Recensión sobre el desgobierno de lo público

Páginas: 16 (3799 palabras) Publicado: 27 de octubre de 2010
• Notas aclaratorias e Conceptos importantes a ter en conta
Ao longo da recensión faise referencia a frases do libro que se poden diferenciar do resto do texto por estar en cursiva.

Por outra banda, considero importante delimitar o que se pode entender por partitocracia, xa que é unha palabra nova que utiliza o autor en diversas ocasións e que pode crear confusión. Así, pódese definir como unsistema de goberno que desvirtúa dalgunha maneira a democracia xa que pasa a considerarse, como principais e únicos, aos propios partidos políticos. En resumo, constituiría una deformación da democracia.

• Ficha da Obra
Título: “El desgobierno de lo público”
Autor: Alejandro Nieto.
Editorial: Ariel
Ano de publicación: 2008, 1ª edición.
Lugar de edición: BarcelonaExtensión: 352 páxinas.
Capítulos:
1. Goberno e desgoberno.
2. Da democracia parlamentaria á partitocracia.
3. As derivas.
4. A deriva da corrupción.
5. Autoridades e empregados públicos.
6. Principios de xestión pública.
7. A Administración pública e os seus contextos.
8. As máscaras autonomistas.9. O Poder Xudicial e a Administración de Xusticia.
10. Final.

Referencia ao autor
Alejandro Nieto García naceu en 1930 e é un catedrático de Dereito Español que foi Presidente do Consello Superior de Investigacións Científicas e Premio Nacional de Literatura (ensaio) en 1997.
Entre toda a súa bibliografía podemos citar: El arbitrio judicial (2001), El pensamientoburocrático (2002), Las limitaciones del conocimiento jurídico (con Agustín Gordillo, 2003) y El desgobierno judicial (2005), entre outras.

• Sinopse
A presente obra trata, sen ser pormenorizadamente, de aproximar ao lector ao que dá en chamar o Desgoberno do Público que, en resumidas contas, vén sendo unha serie de concretos fenómenos e sucesos que constrúen o que se podería considerar un mal goberno.Para iso, o autor condúcenos polo camiño do desgoberno do público, onde o nexo condutor atópase nos partidos políticos. Para o autor, os partidos políticos constitúen o nervio de todo o sistema. Os mesmos guíanse polas súas propias regras buscando, como fin último, atender aos seus propios beneficios e intereses, os do partido (consecuencia dos principios oligárquicos dos que é vítima o propiopartido), e dos que lle axudan a estar no poder. O poder, alcanzalo e manterse no mesmo, son a meta que conduce ao paraíso de prebendas, poder e consecución do botín.

O botín consiste, non só en estar no Poder (Gobernar), senón no control de todo aquilo que poida contribuír ao beneficio dos seus intereses, así como o control sobre todo aquilo que poida interferir nos seus obxectivos, porexemplo cítase no libro o control sobre a Administración.

Presentado este tema central, vaisenos desmenuzando brevemente nos sucesivos capítulos cada parte que configura o Desgoberno. Así as cousas, comeza presentándonos unha definición e un contexto do que se entende por goberno e por desgoberno, entrando nunha análise de que a realidade á que temos acceso é unha realidade, chamémola virtual,consecuencia do que os partidos desexan, que é que non vexamos o que realmente sucede, a realidade en estado puro.

Esta análise lévanos á segunda parte que é a negación da existencia dunha democracia parlamentaria, como se nos trata de vender, substituída polo que o autor denomina partitocracia, e o percorrido pola fases que configuran o obxectivo do partido, e o abordaxe do aparello do Estado,abordaxe que hai que centrar xa mesmo, non na figura do partido, senón na da oligarquía do partido (idea na que se afondará máis adiante no traballo).

Con todo, os obxectivos que pretende alcanzar o partido, e polo tanto, a oligarquía do partido non están libres de obstáculos, situacións cambiantes, fenómenos, é dicir, en último termino, o que o autor define e dedica un capítulo chamado derivas,...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Recension sobre la pelicula y libros
  • recension sobre la practica artistica
  • Recensión sobre maría de nazaret
  • Recensión sobre el problema psicofísico
  • Recension sobre los derechos humanos
  • Recensión De "Aprender a Hablar En Publico Hoy" De Vallejo-Nagera
  • Recensión sobre PLAN DE AJUSTE DE LA ZONA METROPOLITANA DE SEÚL
  • CRONICA SOBRE VEHICULOS PUBLICOS

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS