O Monólogo Como Exercicio Actoral

Páginas: 10 (2369 palabras) Publicado: 31 de octubre de 2012
–– O monólogo como exercicio actoral ––

Carlos C. Biscaínho




«Romper a linguaxe para apañar a vida: niso cífrase facer ou refacer o teatro (...) Aliás, o importante é que non todos poden conseguilo, que se precisa unha preparación. Isto móvenos a rexeitar as limitacións usuais do home, a multiplicar até o infinito as fronteiras doque se denomina realidade.»
A. Artaud: O teatro e o seu duplo.




Un concepto con raíces textuais

Nun contexto teatral, monólogo pode responder fundamentalmente a dous conceitos diferentes: ben o fragmento dun espectáculo en que só “fala” un/ha actor/actriz –o monólogo de Hamlet–, ben a encenación realizada por un único intérprete.
Conindependencia da unidade que se tome como referencia (cena ou encenación, a parte ou o todo), vemos que é unha noción que parte dunha visión textual do traballo teatral; xa desde a propria etimoloxía, o termo monólogo –así como o seu correspondente latino, soliloquio– atende ao discurso, á palabra.
Se nunha cena atestada de soldados un xeneral arenga os seus –sen réplicas por parte destes últimos–consideraremos que estamos perante un monólogo; no entanto, non será monólogo se algún dos seus subordinados dicer algo. Do ponto de vista espectacular –relativamente á criación cénica– a focaxe destas dúas variantes non ten por qué ser substancialmente diferente; porén, o facto de unha delas ser considerada monólogo pode condicionar de maneira importante o noso traballo, con frecuencia para oempobrecer.
Visións apriorísticas fruto dunha interpretación textual do espectáculo fan con que inconscientemente nos impoñamos limites cando encaramos unha encenación, limites que costuman concretarse en:
1.- Entender que a interpretación radica esencialmente na palabra. Somos perfectamente conscientes de que a nosa opinión non foi –nen é– partillada por todos os que teñen reflectido á volta daarte dramática, mais revoltámonos contra a concepción da criación cénica como a simples ilustración dun discurso. Mesmo como público, se o que se nos oferece se reduce á ornamentación, á explicitación do que as personaxes exprimen coas palabras, non podemos máis que nos sentir defraudados –cando non directamente insultados–. Non se tenciona negar o valor do texto e seremos os primeiros en defenderunha cultura da palabra na esfera do teatro, defesa que alcanza, de certeza, a lingua –esa grande desatendida nos nosos palcos, como xa denunciamos noutras ocasións–. Concebimos o texto como un trampolín desde onde executar un tríplice salto mortal, un diamante precioso que visamos engastar con todo o mimo nun xogo que se apresentará ao público, o fascinante animal exótico sobre o que os acróbatasrealizan o seu número na pista do circo. Mais, sen lle negar o seu valor, defendemos a supremacía do salto mortal, do xogo, do exercicio dos acróbatas: de non ser así, todas as veces que se mostrar nun palco o Hamlet de Shakespeare serían o mesmo espectáculo ou, no mellor dos casos, variantes do mesmo.
2.- Considerar que só suporta o peso da cena o actor que ten a palabra, quen di a letra: osintérpretes, pois, descansan, deteñen a súa criación no tempo en que están en silencio –é o momento do monólogo do xeneral e os soldados non ten outra cousa que aguardar a que este finalice–. Concébese a criación como algo discontinuo e fundamentado no discurso. Con esta maneira de traballar, o máximo ao que podemos aspirar é a desfrutar dun texto ben dito. A calidade da interpretación asóciasedirectamente ao xogo que se faga coas palabras ou, como prolongación, da énfase que o corpo e o espazo –entendido como decoración– pon no que se declama.
3.- Pensar que cada actor é responsábel da construción dunha personaxe –a súa–. Infelizmente, esta idea está arraigada de maneira tal no inconsciente colectivo dos que fan parte no proceso teatral –público incluído– que supón unha das eivas...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Exercici entrenament actoral
  • Hamlet Como Personaje Y Primeros Monólogos
  • Actorales
  • Como Analizar Actoralmente
  • el entrenamiento como herremienta actoral
  • Exercicios
  • Exercicio
  • Como Escribo Un Monologo De Humor

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS