Temas Variados

Páginas: 112 (27989 palabras) Publicado: 10 de febrero de 2015
DECRETO LEXISLATIVO 1/2011, do 28 de xullo, polo que se aproba o texto refundido das
disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo
Estado.(DOG 20/10/11 e correción de erros DOG 28/10/11)

Preámbulo
Os tributos do Estado cedidos á Comunidade Autónoma de Galicia réxense polos convenios ou tratados
internacionais, a Lei xeral tributaria, a lei propiade cada tributo, os regulamentos xerais ditados en
desenvolvemento da Lei xeral tributaria e das leis propias de cada tributo, as demais disposicións de
carácter xeral, regulamentarias ou interpretativas, ditadas pola Administración do Estado e polas normas
emanadas da comunidade autónoma competente nos termos establecidos polas leis que regulan a cesión
de tributos do Estado ás comunidadesautónomas de réxime común.
A Lei orgánica 8/1980, do 22 de setembro, de financiamento das comunidades autónomas, constitúe o
marco orgánico xeral polo que se rexe o citado réxime de cesión.
Ese marco orgánico é desenvolvido, con carácter xeral, pola Lei 22/2009, do 18 de decembro, pola que se
regula o sistema de financiamento das comunidades autónomas de réxime común e cidades con estatuto
deautonomía e se modifican determinadas normas tributarias, e para o caso da Comunidade Autónoma
de Galicia, pola Lei 17/2010, do 16 de xullo, do réxime de cesión de tributos do Estado á Comunidade
Autónoma de Galicia e de fixación do alcance e condicións da devandita cesión.
Mediante esta Lei 17/2010, do 16 de xullo, procedeuse á adecuación do contido da alínea un da
disposición adicionalprimeira do Estatuto de Autonomía de Galicia ao novo réxime de cesión de tributos
que se contempla na Lei 22/2009, do 18 de decembro, e, así mesmo, a regular o réxime específico da
devandita cesión á Comunidade Autónoma Galicia, de modo que se determina o alcance e condicións da
cesión a esta comunidade autónoma e atribúeselle a facultade de ditar para si mesmas normas
lexislativas nos casos econdicións previstos na Lei 22/2009, do 18 de decembro.
A atribución de determinadas competencias normativas en materia de tributos estatais cedidos xa estaba
presente na Lei 18/2002, do 1 de xullo, do réxime de cesión de tributos do Estado á Comunidade
Autónoma de Galicia e de fixación do alcance e condicións da devandita cesión, nos termos establecidos
na Lei 21/2001, do 27 de decembro, pola quese regulan as medidas fiscais e administrativas do novo
sistema de financiamento das comunidades autónomas de réxime común e cidades con estatuto de
autonomía, así como na Lei 32/1997, do 4 de agosto, de modificación do réxime de cesión de tributos do
Estado á Comunidade Autónoma de Galicia e de fixación do alcance e condicións da devandita cesión,
respecto do disposto na Lei 14/1996, do 30de decembro, de cesión de tributos do Estado ás
comunidades autónomas e de medidas fiscais complementarias.
A necesaria garantía do principio de seguridade xurídica que debe presidir todo ordenamento exixe
acabar coa dispersión lexislativa que a multiplicidade de normas provocou. Consciente diso, o lexislador
incluíu na disposición derradeira terceira da Lei 8/2010, do 29 de outubro, de medidastributarias no
imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados para a reactivación do mercado
de vivendas, a súa rehabilitación e financiamento, e outras medidas tributarias, unha autorización á Xunta
de Galicia para elaborar e aprobar, no prazo máximo dun ano desde a entrada en vigor da devandita lei,
un texto refundido que recolla a normativa autonómica vixente sobreos tributos estatais cedidos á
Comunidade Autónoma de Galicia. Ademais, esta delegación lexislativa inclúe a posibilidade de
regularizar, aclarar e harmonizar os textos legais que sexan obxecto do texto refundido.
Este decreto lexislativo consta dun artigo que aproba o texto refundido, unha disposición adicional, unha
derrogatoria e unha derradeira. O texto refundido estrutúrase en tres...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Temas variados
  • Temas variados
  • Temas variados
  • Temas variados
  • Temas varios
  • Temas Variados
  • Temas Variados
  • Temas Variados

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS