Gallego Seculos Escuros

Páginas: 9 (2240 palabras) Publicado: 14 de abril de 2015
CONTEXTUALIZACION

Denomínanse Séculos Escuros os anos que van desde finais do século XV ata finais do XVIII, durante os
que a literatura galega entra no período de maior declive da súa historia e a lingua deixa de usarse
nos rexistros formais e nos ámbitos oficiais. Durante este período non podemos falar con propiedade
de “Literatura galega”, senón máis ben de manifestacións literarias engalego, xa que son puntuais e
en xeral non destacan por presentar grandes valores literarios, por non falar da súa escasa ou nula
transcendencia dentro do ámbito cultural da época. De todas formas cómpre facer unha distinción
entre o século XVIII e os precedentes, a presenza das ideas da Ilustración en Galiza supuxo o inicio dun
cambio para a situación do país e da lingua, estes anos se caracterizanigual que os anteriores pola
pobreza de mostras literarias no noso idioma. Non obstante, os ilustrados van ser o precedente
necesario para o cambio de rumbo que se opera no s. XIX co Rexurdimento, pois son eles os primeiros
que teñen conciencia da situación de atraso que padece Galiza e da necesidade de poñer os medios
para saír desta situación, ademais de facer unha defensa da singularidade darealidade galega fronte
as ofensas das que é obxecto por parte de Castela.
CAUSAS DA DECADENCIA A decadencia da lingua e da literatura galega hai que situala no contexto
dunha crise máis ampla que afecta a Galiza en todas os ámbitos, e que acabará por sumila na pobreza
e na dependencia de institucións alleas, contrarias aos intereses dos galegos. Analicemos as principais
causas que explican adecadencia da lingua e da literatura galegas durante os Séculos Escuros.
Podemos distinguir causas de índole literaria e outras de carácter político. A progresiva perda de
independencia de Galiza dentro do reino de Castela. Coa independencia de Portugal no S.XII Galicia
queda nunha situación periférica sendo anexionada ao reino de Castela coa conseguinte perda de
independencia e de poder político, sobretodo coa chegada da Monarquía centralista dos Reis
Católicos. Pero esta perda de poder específico dos nobres galegos dentro do Reino de Castela xa se
remonta ao conflito sucesorio que tras a morte de Alfonso XI enfrontou o seu fillo Pedro I (alcumado
“el Cruel” na historiografía española) e Enrique de Trastámara, fillo bastardo do monarca que lle
disputou o trono co apoio de boa parte da nobrezacastelá. Os nobres galegos que defenderon a
causa do lexítimo herdeiro sufrirán as represalias de Enrique II unha vez sexa proclamado rei. Así
algunhas das principais familias galegas como os Castro son desposuídos das súas terras que serán
entregadas a nobres vidos de fóra como os Osorio ou os Andrade. A nova nobreza demostra un
absoluto desprezo e incomprensión pola realidade galega e a súa culturae interesados unicamente en
acadar riquezas impoñerán aos labregos das súas terras importantes cargas, difíciles de satisfacer para
unha economía campesiña. Esta actitude, xunto con outros factores entre os que destacan os
intereses dunha burguesía que ansiaba maiores cotas de poder, é unha das causas das Revoltas
Irmandiñas que se producen no século XV. Defeito, a primeira Revolta Irmandiña(1431) estala nas
terras do Señor de Andrade, en Betanzos, debido ás esixencias que impoñía aos seus vasalos, e pronto
se fará sentir o malestar dos galegos cara os seus señores por todo o territorio. A segunda Revolta
Irmandiña ten lugar entre 1467-1469 e fará abanear os alicerces do sistema feudal, provocando a
fuxida dos nobres galegos que acoden ao monarca para que poña fin ao conflito. Estasloitas fan que
Galiza viva un período de inestabilidade social que debilita a súa nobreza e as súas institucións,

anunciando o desmantelamento das clases dirixentes galegas que terá lugar definitivamente co
advento da monarquía absoluta dos Reis Católicos.
A substitución da nobreza galega durante a monarquía dos Reis Católicos. Baixo o reinado dos Reis
Católicos a nobreza galega é expulsada de...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Os Seculos Escuros
  • Séculos escuros e Rexurdimento
  • Os Seculos Escuros En Galiza
  • seculos escuros
  • Séculos escuros da lingua galega
  • Gallegos
  • Gallego
  • Gallego

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS