A Ermita Do Faro

Páginas: 2 (458 palabras) Publicado: 7 de abril de 2014
A ermida do Faro

  Da construción que algún día se asentou no cumio do Monte Faro non se conserva nada, tan só se teñen indicios da mesma, xa que a ermida que hoxe podemos ollar é o resultadodunha reedificación completa, obra que se acometeu na segunda metade do século XVII. Na actualidade sabemos que o pinchón se reformou no ano 1726 e que se reconstruíu o presbiterio “a cimentis” noprimeiro terzo do século XIX. Alfonso Vázquez, mestre de cantería e veciño de Oseira, xunto con Jerónimo de Ulloa, cura da chantadina parroquia de Santa María de Nogueira, contrataron no ano 1632 a obra daermida que habería de ter unhas medidas aproximadas de catorce tercias de longo e doce de ancho; o edificio habería de presentar bóveda de canón. Seguindo con datos históricos argumentar que o bispode Lugo, don Felipe Peláez, ordenou no ano 1805 demoler a ermida e entregalos caudais ó Capitán Xeral de Galicia para tentar paliar os gastos que a guerra contra do francés estaba ocasionando. Perovovlveuse a erguer e con ela recuperouse a romaxe cuxa tradición se remontaba á noite dos tempos.
En escavacións arqueolóxicas efectuadas no lugar aló polo século XVIII atopáronse ruínas de muros, unenterramento de cantería e varias moedas de época hispanorromana; unha das mesmas databa da época do emperador romano Diocleciano. É bastante probable que neste lugar se celebrasen cultos pagáns antesda chegada ou expansión do cristianismo quen substituiría calquera edificación anterior por outra de signo claramente cristián. Este tipo de prácticas, como xa comentei no apartado referente ó castrode San Sebastián, foron bastante habituais nas nosas terras. O argumentado con anterioridade vese referendado pola aparición neste lugar de medorras, “humilladoiros” e petróglifos.
A día de hoxe o quepodemos ollar é unha ermida con características de edificio fortaleza que presenta planta de cruz latina con cuberta de madeira a dúas augas. Presenta un presbiterio con bóveda de canón amais dun...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Ermitas
  • La ermita
  • ermitas
  • Fara
  • La Fara
  • faren
  • LOS FAROS
  • Faras

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS