Todo
desolador polo que atravesaba Galicia nos Séculos Escuros. A resposta ilustrada ten o seu inicio na
segunda metadedo século XVIII, coincidindo coa modernización económica. Tamén está relacionada coa
conciencia de que Galicia era unha realidade diferenciada, que estaba a recibir un trato discriminatorio.
Castelaaumenta a presión contra do galego, o que provocará unha reacción contra esta
infravaloración do idioma e a súa ausencia en campos como o educativo, o relixioso ou o burocrático. É a
época dedefensores do idioma como o Padre Sarmiento (1695-1772), auténtico erudito que se ocupou
durante a súa vida do estudo de diversos campos do saber, tanto científico como literario e lingüístico,
o PadreFeixoo, o Padre Sobreira (sobre todo os dous primeiros).
Podemos engadir a Andrés Cornide y Saavedra autor do soneto A Filida, e a Anselmo Feijóo
Montenegro (irmán do Padre Feijóo), autor dasquintillas do Pranto da Frota, datables no ano 1702,
onde se pon en boca dunha ninfa o lamento pola derrota dos españois e franceses ante os ingleses na
batalla de Rande. Da súa autoría é tamén unha glosafeita con ocasión do acompañamento dos reis ao
Viático no 1722. Tense constancia aínda doutra glosa composta polo seu irmán, Plácido Feijóo, no que se
trata este mesmo tema.
Os ilustrados vansesalientar por reivindicar:
— a modernización da agricultura
— a industrialización do País e a necesidade de vías de comunicación
— a recuperación da nosa rica literatura popular
— o uso do galego noensino, na Igrexa e na administración, denunciado o abuso da imposición do
castelán.
A figura máis importante da nosa Ilustración foi o Padre Sarmiento, un auténtico sabio que, con
verdadeiradevoción, estudou variados aspectos da realidade galega. O relativo valor literario das súas
obras, acrecéntase, sen embargo, pola relevante achega lexicográfica.
Desde a súa viaxe en 1745 a Galiza, á...
Regístrate para leer el documento completo.