Educación para a cidadanía

Páginas: 6 (1277 palabras) Publicado: 11 de junio de 2014
EDUCACIÓN PARA A CIDADANÍA
A continuación procedo a facer unha reflexión a partires da lectura dos seguintes artigos: La educación de la ciudadanía de Fernando Bárcena1, Algo más que una asignatura. Un modelo democrático de educación para la ciudadanía de Bolivar e La enseñanza de los derechos2 humanos de Fernando Gil.
Despois de ler e reflexionar sobre estes artigos, os cales atenden, por unalado á importancia que ten a democracia na nosa sociedade e sobre todo a educación en valores, e por outro aprender a ser bos cidadán para ós máis pequenos, quero expoñer a continuación as ideas que extraín e ás conclusións que cheguei trala lectura.
No actual sistema educativo a atención que se lle presta á educación moral e cívica é moi reducida, déficit que debería cambiar xa que as normasque se inculquen aos nenos e nenas hoxe, serán o día de mañá unha parte importante do seu bagaxe cultural. Estas marcaralles as pautas para un comportamento social como cidadáns respectuosos coas normas de comportamento social que demanda un país. Deste xeito lograríase incrementar a eficacia da democracia e que fose de máis calidade, que tal e como manifesta Bárcena (1999), é considerada como amellor forma de goberno e organización da visa social e pública, fomentando a participación activa de todos e cada un dos cidadáns.
Segundo Rawls precisamos dunha educación cívica que se base na xustiza, na comunidade e na cidadanía. Unha xustiza para que a sociedade estea ben organizada e ordenada. Para isto precisamos unha formación de persoas autónomas, dialogantes dispostas a comprometersepersoalmente e socialmente atendendo ao uso crítico da razón e apertura cara os demais, respectando os dereitos como cidadáns.
Ser cidadán implica vivir en sociedade e cumprir con certas obrigacións e deberes. Somos cidadáns dende o nacemento, dado que automaticamente o recen nacido pasa a formar parte da sociedade e con elo adquire dereitos. Os deberes vanse obtendo progresivamente a medida queaumenta autonomía.
Sen embargo, non basta con nacer nunha sociedade, senón que é necesario formar aos nenos/as e rapaces/as como cidadáns. É dicir, que se desenvolvan como homes e mulleres libres e socialmente responsables no exercicio da cidadanía e o fortalecemento da democracia, que sexan respectuosos e tolerantes con todas as persoas, que sexan persoas sensibles e solidarias, de maneira quepodan iniciarse na tarefa de participar, de incidir e mellorar a vida no seu grupo, na súa comunidade e no país.
Os/as nenos/as e rapaces/as deben ser considerados actores do proceso democrático do noso país, tanto suxeito participativos e con opinión na sociedade. Esta participación vaise ampliando e intensificando na medida que se aproxima á maioría de idade e na contribución plena á vida deacordo coa autonomía progresiva que van adquirindo.
A formación cidadá require o desenvolvemento de actitudes persoais, como por exemplo; aprender a facerse responsables polas consecuencias das propias accións, que manifesten confianza en si mesmos e que sexan honestos, que desenvolvan actitudes adecuadas nas relación cos demais con empatía, tolerancia, respecto polas diferenzas, aceptación evaloración da diversidade, compromiso pola defensa da dignidade humana e dos Dereitos Humanos. En resumen que demostres preocupación pola integración social, a solidariedade e o compromiso coa sociedade.
Gustaríame apuntar neste intre, a idea que se veu implantando fai uns anos ao introducir a materia de Educación para a cidadanía nas aulas. Nos centros educativos préstaselle moita maior importanciaás materias como matemáticas, inglés, linguas... e deixamos nun segundo plano materias que deberían ser moito máis importantes como a formación de cidadáns.
Considero que a Educación para a cidadanía non se pode basear soamente nunha mera transmisión de coñecementos para interiorizar sen máis, senón que a partir dos contidos explicados en clase os alumnos/as han de interiorizala por medio da...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • educacion cidadania
  • Educacion Para A Cidadanía
  • para educacion
  • QUE ES EDUCACION PARA TI
  • Educación para el desarrollo y desarrollo para la educación
  • Educación Para La Inclusión O Educación Sin Exclusiones
  • Conceptos Para Educacion Para La Salud
  • Comunicacion para la educacion

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS