Ficha De Lectura 1

Páginas: 5 (1155 palabras) Publicado: 23 de marzo de 2015
A obra que vou analizar a continuación é: Aldecoa, J. R. (1990): Historia de una
maestra.Madrid: Anagrama
A razón pola cal decidín escoller esta lectura para esta primeira ficha e non as outras, foi polas
boas críticas que obtiven de compañeiras que a leron anteriormente e tamén, pola busca en
internet do argumento, o cal pareceume moi interesante. Nunca lera un libro contextualizado na
historiade España, esa era outra das miñas razóns. Con respecto as expectativas, eran altas, e
dicir, gustoume a idea de que unha persoa narrase en primeira persoa, a súa experiencia como
mestra durante unha etapa tan dura como son os comezos do s. XX para a ensinanza e a
educación. Dicir que o relato superou con creces as miñas expectativas.
Nesta obra, na cal Gabriela, desde a súa memoria, conta a súavida como mestra dende os anos
vinte ata o comezo da Guerra Civil española, trátanse os seguintes temas principais: o amor, a
educación e modo de ensinar, a situación social, histórica e política e as viaxes.








O amor: maniféstase durante a obra en varias ocasións e de diferentes maneiras. Ao
principio da obra, Gabriela, a protagonista, narra o amor que ten polo seus pais, en
concretopolo seu pai e pola profesión de ser mestra e de ensinar a todo aquel que quere
aprender, logo expresa o seu amor por Oviedo, a súa terra e, máis adiante, por Ezequiel,
home co que casa e ten unha filla e por último, pola súa filla Juana. Fai mención á
posibilidade de chegar a sentir algún tipo de amor polo seu amigo en Guinea, Emile.
A educación e modo de ensinar fai mención a súa profesión demestra, as trabas que lle
impón a situación social e política, o intento de facer coeducación nun dos pobos ao que
é destinada, a innovación, o afán que tiña polo ensino, as explicacións que fai acerca das
actividades realizadas cos alumnos, os avances que presentan os nenos/as para aprender
a escribir e a ler. Ademais da educación que recibían os rapaces/as tamén daba clases a
adultos sobre comocoidar aos seus fillos, hixiene, costura e política. Tamén mencionar
as misións pedagóxicas creadas polo primeiro goberno da 2ª República. É importante
mencionar as loitas e as folgas que houbo, xa naqueles anos, para erradicar a ignorancia
en España.
A situación social, histórica e política é un dos temas mais importantes, a obra
transcorre durante o s.XX en España, mais concretamente, desde os anosvinte ata o
comezo da Guerra Civil. Era unha época dura, de ignorancia, opresión, moita
pobreza,...Unha sociedade machista, na que o papel do home quedaba por encima do da
muller. Os sucesos ocorridos durante a obra son: a 2ª República, a revolución de
outubro a cal tivo relevancia en Asturias, nos pobos mineiros e o comezo da Guerra
Civil española. Tamén é unha época de folgas, de loitas,...nasque por desgraza, a
cárcere ou a morte era o fin para moitas persoas, como o marido da protagonista,
primeiro ingresa en prisión e finalmente mátano.
As viaxes: este tema considero que e relevante posto que a vida da nosa protagonista
está marcada por diferentes viaxes. Unha vez que rematou a carreira marchou do seu
pobo natal para ir a traballar a tres colexios diferentes en tres pobos distintos,do último
enfermou gravemente polo tanto, aproveitou para recuperarse e preparar unha oposición
na sua vila natal, unha vez aprobada, decidiu marchar a Guinea, un destino importante
para ela ata que enfermou de novo e volveu para un pobo chamado Castrillo de Arriba
onde coñeceu a Ezequiel, o seu futuro marido, co cal, despois dun tempo mudáronse a
Los Valles onde tiveron a súa filla e onde, despoisde un tráxico final, remata a obra.

1

Durante a lectura xorden temas que cabe mencionar como secundarios: a tradición, a relixión, a
inestabilidade da profesión de mestre/a, o illamento ou o conformismo.
As tres ideas, aspectos ou cuestións que me resultaron de máis agradable lectura, aínda que a
obra en si foi moi amena, mencionar a maneira na que esta redactada a obra e o vocabulario, a...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • modelo de ficha de lectura 1
  • LAS FICHAS DE LECTURA 1
  • Ficha de lectura 1
  • Ficha de Lectura 1 2
  • Ficha De Lectura 1
  • 1 Ficha Lectura
  • Formato Ficha De Lectura Anexa 1
  • Anexo 2 Ficha De Lectura 1

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS