ELABORA TENDO EN CONTA A MELLORA DA MOTIVACIÓN E AUTOESTIMA, UN PLAN INDIVIDUALIZADO DE REHABILITACIÓN PSICOSOCIAL PARA UNHA PERSOA CON ESQUIZOFRENIA

Páginas: 5 (1244 palabras) Publicado: 13 de diciembre de 2014
ELABORA TENDO EN CONTA A MELLORA DA MOTIVACIÓN E AUTOESTIMA, UN PLAN INDIVIDUALIZADO DE REHABILITACIÓN PSICOSOCIAL PARA UNHA (mínimo dúas follas)
Como vimos no curso, unha alta porcentaxe das persoas que padecen esquizofrenia sofren un deterioro no seu funcionamento diario a diferentes niveis: a nivel persoal (pouca autonomía, hábitos non saudables, falta de autocontrol da propia conducta,etc…) a nivel social (déficit nas relaciones interpersoais, baixa participación na comunidade, escasa rede de apoio social, etc…), a nivel cognitivo (dificultades de atención e de memoria, dificultades no procesamento da información, etc…) e tamén a nivel afectivo (baixa autoestima, falta de motivación, anhedonia, etc…) o que repercute no seu benestar e na súa calidade de vida.
A pesar da eficaciados tratamentos psicofarmacolóxicos actuais para tratar os síntomas positivos da enfermidade e reducir a vulnerabilidade de padecer unha nova recaída, parece que os fármacos teñen un efecto limitado sobre os síntomas negativos e o funcionamento psicosocial da persoa. Por este motivo, un tratamento farmacolóxico debe complementarse sempre cunha intervención psicosocial encamiñada á recuperación eo afrontamento dos déficits que presenta a persoa concreta nas diferentes áreas e a potencialización das súas fortalezas. Isto implica unha individualización na planificación da intervención e unha participación activa por parte da persoa.
Tendo en conta que a esquizofrenia non afecta a todas as persoas por igual (nestas diferencias influen factores como o curso da enfermidade, a gravidade dossíntomas, o contexto social, o contexto familiar, etc…), no presente exercicio inventarémosnos un caso concreto para poder realizar un plan individualizado de rehabilitación psicosocial.
CASO

Marta ten 38 anos e ten esquizofrenia paranoide, diagnosticada cando tiña 24 anos. Nos últimos 6 anos tivo 3 crises que requeriron un internamento temporal nun psiquiatrico, o que tivo como consecuencia aperda do seu traballo nunha fábrica de empanadas. Fai 2 anos que non traballa e, aínda que lle gustaría, di atoparse moi insegura no tema do emprego. Actualmente leva sen síntomas positivos un ano e medio, pero continúa tendo algúns síntomas residuais negativos. Ten unha boa adherencia ao tratamento farmacolóxico. Vive coa súa familia, a cal non entende moi ben a enfermidade. Ten moi poucos amigos enon participa en actividades de ocio. Ten un estilo comunicativo pasivo e pouca iniciativa. Ten dificultades no manexo de situacións estresantes e na resolución de problemas. O seu funcionamento cognitivo é bo.

Unha vez que temos o caso, antes de comezar coa operativización dos obxectivos e a planificación da actividades incluidas na intervención, faise necesaria una avaliación funcional dapersoa, que recabe información detallada sobre a súa situación persoal, o seu contexto (social e familiar) e sobre os puntos fortes e os puntos débiles que presenta esta persoa nas diferentes áreas de funcionamento psicosocial. As categorías a avaliar poderían ser:

• Autocoidados
• Autonomía persoal
• Autocontrol emocional e conductual
• Relaciones interpersoais
• Ocio e tempo libre
•Funcionamento cognitivo

Unha vez recollida toda a información necesaria, o seguinte paso sería realizar unha planificación sistemática, estruturada e flexible de todo o proceso de rehabilitación. É fundamental que a propia persoa, neste caso Marta, se implique e participe activamente na definición dos obxectivos e na planificación do programa de intervención, promovendo así a súaautodeterminación como persoa. Esta implicación por parte de Marta, debe manterse ao longo de todo o proceso rehabilitador, mediante a oferta continua de información, así como a través da creación de acordos para fixar obxectivos a corto, medio e longo prazo e chegar a consensuar con ela, e si é posible coa familia, o mellor medio para alcanzalos.
Os obxectivos do Plan de rehabilitación psicosocial no caso...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • pasos para elaborar un plan
  • Rehabilitacion Psicosocial en la Esquizofrenia
  • Plan de motivacion para empleados
  • Plan De Motivación Para Los Empleados.
  • Plan De Motivacion Para Los Empleados
  • Plan Individualizado De Rehabilitación
  • Plan de negocio para elaborar sandwichs
  • GUIA PARA ELABORAR EL PLAN DE CLASE

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS