PAU FISICA 2001

Páginas: 11 (2603 palabras) Publicado: 3 de enero de 2014
CiUG
COMISIÓN INTERUNIVERSITARIA DE GALICIA

PAAU (LOXSE)

Código: 22

XUÑO 2001
FÍSICA

Elixir e desenrolar unha das dúas opcións propostas.
Puntuación máxima: Problemas 6 puntos (1,5 cada apartado). Cuestións 4 puntos (1 cada cuestión, teórica ou práctica).
Non se valorará a simple anotación dun ítem como solución as cuestións teóricas.
Pode usarse calculadora sempre que non sexaprogramable nin memorice texto.

OPCIÓN 1
PROBLEMAS

1.- Un cilindro macizo e homoxéneo de 3 kg de masa e 0,1 m de radio xira baixo a acción dunha pesa de 0,3
kg que colga do extremo dunha corda que se enrola sobre o cilindro, de tal xeito que ó baixar imprímelle ó
cilindro un movemento de rotación arredor do eixe horizontal. (I = mr2/2 ; g = 9,8 m/s2).
Calcule: a) a aceleración angular; b)o número de voltas que da o cilindro nun minuto partindo do repouso.
2- Un globo aerostático está cheo de gas Helio cun volume de gas de 5000 m3. O peso del globo (sen o helio)
é de 3000 kg. Calcule: a) a aceleración de subida ; b) as enerxías cinética e potencial ó cabo de 10 s.
(Datos g = 9,8 m/s2 daire= 1,3 kg/m3 dHelio=0,17 kg/m3 ).
CUESTIÓNS TEÓRICAS: Razoe as respostas as seguintescuestións

1.- A cantidade de movemento dun fotón ven expresada por: a) p=mc2; b) p=hν; c) p=h/λ.
2.- En cál destes tres puntos é maior a gravidade terrestre: a) nunha sima a 4 Km de profundidade; b) no
ecuador; c) no alto do monte Everest.
3.- Si se mergullan en auga dous obxectos pesados aparentemente iguais en forma pero de diferente densidade
¿cál dos dous descenderá mais lentamente?: a) ode menor densidade; b) o de maior densidade; c) os dous
por igual.
CUESTIÓN PRÁCTICA: Cunha lente converxente debuxa a marcha dos raios e o tipo de imaxe formada en

cada un destes dous casos: a) si a distancia obxecto s é igual ó dobre da focal (2f); b) si a distancia obxecto
é igual a focal f.
OPCIÓN 2
PROBLEMAS
1.- Dúas cargas eléctricas puntuais de 2 e -2 µC cada unha están situadasrespectivamente en (2,0) e en (2,0) (en metros). Calcule: a) campo eléctrico en (0,0) e en (0,10); b) traballo para transportar unha carga q´
de -1 µC desde (1,0) a (-1,0). (Dato K = 9.109 Nm2/C2).
2.- Lánzase un proxectil verticalmente dende a superficie da terra, cunha velocidade inicial de 3 km/s,
calcule: a) ¿qué altura máxima alcanzará?; b) a velocidade orbital que é preciso comunicarlle aesa altura
para que describa unha órbita circular. (Datos G = 6,67.10-11 Nm2/kg2, RT = 6378 km MT = 5,98.1024 kg).
CUESTIÓNS TEÓRICAS: Razoe as respostas as seguintes cuestións

1.- Si os casquetes de xeo polares se fundiran totalmente, a velocidade de rotación da terra: a) aumentaría;
b) diminuiría; c) non se vería afectada.
2.- Cando un movemento ondulatorio se atopa na súa propagación cunhafenda de dimensións pequenas
comparables as da súa lonxitude de onda prodúcese: a) polarización; b) onda estacionaria; c) difracción.
3.- Segundo a teoría da relatividade dous observadores en sistemas de referencia inerciais miden: a) a
mesma velocidade da luz; b) o mesmo espacio; c) o mesmo tempo.
CUESTIÓN PRÁCTICA: Na determinación da Ke polo método dinámico, valora a influencia que teñenas
seguintes magnitudes: a) a masa total do resorte; b) a amplitude das oscilacións; c) o número de medidas
feitas; d) a lonxitude do resorte.

CiUG
COMISIÓN INTERUNIVERSITARIA DE GALICIA

PAAU (LOXSE)

Código: 22

SETEMBRO 2001
FÍSICA

Elixir e desenrolar unha das dúas opcións propostas.
Puntuación máxima: Problemas 6 puntos (1,5 cada apartado). Cuestións 4 puntos (1 cada cuestión,teórica o práctica).
Non se valorará a simple anotación dun ítem como solución as cuestións teóricas.
Pode usarse calculadora sempre que non sexa programable nin memorice texto.

OPCIÓN 1
PROBLEMAS

1.- Unha masa de 3.10-3 kg describe un M.H.S. de frecuencia 0,1 Hz e amplitude 0,05 m , sabendo que en
t=0 x=0, determina: a) a velocidade e aceleración cando t= 3 s; b) as enerxías cinética...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Física pau
  • PAU EJERCICIO 3 CTM_2000/2001
  • examen pau fisica
  • Fisica Modelo Pau
  • PAU Fisica Septiembre 2010 Com.Valenciana
  • PAU Fisica Junio 2010 Com.Valenciana
  • pau fisica
  • Pau Fisica

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS