Nova xestion publica

Páginas: 6 (1497 palabras) Publicado: 28 de junio de 2011
SEMINARIO 1: SENTIDO DAS INICIATIVAS DE APROXIMACIÓN Á CIDADANÍA DENDE A PERSPECTIVA DOS PROCESOS DE MODERNIZACIÓN DAS ADMINISTRACIÓNS.

Durante as últimas décadas fixéronse necesarias profundas transformacións no ámbito da Administración como resposta ás presións dun entorno extremadamente cambiante e confuso, tanto no eido económico como no social, político, cultural, tecnolóxico, dainformación e do coñecemento. Esta situación provocou a posta en dúbida da Administración como garante da interese xeral da sociedade así como da súa eficiencia e eficacia na prestación de servizos ó cidadán. Deste modo, nace o reto da modernización da Administración Pública.
O paradigma tradicional de Administración Pública posuía un carácter eminentemente burocrático, centrado no cumprimento formalda lexislación e como garante dos dereitos do cidadán fronte ás posibles arbitrariedades do Estado. Estivo caracterizado pola énfase nos aspectos políticos e burocráticos, en detrimento dos de xestión e relación ou prestación de servizos ós cidadáns, así como de criterios de seguimento, avaliación e control; diluíndo as responsabilidades entre os diferentes niveis de autoridade.
O desenvolvementoe evolución cada vez máis complexo e interdependente da sociedade provocou a súa mobilización en demanda continua de máis e mellores servizos, incluso en novos ámbitos que non concordan coa visión tradicional do sector público. Paralelamente, a sociedade sensibilízase e mobilízase esixindo tamén novas formas de xestión e de relación co entorno máis abertas, flexibles, transparentes, democráticase participativas, que involucren ó propio cidadán na conformación da dirección que se lle quere dar as distintas institucións.
Este modelo tradicional de marcado carácter burocrático amosaba unha serie de importantes disfuncións e adoecía dunha falta de adaptación ó entorno socioeconómico, que facía necesaria a introdución dunha serie de cambios.
Ante a presión dunha sociedade que demanda unnovo modelo de organización pública que substitúa ó paradigma burocrático, e co afán de recuperar a lexitimidade perdida, conflúen os principios de eficacia e eficiencia co de legalidade. É aquí onde xorde o paradigma postburocrático da Nova Xestión Pública, baseado en novos conceptos como a calidade do servizo, cidadán-cliente, contribución de valor, innovación, flexibilidade e pulo a discrecióndos empregados públicos, e un traspaso das ideas de servucción, xestión operativa de servizos e de calidade total, desenvolvidas no ámbito privado.
Así, a crise do modelo de organización burocrático, garantista, xerárquico, ríxido, formalista e opaco, dá paso a un novo enfoque de Administración Pública, a Nova Xestión Pública, transparente, ó servizo do cidadán, que persegue a calidade, aeficacia, a eficiencia, a equidade e a economía. Esta Administración moderna está orientada a resultados e non baseada en procedementos, e permite ós directivos e xestores públicos unha maior autonomía, descentralización e flexibilidade, unha dirección por obxectivos. Ó mesmo tempo, esixe a estes unha maior responsabilidade, a rendición de contas e o sometemento ó control externo.
A cidadanía esixetransparencia na xestión e pide a asunción de responsabilidades segundo os resultados acadados. A Administración pública debe asegurar ós cidadáns non só servizos eficientes, senón tamén servizos de calidade, o que require un cambio cultural e estratéxico, que pasa por concibir a esta como unha institución provedora de servizos e ó destinatario de ditos servizos como cidadán-cliente. Esta NovaXestión Pública fai fincapé sobre as chamadas “tres E”: economía, eficacia e eficiencia das actuacións administrativas. Propugna a incorporación de técnicas de xestión contrastadas no ámbito privado e a creación de axencias autónomas das administracións, dotándoas de flexibilidade na xestión de recursos e que asumen os principios de orientación ó cliente, maior liberdade na xestión de recursos e...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • los nov
  • Nova
  • Noven a
  • nova
  • Nove
  • nove
  • nova
  • Nov

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS