferramentas máis poderosas da historia - incorporándose ápoboación activa. Esta ondada non fixo máis que comezar”. (Juan Luis Cebrián)2

Actualmente unha das principais preocupacións dos sistemas educativos é incorporar á práctica docente os medios tecnolóxicos. A nosa sociedade mudou, converteuse en dixital, móbil, conectada..., un novo reto ao mundo educativo. Temos que considerar as posibilidades dos recursos tecnolóxicos para ofertar ferramentasinteractivas, favorecedoras do desenvolvemento de pensamento creativo de inestimable valor para a aprendizaxe. Asemade, os medios tecnolóxicos están producindo cambios nos coñecementos básicos que hoxe en día se requiren, polo que un currículo adaptado á nosa reali-

30

Revista GaleGa de educación - núm. 38 • maio 2007

competencias dixitais para… / dade, debe revisar estes coñecementos ecapacidades básicas. En Galicia, cunha lingua propia na que desenvolver o acto educativo, os conceptos de aldea global e de democratización do acceso á información supoñen, inescusablemente, a necesidade de contar con instrumentos que posibiliten navegar pola información na nosa propia lingua, atopar información no noso idioma, e dispor de canles de comunicación tamén en galego. Se ben é certo quea vixencia dunha cultura supón a existencia de canles e medios de comunicación que lle posibiliten o seu desenvolvemento, a súa evolución e difusión, tamén o é que a súa pervivencia e expansión están condicionadas por outros factores externos á propia cultura. Só a existencia de sistemas ou medios que permitan a superación das magnitudes físicas que limitan os espazos culturais pode permitir a súadifusión, a imposición dunha delas ou a súa posible fusión3.

o tema

rán moito máis capaces que as xeracións anteriores de aprender outras profesións ou adaptarse aos novos perfís profesionais que os medios tecnolóxicos reclaman. Como consecuencia necesitarán estar en disposición constante de aprendizaxe e de desenvolver capacidades de aprender por si mesmos. Asistimos á agonía dunha formasecular de educar da cal somos protagonistas. Definitivamente hai que rachar co paradigma que sinala que a educación é aquilo que se dá, na que o docente

imparte educación e o discente a recibe, memoriza e reproduce. Se consideramos o proceso de aprender como o dunha aventura formativa, a educación supón investigación, procura, procesamento e análise da información, e finalmente recreación doscoñecementos adquiridos. Facilmente podemos darnos conta que para o exercicio da función docente non é suficiente o “saber sobre o saber facer”, e tamén é preciso “saber facer”. Un profesor ou profesora pode saber que ensinar pero non

O profesorado da xeración - rede e a competencia dixital
O volume de información que se recibe hoxe por diversos medios, require dotar ás persoas de elementos deanálise critica, de selección de información e de utilización da mesma de forma adecuada. Isto permitirá unha auténtica valoración da información. Trátase, xa que logo, de conseguir cidadáns que utilicen as novas tecnoloxías, sendo coñecedores das súas implicacións sociais, culturais e das súas posibilidades, limitacións e aplicacións. Neste contexto cambiante, os cidadáns e cidadás do futuro se-Revista GaleGa de educación - núm. 38 • maio 2007

31

o tema / competencias dixitais para…
pre, xa que logo, desenvolver estratexias formativas que doten ao profesorado, no só dos coñecementos e recursos pedagóxicos necesarios, senón que tamén desenvolva nel o sentimento de que é quen de poder facelo. Os estudantes da xeraciónrede aprenden dun xeito diferente a como o fixeron as...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • A Nova Narrativa Galega
  • Nova narrativa galega
  • Competencia del estado para resolver el problema de accesibilidad escolar
  • DESARROLLO COMPETENCIAS nov
  • Paro escolar
  • El Aprendizaje Escolar De Las Competencias Comunicativas
  • Competencias ciudadanas en el ámbito escolar
  • Competencias Del Supervisor Escolar

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS