A preeminencia social da fidalguía galega

Páginas: 7 (1745 palabras) Publicado: 25 de octubre de 2013
1. A preeminencia social da fidalguía galega
O status social da variada fidalguía galega1 estaba referendado nunha serie de hábitos e prácticas, cun alto contido simbólico, que axudaban a construír un sinal de identidade como grupo privilexiado fronte a unha maioría que carecía de poder. O seu impacto social estaba condicionado polos pormenores que vimos nos apartados anteriores –relacionadoscoa capacidade de controlar os resortes do poder político e unhas actividades económicas que aportaban unhas rendas determinadas–, polo que agora nos vamos a centrar nas propias manifestacións da preeminencia social deste grupo, o que formaba o coñecido “patrimonio inmaterial”. 2
1.1 O control das institucións
O control das institucións permitiulle aos fidalgos galegos aumentar o seu poderpolítico e social e foi decisivo para reforzar a súa imaxe pública. Tamén inflúe isto no ámbito eclesiástico, xa que unha saída para os “segundóns” era acceder ao sacerdocio e conseguir varias parroquias ou estar nalgunha sede catedralicia, o que aumentada a consideración social da familia. Relacionado con isto tamén están os “dereitos de patronazgo” das igrexas parroquiais, non tanto pola percepción dasrendas que isto supuña, senón polo poderío que outorgaba a capacidade de escoller o reitor parroquial. Neste senso, a fundación de edificios relixiosos e posesión de capelas que exercían de mausoleo familiar, lucindo os seus símbolos, –en moitos casos acompañadas de gravacións e lendas recordando a doazón– tamén contribuía a formación desa poderosa imaxe social.3
1.2 Actos sociais
Ascelebracións e espectáculos públicos que dan lugar a unha concentración de múltiples asistentes como son as festas e procesións foron aproveitadas pola fidalguía para reforzar a súa imaxe pública con xestos de xenerosidade cara o resto dos asistentes, como podían ser a doazón dun animal para as festas patronais ou outra clase de comida.4 Hai que destacar que nestes casos, tamén se lucía un vestiario luxoso,tanto en homes e mulleres, que confirmaban a súa posición social.
Uns dos aspectos máis rechamantes do mundo social da época foron aqueles nos que o poderío social manifestouse a través de cerimonias máis ou menos “ritualizadas”, o que se coñece como rituais de posesión, isto é, todos aqueles procedementos nos que por medio dun acto estereotipado se tomaba posesión, ou se reafirmaba a alguén, nodominio dun ben material, sobre todo de terras, Casas, montes e ferrerías. Un dos máis frecuentes rituais era o de casas anexadas. Unha vez que unha casa pasaba ao poder doutra, efectuábase en primeira instancia unha solicitude de posesión que en caso de ser aprobada daba pé a un cerimonial no que xeralmente un representante ou o propio vinculeiro novo, daba un paseo de recoñecemento pola finca eentregábanlle as chaves da casa. Noutros casos, o novo dono, por exemplo nun solar ou nunha finca, collía a terra na man e esmagábaa en presenza de testemuñas. Eran rituais que requirían a presenza dunha parte da sociedade e ante ela reafirmábase ou aumentaba un poder mediante a simboloxía do acto. 5
1.3 O simbolismo da morte
O nivel social dos vinculeiros reflíctese de determinados aspectospero unha das formas máis esclarecedoras é observar o profundo simbolismo que a morte e a súa circunstancia tiñan entre a fidalguía. O enterro era un cerimonial moi importante que desenvolvía un ritual estereotipado cunha marcada vertente social como mostra de puxanza. Proba do carácter superlativo das exequias, era o grande gasto que moitos vinculeiros asignaban a elas. Tratábase de que asistiran omaior número posible de asistentes e o propio defunto era o que se encargaba en vida de deixar todo a punto para o seu funeral, pois eran conscientes de que era última oportunidade de demostrar a súa preponderancia social. Así, en virtude disto, facíanse chamamentos ás cofradías relixiosas para que acompañaran o corpo, incluso deixaban nos testamentos que querían ser enterrados cos hábitos...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Semana Galega da Historia
  • LOs seculos oscuros da literatura en galego
  • Xeneros da lirica galego-portuguesa
  • Datos estatísticos da fala do galego
  • O papel social da leitura e da escrita
  • Evolución da lingua galega
  • Séculos escuros da lingua galega
  • Cristalización do modelo de lingua, estilo e terminoloxía galega da localización

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS