O parque Natural de Corrubedo

Páginas: 7 (1544 palabras) Publicado: 12 de junio de 2013
PARQUE NATURAL DO COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO, LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN
ÍNDICE


Introdución
Situación e características xeográficas
Recursos do parque
Principais ecosistemas
Flora e fauna
Estados de protección
Como chegar
Mitos e lendas
Valoración do traballo
Bibliografía



INTRODUCIÓN

O complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, foi declarado parquenatural en 1992.
O parque natural ten un uso humano intenso, relacionado co turismo, á vez que presenta un alto grao de conservación. Faise necesario, polo tanto, un uso sustentable do territorio, que permita tanto as actividades humanas como o mantemento das súas especies vexetais e animais. O coñecemento das ditas especies posibilitará a axeitada xestión das súas necesidades e fomentará orespecto dos visitantes á súa diversidade.


SITUACIÓN E CARACTERÍSTICAS XEOGRÁFICAS
O Parque Natural de Corrubedo, situado ao sueste da península da Barbanza, pertence ao municipio de Santa Uxía de Ribeira, na provincia da Coruña. Ocupa unha superficie de 996,25 ha.
É o parque natural máis pequeno de Galicia e o máis importante en canto biodiversidade.
Está composto por dúas lagoas e unhaduna móvil de area: a lagoa de Carregal (sitúase no extremo noreste do parque), a lagoa de Vixán (sitúase na parte sur do parque) e a duna de area móvil de area (situada no noroeste do parque, preto da lagoa de Carregal).
O clima da zona é de tipo oceánico húmido con precipitacións anuais medias de arredor de 1.200 mm, aínda que existe un período seco de dous meses que lle imprime a esta zonacerta influencia do clima mediterráneo. A temperatura media oscila entre 18,5 ºC no verán e 9,5 ºC no inverno.

RECURSOS DO PARQUE
Aloxamento: En lugares próximos ao parque.
Centro de Recepción de visitantes Casa da Costa.
Centro de Interpretación do Ecosistema Litoral de Galicia (CIELGA).
Cafetaría-restaurante e área recreativa do Vilar.
Aparcamentos en Olveira, O Vilar, praia de A Ladeirae Vixán.
Observatorios de aves.
Paneis informativos.
Rutas: Existen 3 sendeiros para coñecer o parque:
Camiño da auga: Esta ruta, situada ó sur,acércanos á lagoa de auga doce de Vixán e ao lugar de Porto Baixo, onde se atopan os restos dun castro.
Camiño do mar: Comeza cerca da ruta anterior, no centro de Interpretación do Parque, ao lado do aparcamento do Vilar. Acércanos á lagoa deCarregal, ata chegar a desembocadura do mar.
Camiño do vento: Comeza na caseta de información do aparcamento de Olveira. Trátase dunha ruta circular que nos leva á gran duna móbil de area.


PRINCIPAIS ECOSISTEMAS
O parque Natural de Corrubedo presenta diferentes ecosistemas:
O longo areal semicircular forma 4 km. de praias. A zona máis próxima a Corrubedo, formada polas praias de Ladeira e As dunasou Da Ferreira presentan arenas finas e correntes menos acusadas ca nas praias do sur. Tras a desembocadura da lagoa de Carregal esténdense as praias do Castro, do Vilar e Anquieiro, de areas máis grosas e correntes laterais bastante perigosas.

Tras as praias encontramos o cordón dunar, ca gran duna móbil, unha das máis grandes de Galicia, que da nome ao parque. Ten una lonxitude aproximadade 1 km., 20 m. de alto e uns 250 ó 300m. de ancho. A vexetación cá sostén presenta especies moi valiosas e escasas. Nas marismas se mesturan as augas salgadas do mar cas augas doces.
A lagoa de Vixán, situada no extremo sur do parque e alimentada polo arroio do Vilar, é de auga doce.

FLORA E FAUNA
Podemos encontrar unhas 250 especies vexetais no parque, sen contar liques e fieitos, queconforman a máis completa representación da flora do litoral galego. A maioría das especies, unas 200, pertencen ao cordón dunar, entre elas importantes endemismos e outras especies moi escasas. Tamén a representación florística das especies propias das marismas é moi complexa.

Probablemente sexan as aves o grupo animal máis importante da zona, que chegan a concentrase en número de 35 ou 40...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Parque natural
  • parques naturales
  • Parque Natural
  • Parques naturales
  • parques naturales
  • parques naturales
  • Parques Naturales
  • parque naturales

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS