españa do antigo rexime

Páginas: 5 (1145 palabras) Publicado: 14 de enero de 2015
TEMA 1: A ESPAÑA DO ANTIGO RÉXIME
No século XIX España era o típico país de Europa do Antigo Réxime cun conxunto de estruturas políticas, sociais e económicas que mesturaban trazos moi arcaicos con outros que prefiguran a Idade Contemporánea. A nova dinastía dos Borbóns, en colaboración con algúns ilustrados, vai intentar unhas reformas para modernizar o país, sobre todo no reinado de CarlosIII. Pero estas reformas terán sempre uns obxectivos moi limitados, e serán fortemente respondidos pola Igrexa e a nobreza,, e a finais do s. XVIII podían considerarse fracasadas. Este fracaso vai deixar descontentos aos sectores máis progresistas da sociedade española, que aproveitaran a guerra contra os franceses desde 1808 para acabar co Antigo Réxime.
1. O REFORMISMO BORBÓNICO
En 1700 FelipeV de Borbón chegou ao trono español pero non foi aceptado como rei pola coroa de Aragón, nin por moitas potencias europeas que temían a alianza entre España e Francia. Estoupa a Guerra de Sucesión (1700-1714), que remata ca vitoria dos Borbóns. O novo rei francés aproveitará o seu triunfo para implantar unha monarquía absolutista e centralista como a que existía en Francia.
O primeiro foi auniformización do goberno dos distintos territorios de España. Ata entón as coras de Aragón, Castela e Navarra tiñan cada unha o seu propio goberno, fronteiras.. aproveitando a derrota aragonesa, Felipe V, implantou na coroa de Aragón o sistema de goberno e as leis de Castela, mediante os Decretos de Nova Planta (Aragón e Valencia 1707. Mallorca 1715 e Cataluña 1716) que acababan co autogobernoaragonés; Navarra e País Vasco mantiveron o seu autogoberno pola súa fidelidade aos Borbóns e a súa mínima importancia económica e demográfica. A partir dese momento todo o territorio quedou dividido en provincias sobre as que mandaba un Intendente (gobernador) nomeada polo rei e que cumpría as súas ordes.
O goberno central antes estaba dividido nun consello de Castela e outro de Aragón, pero FelipeV disolve ambos e goberna persoalmente axudado por cinco Secretarios de Despacho, un antecedente dos ministros anteriores.

2. A SOCIEDADE DO XVIII
A España do s. XVII seguía dividida socialmente en estamentos, malia ser moito máis complexa que a sociedade da Idade Media na que nacera este sistema.
Os dous estamentos privilexiados eran a nobreza e a Igrexa. Cada un destes estamentos era moidiverso internamente, pero en xeral os sectores máis importantes dentro deles seguían conservando unha situación económica moi desafogada, controlando a gran maioría das terras de España, os órganos de goberno e os cargos importantes, e ademais tiñan moitos privilexios legais e fiscais. Aínda que houbo excepcións, a Igrexa e a nobreza vanse a opoñer con forza a todos os intentos dos Borbóns porreformar ao país, xa que preferían manter o Antigo Réxime ral e como estaba.
O estamento dos non privilexiados ou ‘pecheros’ tiñan unha gran diversidade. A gran maioría eran propietarios das súas terras, polo que traballaban as da nobreza ou Igrexa.
A burguesía en España medrou moito durante o s. XVIII, pero seguía a ser menos numerosa e poderosa que en outros países de Europa, había unha altaburguesía de grandes comerciantes, funcionarios e profesionais liberais. A baixa burguesía era máis numerosa e estaba composta por pequenos comerciantes e artesáns. A burguesía en España era o grupo máis comprometido coa Ilustración e despois co liberalismo, mentres a gran masa campesiña normalmente era analfabeta e apolítica.

3. O REFORMISMO DE CRLOS III (1759-1788)
Carlos III rodeouse deministros ilustrados e buscou levar a cabo reformas que mellorarán a economía, o goberno e a educación do país. En economía fomentou o comercio sobre todo con América, e en 1778 permitiu o comercio libre con este continente (xa que ata entón estaba centralizado nun poucos portos) isto aumentou moito o comercio en España.
Na industria creáronse moitas Reais Fábricas para producir produtos que ata...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • A Crise Do Antigo Réxime
  • A crise do antigo rexime
  • A Crise Do Ántigo Réxime
  • A Galiza do antigo rexime
  • O Antigo Réxime
  • Antigo Réximen
  • O antigo réxime (gallego)
  • A CRISE DO ANTIGO RÉXIME E A REVOLUCIÓN LIBERAL

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS