CURRICULO

Páginas: 275 (68546 palabras) Publicado: 18 de mayo de 2014
11.666

DIARIO OFICIAL DE GALICIA

I. DISPOSICIÓNS XERAIS
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Decreto 130/2007, do 28 de xuño, polo
que se establece o currículo da educación
primaria na Comunidade Autónoma de
Galicia.
Preámbulo
A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación,
no capítulo III, determina que se entende por currículo o conxunto de obxectivos,competencias básicas,
contidos, métodos pedagóxicos e criterios de avaliación de cada unha das ensinanzas reguladas pola citada lei.
Así mesmo, coa finalidade de asegurar unha formación común a toda a cidadanía española e garantir a
validez das titulacións correspondentes, establece
que lle corresponde ao Goberno de España fixar os
aspectos básicos do currículo en relación aos obxectivos, contidos ecriterios de avaliación que constitúen
as ensinanzas mínimas ás cales se refire a disposición
adicional primeira, punto 2, letra c, da Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación.
O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo
31, determina que é competencia plena da Comunidade Autónoma galega o regulamento e administración do ensino en toda a súa extensión, niveise graos,
modalidades e especialidades, sen prexuízo do disposto no artigo 27 da Constitución e nas leis orgánicas que, conforme o parágrafo primeiro do seu artigo
81, o desenvolvan.
O Real decreto 1513/2006, do 7 de decembro, polo
que se establecen as ensinanzas mínimas da educación primaria que facilitarán a continuidade, progresión e coherencia da aprendizaxe no caso de mobilidade xeográficado alumnado, desenvolve os aspectos
básicos do currículo en relación cos obxectivos, competencias básicas, contidos e criterios de avaliación.
A Lei orgánica de educación indica que serán as
administracións educativas as que establezan o currículo das distintas ensinanzas reguladas pola citada
lei, do cal formarán parte os aspectos básicos anteriormente indicados.
Os centros docentesdesenvolverán e completarán,
se for o caso, o currículo das diferentes etapas e ciclos
no uso da súa autonomía, tal e como se recolle no
capítulo II do título V da Lei orgánica de educación,
respondendo ao principio de autonomía pedagóxica,
de organización e xestión que a citada lei lles atribúe
aos centros educativos coa finalidade de adecuarse ás
características e á realidade educativa de cadaun
deles.
O currículo que se establece neste decreto ten como
obxectivo contribuír ao logro dos principios básicos

Nº 132 ț Luns, 9 de xullo de 2007
desta Lei orgánica de educación que se expresan no
preámbulo e que se resumen en lograr:
* Calidade de educación para todo o alumnado.
* Equidade que garanta a igualdade de oportunidades.
* Esforzo compartido por todas as persoas compoñentesda comunidade educativa.
A educación primaria e mais a educación secundaria obrigatoria constitúen o ensino básico, que é obrigatorio e gratuíto para todas as persoas.
A educación primaria é, pois, a primeira etapa do
ensino obrigatorio. Como tal, caracterízase por unha
especial atención á diversidade, pola prevención das
dificultades de aprendizaxe e a posta en práctica de
apoios e/oureforzos tan pronto como sexan detectadas, acudindo ás medidas organizativas e/ou curriculares que sexan precisas para asegurar o principio de
equidade, sen prexuízo de garantir unha educación
común para todo o alumnado.
Nesta liña, estableceranse os mecanismos precisos
para lograr unha coordinación entre esta etapa e as de
educación infantil e educación secundaria obrigatoria.
Porén, será degrande importancia a acción titorial
que vertebre todas as actuacións con cada un dos grupos e con cada alumno e cada alumna dese grupo.
O eixe do traballo nesta etapa educativa será o
desenvolvemento das competencias básicas que permitan encamiñar todo o alumnado cara ao logro dunha
formación integral, tanto na súa vertente persoal coma
nas demandas sociais e culturais que faciliten a...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • ¿Qué es el currículo?
  • Curriculo
  • Curriculo
  • CURRICULO
  • curriculo
  • curriculo
  • Curriculo
  • Curriculo

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS