filosofia

Páginas: 7 (1692 palabras) Publicado: 22 de octubre de 2013

MEMORIA, IMAXINACIÓN E INTELIXENCIA
1. MEMORIA
Definición: É a capacidade de reproducir e traer ó presente da conciencia os feitos e acontecementos pasados. Esta referencia temporal ó pasado é o esencial da memoria e permite diferenciala da imaxinación.
Acto: O acto da memoria chámase recordo.
Condicións da fixación do recordo: As condicións para que se produza a fixación e conservacióndo recordo son:
1. Atención: resulta máis fácil recordar aqueles elementos ou acontecementos ós que prestamos atención.
2. Repetición: A repetición de actos ou sucesos permiten fixar máis facilmente o recordo.
3. Conxunto: aqueles sucesos o feitos que forman parte dun conxunto recórdanse máis facilmente que aqueles que están illados. Así mesmo, resulta máis fácil recordar aqueles conxuntos outotalidades que posúen sentido que os que non o teñen.
4. Intereses: recórdase todo o que garda relación coas nosas tendencias e intereses.
5. Asimilación: Recordarase aquilo que podemos relacionar dalgún modo con algo que xa é coñecido por nós que o que non encaixa ou non sabemos relacionar.
6. Orde lóxico: o que posúe unha orde ou sentido recórdase con maior facilidade que o que non o ten.Por exemplo, recórdase máis facilmente unha demostración que unha lista de palabras incoherentes.
A mnemotecnia é un recurso artificial que consiste en dotar de unidade, estrutura e/ou sentido a unha multiplicidade de elementos que son difíciles de recordar por separado. Por exemplo, os acrósticos ou os nudillos para recordar os meses de 31 días.
Evolución: O esquecemento progresa ó principiocon rapidez, para continuar decrecente, pero cun ritmo máis lento.


Aquilo que se aprendeu algunha vez, aínda que pase moito tempo e o suxeito pense que foi esquecido totalmente, asimílase de novo con moita maior rapidez que se non se houbera aprendido. A forma de evitar o esquecemento é mediante o repaso



Patoloxías: Consisten nunha serie de procesos non normais que afectan ófuncionamento da memoria.
1. Amnesia: Consiste na incapacidade de recordar feitos ou acontecementos pasados, así como fragmentos biográficos. Pode ser total ou parcial. E débese normalmente a:
a. Lesións ou modificacións no cerebro, como por exemplo un accidente ou a amnesia senil.
b. Represións psíquicas, intento de borrar da memoria acontecementos penosos e insoportables.
Tipos de amnesia:Agnosia: incapacidade de recoñecer un obxecto que se está percibindo.
Apraxia: incapacidade para usar correctamente certos obxectos.
Afasia: a perdida da linguaxe.
2. Paramnesia: Consiste nun erro na memoria, como o fenómeno denominado “dejá vu” (o xa visto), que aparece cando se cre que xa se percibiu o que se percibe por primeira vez. Este fenómeno pode ocorrerlle a persoas normais en certosestados como fatiga, obnubilación momentánea
3. Hiperamnesia: cando evócase con gran nitidez e claridade recordos dun pasado moi pasado que se crían totalmente esquecidos. É unha situación que ocorre en situacións moi excepcionais como perigo inminente de morte…

2. IMAXINACIÓN
Definición: É a capacidade de conservar e reproducir as impresións sensoriais e perceptivas en ausencia dos obxectos,ou sexa a representación mental de obxectos ausentes.
Patoloxías: Son os delirios, a fabulación e a mitomanía.
Delirio: Patoloxía que se caracteriza polo engrandecemento de ensoñacións sen ningunha correspondencia coa realidade. Non son meras informacións ou crenzas falsas, incompletas ou incorrectas, senón que se require que o proceso polo cal se chega á idea delirante sexa inadecuado eilóxico.
Fabulación: consiste en contar historias irreais para chamar a atención, conmover ou interesar, e tamén para escapar da responsabilidade ou compensar deficiencias propias. Típica da infancia.
Mitomanía ou mentira patolóxica: Resulta da tendencia patolóxica á mentira, á fabulación ou á simulación

3. INTELIXENCIA
Definición: É a capacidade que temos para adecuarnos a situacións novas, e...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • filosofia de la filosofia
  • Filosofia
  • Filosofia
  • Filosofia
  • La Filosofía
  • Filosofia
  • Filosofia
  • Filosofia

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS