historia

Páginas: 12 (2806 palabras) Publicado: 12 de diciembre de 2014
09

COMPOSICIÓN DE TEXTO (tema de tipo histórico)
OPCIÓN 1

Os seguintes documentos serven de base para a realización dunha composición sobre a desamortización,
que xunto con outras medidas (abolición do réxime señorial, desvinculación dos morgados...) conforman o que podemos considerar en conxunto a reforma agraria liberal. Os tres primeiros documentos explicitan o tipo de bens afectadospor cada medida desamortizadora, expoñendo o primeiro deles os obxectivos que se pretenden acadar. Os dous
últimos textos son valoracións do proceso desamortizador no seu conxunto feitas na época actual por historiadores,
que deben axudarche a facer un balance do mesmo, pois o primeiro deles (Doc.4) céntrase nos resultados sociais da
desamortización, mentres o segundo (Doc.5) atende sobre todoaos efectos financeiros e económicos.
Doc.1.-Desamortización de Mendizábal (1836):

“Señora: vender a masa de bens que viñeron ser propiedade da nación non é tan só cumprir unha promesa
solemne e dar garantía positiva á débeda nacional por medio dunha amortización exactamente igual ao produto das
rendas; é abrir unha fonte abundantísima de felicidade pública, vivificar unha riqueza morta,desobstruír as canles da
industria e da circulación, apegar ao país polo amor natural e vehemente a todo o propio, anchear a patria, crear novos
e firmes vínculos que liguen a ela; é, en fin, identificar co trono excelso a Isabel II, símbolo da orde e da liberdade (...),
crear una copiosa familia de propietarios (...).

Art. 1. Quedan declarados en venda desde agora tódolos bens raíces decalquera clase que pertencesen ás
comunidades e corporacións relixiosas extinguidas”.
Doc.2.-Desamortización de Espartero (1841):

“Art. 1. Tódalas propiedades do clero secular (...) son bens nacionais (...).

Art. 3. Decláranse en venda tódalas propiedades, dereitos e accións do clero catedral, colexial, parroquial,
fábricas das igrexas e confrarías”.
Doc.3.-Desamortización de Madoz (1855):“Art. 1. Decláranse en estado de venda (...) tódolos predios rústicos e urbanos, censos e foros pertencentes:

Ao Estado. Ao clero. Ás Ordes Militares (...). Ás confrarías, obras pías e santuarios (...). Aos propios e
comúns dos pobos. Á beneficencia. Á instrución pública e calquera outros pertencentes a mans mortas, xa estean ou
non mandados vender por leis anteriores”.
Doc.4.-Oxurista e historiador Francisco Tomás y Valiente axuíza así a desamortización:

“En suma: que a desamortización municipal se cadra non debeu facerse e que a de bens eclesiásticos e outras
“mans mortas” non debeu facerse como se fixo. Pero toda a burguesía, mesmo a de esquerdas, quixo desamortizar, e
por conseguinte a desamortización foi un feito consumado (...).

Tamén considero innegable que osistema desamortizador preferible en función do logro duns beneficios
xerais, non debeu ser o de Mendizábal e Madoz (isto é, o do partido progresista), senón o aconsellado no seu día por
Flórez Estrada (...). Este era o único capaz de facilitar a creación dunha clase media rural de pequenos propietarios,
coa que se estabilizaría no noso país o réxime liberal, e se enchería o baleiro entre olatifundista e o braceiro”.
Doc.5.-O historiador Josep Fontana exprésase do xeito seguinte:

“¿Para que serviu a desamortización? Desde o punto de vista do goberno a resposta é relativamente sinxela.
Na etapa de Mendizábal, para salvalo da bancarrota e axudarlle a gañar a guerra civil. Na da chamada lei Madoz,
para financiar a construción da rede ferroviaria. Penso que a medida exacta en queestas vendas redundaron en
proveito do Estado non debe minimizarse”.

43

09

COMPOSICIÓN DE TEXTO (tema de tipo histórico)
OPCIÓN 2
Tendo en conta os seguintes documentos, aos que debes referirte ao longo da túa exposición, debes elaborar
unha redacción sobre a ditadura do xeneral Primo de Rivera, centrándote nos ámbitos político e económico. O golpe
de Estado (Doc. 1), aprobado por...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • La historia de la historia
  • historia de la historia
  • Historia de la historia
  • La historia de la Historia
  • la historia de la historia
  • historia de la historia
  • el historiador y la historia
  • Historia de la no historia

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS