Unidad didáctica Gallego

Páginas: 11 (2553 palabras) Publicado: 26 de mayo de 2014


LINGUA 1.o CURSO
NADAL COS AMIGOS
COMPETENCIAS BÁSICAS
Ademais de desenvolver a Competencia en comunicación lingüística, nesta unidade contribúese ao desenvolvemento das seguintes competencias:
Interacción co mundo físico.
Competencia social e cidadá.
Aprender a aprender.
Autonomía e iniciativa persoal.
Tratamento da información.
Interacción co mundo físico
A referencia no contodo principio da unidade ao tempo de inverno ofrece a oportunidade para falar sobre esta e outras estacións do ano. Aproveitar para que os alumnos expliquen os cambios que se producen no contorno durante esta estación.
Competencia social e cidadá.As relacións e comportamentos dos personaxes do conto poden tomarse como punto de partida para falar de valores fundamentais para a convivencia cosdemais: a solidariedade, a cooperación e a xenerosidade.
Fomentar o respecto polas realizacións lingüísticas propias da nosa lingua, como a gheada. Rexeitar prexuízos que poidan darse entre os alumnos neste eido, valorando de forma positiva a variedade na lingua coma unha parte da súa riqueza.
Aprender a aprender
Escribir a letra f no encerado nunha pauta. Opoñer o trazado desta letra co da letral nas formas minúscula e maiúscula. Facer observar as diferenzas entre ambas. Trátase de que se deteñan no feito de que o l ten un bucle cara arriba, mentres que o f ten dous bucles: un cara arriba outro cara abaixo. Realizar tamén unha actividade semellante para a discriminación visual do F maiúsculo contrapoñéndoo co E e co L maiúsculo; pedir que contabilicen o número de raias horizontais queten cada unha.

Explicar no encerado o trazado de c e q. Facer fincapé no espazo que ocupa o c minúsculo e o C maiúsculo; facer observar que as dúas letras teñen a mesma forma pero varían no tamaño.
Pedirlles aos alumnos que pechen o libro e que intenten lembrar palabras que se escriben con c e qu.
Escribir no encerado as grafías g, q, p e d e opoñer as características de trazado edireccionalidade de cada unha. Escribir varias palabras con estas grafías e solicitar que os alumnos arrodeen a letra g (por exemplo: longa, papel, quinto, dique, espuma, rego...).
Pedir aos alumnos que revisen os exercicios feitos ata agora e que comproben se foron limpos e ordenados e que indiquen se se esforzaron en realizalo así.
Autonomía e iniciativa persoal.Lembrarlles aos alumnos que na realizaciónda actividade de coloreado deben pintar ben para que quede presentable no libro.
Animar os alumnos a preguntar sempre as súas dubidas e pedir que expresen as que teñan verbo da ortografía das letras estudadas.
Tratamento da información.Ao fío dos menús da actividade da páxina 57, establecer un diálogo sobre a utilidade deste tipo de textos. Pedirlles que expliquen onde os poden atopar e paraque serven. Achegar algúns modelos sinxelos de menús para observar, localizar e comentar elementos textuais, iconográficos e topográficos como axuda á comprensión da información.
OBXECTIVOS

Escoitar e comprender un conto oral.
Recoñecer e comentar a secuencia do conto.
Identificar personaxes e detalles do conto.
Madurar habilidades para expresarse oralmente.
Asociar as grafías f, g-gu e c-qucos sons correspondentes.
Desenvolver a lectoescritura das grafías f, g-gu e c-qu.
Escribir palabras, grupos nominais e oracións sinxelas coas letras coñecidas.
Escribir ao ditado unha oración.
Ler, memorizar e recitar un texto poético sinxelo.



CONTIDOS TEMPORALIZADOS

1.ª quincena de decembro.

Grafías f, g-gu e c-qu.
indefinido: un, uns.
Escoita e comprensión dun conto oral.Interpretación da secuencia do conto.
Desenvolvemento da expresión oral.
Identificación de detalles e personaxes do conto.
Discriminación auditiva e visual de f, g-gu e c-qu.
Lectura de palabras e enunciados coas consoantes vistas e mais f, g-gu e c-qu.
Escritura de indefinidos concordados.
Escolla e escritura dun menú.
Escritura ao ditado de oracións sinxelas.
Lectura e recitado dun...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Unidad didactica
  • Unidad didactica
  • Unidad didáctica
  • Unidad didactica
  • Unidad didactica
  • Unidad didactica
  • Unidad didáctica
  • unidad didactica

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS