Unidade 1 Caracterización Dos Residuos Sólidos

Páginas: 6 (1284 palabras) Publicado: 12 de octubre de 2015
Que é un residuo?
Aquel material xerado nas actividades de produción, transformación e consumo. Este material non ten un valor económico para o posuidor, co cal é abandonado ou o propietario ten intención de facelo. Carece de valor porque non existen tecnoloxías para a súa recuperación ou reciclaxe, nin existan mercados para a súa comercialización.
Segundo a lei 22/2011: residuo é calquerasubstancia ou obxecto, do cal o seu posuidor se desprenda ou teña intención / obriga de facelo. Teríanse en consideración os que figuren no catálogo Europeo de Residuos (CER) aprobado polas institucións comunitarias.
Residuo doméstico: os que se producen nos domicilios particulares, como consecuencia das actividades domésticas. Tamén se define como residuos domésticos os xerados en servizos eindustrias (comercios, oficinas e servizos) así como os que non teñan a cualificación de perigosos e que pola súa composición poidan asimilares coma os producidos anteriormente (r.domésticos).
Lei 22/2011 de xullo, de residuos e solos contaminados (BOE do 29).

Clasificación dos residuos:
Para proceder á mellor xestión posible dos RS, é fundamental coñecer a súa composición e taxa de xeración.
Paraclasificar os residuos podemos facelo en función da súa procedencia principalmente, aínda que pode variar en función do criterio a empregar. Porén podemos atoparnos coa seguinte clasificación:

a) Segundo o seu estado físico: poden ser sólidos, líquidos e gasosos. Esta clasificación ten unicamente valor descritivo, za que non modifica a xestión posterior deses residuos. Por exemplo, o aceite nunbidón, manexarase como se fose un sólido.
b) Segundo a estrutura química do residuo:

R.S. ORGÁNICOS: son aqueles que nalgún momento tiveron vida, formaron parte dun ser vivo ou que derivan de procesos de transformación de combustibles fósiles. E que ademais poidan ser degradados por acción biolóxica. Estes a súa vez clasifícanse en putrescibles (ou fermentables) - ex: cascara dun plátano, e nonputrescibles (ou combustibles) - ex: bolsa de plástico. Os putrescibles son residuos que se descompoñen facilmente, sobre todo en climas cálidos. Proceden da produción ou utilización de materiais naturais sen transformacións estruturais significativas. Teñen un alto índice de biodegradabilidade por ser naturais e polo seu grao de humidade. Por exemplo: os residuos forestais e de xardinería,comida, feces, etc. Os non putrescibles sen embargo teñen as súas características modificadas ata o grao de que, en determinadas condicións, perden a súa biodegradabilidade. Normalmente son combustibles e a vez poden ser: naturais (cando a perda da súa biodegradabilidade se debe a perda de humidade, como pode ser o caso do cartón, o téxtil, papel, etc) ou sintéticos (que son refugallos nonbiodegradables, altamente combustibles e que proceden da síntese petroquímica, como é o caso dos plásticos, fibras sintéticas, etc).

R.S INORGÁNICOS OU INERTES: non son biodegradables nin combustibles. Proceden normalmente da extracción, procesado ou utilización dos recursos minerais, das construcións, demolicións (cascote, entullos), etc. (Escombreiras). Por regra xeral non precisan ningún tratamentoespecial previo á súa disposición no medio ambiente e nalgúns casos poden empregarse como recheo de solares, carreteiras, diques, etc.

c) Segundo os procesos de tratamentos a que deben ser sometidos:

RESIDUOS URBANOS OU ASIMILABLES A URBANOS: neste grupo inclúense os fermentables e combustibles obtidos nas distintas actividades dos núcleos de poboación, nas súas áreas de inferencia como comedores,servizos de empaquetado, limpeza, oficinas e nos sectores industriais e de servizos. Trátase como o lixo doméstico.
RESIDUOS ESPECIAIS: os cales clasificamos en – R. tóxicos e perigosos, R. radioactivos e R. biosanitarios especiais. Estes son residuos ou combinacións de residuos orgánicos ou inertes que polas súas características físicas, químicas ou biolóxicas, non poden aplicarse sobre elas,...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • clasificación y caracterización residuos sólidos
  • Caracterizacion De Los Residuos Solidos
  • Caracterizacion de los residuos solidos
  • CARACTERIZACION DE RESIDUOS SÓLIDOS JENESANO BOYACA
  • trabajo colavorativo 1 residuos solidos
  • Formato De Residuos Sólidos Anexo 1
  • caracterizacion de residuos solidos
  • caracterizacion de residuos solidos

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS