Decreto Lingua

Páginas: 16 (3990 palabras) Publicado: 28 de abril de 2015
Nº 125 ț Venres, 29 de xuño de 2007

I. DISPOSICIÓNS XERAIS
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Decreto 124/2007, do 28 de xuño, polo que
se regula o uso e a promoción do galego no
sistema educativo.
A lingua constitúe un elemento básico de identidade cultural e representa un valor fundamental de
cohesión nunha determinada comunidade.
O artigo 3 da Constitución establece, no seupunto 1, que o castelán é a lingua oficial do Estado, e, no
punto 2, que as demais linguas españolas serán tamén
oficiais nas respectivas comunidades autónomas de
acordo cos seus estatutos, e sinala que a lingua é un
patrimonio cultural que será obxecto de especial respecto e protección.
O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 5,
define o galego como lingua propia de Galicia, que osidiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e que
todos teñen o dereito de coñecelos e usalos. Así mesmo,
establece que os poderes públicos de Galicia potenciarán o emprego do galego en todos os planos da vida
pública, cultural e informativa, e que disporán dos
medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.
A Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, de conformidade coasdisposicións procedentes, garante a igualdade do galego e do castelán
como linguas oficiais de Galicia e asegura a normalización do galego en todos os eidos da sociedade. O
artigo 14 desta lei indica que ao remate do ensino
obrigatorio se garantirá a igualdade de competencia
lingüística nos dous idiomas oficiais. Nesta mesma
liña, e desde unha perspectiva máis global, tamén se
pronuncia a Carta europeade linguas rexionais e
minoritarias de 1992, ratificada polo goberno do Estado español en 2001.
O Plan xeral de normalización da lingua galega,
aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia
en setembro do 2004, establece como un dos seus
obxectivos xerais conseguir para a lingua galega máis
funcións sociais e máis espazos de uso, e dálle prioridade á súa presenza en sectores estratéxicos.Para conseguir estes fins, cómpre afondar no desenvolvemento dos preceptos da Lei de normalización
lingüística no tocante ao ensino, sen dúbida un sector
fundamental para a implantación de hábitos lingüísticos en galego, e establecer unha nova regulamentación do galego que facilite o seu emprego de xeito
progresivo e xeneralizado en todos os niveis e graos
non universitarios. Neste sentido, cómprereforzar a
dimensión comunicativa do galego en relación con
contextos vivos, facilitarlle ao alumnado unha oferta
educativa que o axude a percibir a utilidade da lingua
e que o capacite para o seu uso correcto e eficaz, erradicando especialmente o seu emprego sexista en
todos os ámbitos e respectando, así mesmo, a situación sociolingüística en que se enmarca cada centro.

DIARIO OFICIAL DE GALICIA11.247

A mobilidade do estudantado e do profesorado que
caracteriza a nosa sociedade non debe constituír un
obstáculo para alcanzar os obxectivos descritos, senón
que debe ser compatible co mantemento da singularidade cultural de Galicia e da lingua propia no ensino.
O Decreto 247/1995, do 14 de setembro, polo que
se desenvolve a Lei 3/1983 de normalización lingüística para a súa aplicación aoensino en lingua galega
nas ensinanzas de réxime xeral impartidas nos diferentes niveis non universitarios, recoñece que a
adquisición dunha competencia comunicativa en
galego por parte do alumnado só se pode conseguir a
través da utilización vehicular desta lingua nunha
parte significativa do currículo. Este feito ten que se
ver agora completado coa derrogación do citado
decreto e a elaboracióndunha nova normativa orientada á obtención dunha competencia axeitada do
galego no ensino obrigatorio, co fin de propiciar a
igualdade plena e efectiva entre as dúas linguas oficiais por parte de toda a poboación escolar garantindo igualmente a mesma competencia en ambas as
dúas linguas.
Na súa virtude e por proposta da conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, en uso das atribucións...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • lingua
  • Lingu
  • Lingua
  • A Lingua Mirandesa
  • lingua Xhosa
  • Fas Linguado
  • Pange lingua
  • Linguas minorizadas

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS