Actividad De Gallego

Páginas: 8 (1981 palabras) Publicado: 1 de noviembre de 2012
LINGUA E LITERATURA 1º ESO


Temas 1- 4



Edicións Xerais de Galicia S.A.



Unidade 1


As rúas estaban ateigadas de artesáns, mercadores e hostaleiros que saían ó paso dos recén chegados, pregoando as excelencias das súas mesas e o conforto das súas camas.
Don Paio advertiulles ós seus compañeiros que baixo daquela aparente e buliciosa alegría, baixo daquela abundancia,tamén se agabachaba naquela cidade moita miseria e moito aproveitado que intentaba estafar as pobres xentes con enredos e falsidades.
—Abride ben os ollos e non vos deixedes impresionar por nada, que aquí os ladróns e truáns teñen os dedos lixeiros e coñecen todo tipo de artimañas! –dixo Paio Gómez Chariño con seriedade.
Pero era difícil despois do arduo camiño percorrido mantersealleo a todo aquel artificioso despregue de atraccións.
Os mercadores competían vociferando a calidade e vantaxe dos seus produtos:
—Panos de Bruxas...!
—Sal de Bourneuf...!
—Viño do Ribeiro...!
Os titiriteiros actuaban polas rúas cantando e danzando na compaña de funambulistas e soldadeiras.
Máis adiante cruzaron a antiga mullara romana pola «porta renova»,aberta para comodidade dos peregrinos, e atoparon á súa dereita a basílica de San Isidro, obra mestra da arte románica, que contaba cun panteón real onde repousaban os corpos de numerosos reis, así como algúns príncipes e moitos membros da nobreza.



1. Resume brevemente o contido do texto.

2. Indica quen son o emisor e o receptor das partes sinaladas en negra no texto. Logo indica cal é amensaxe que se emite, cal a canle e o código empregados en cada caso.

3. Que estrutura segue este texto? Xustifica a túa resposta.

4. Subliña as frases presentes no segundo parágrafo do texto.

5. Emparella cada definición coa enfermidade que lle corresponde:

|Tumor pequeno na pel, de pequena extensión, duro e doloroso. |a) bronquite ||Inflamación dos bronquios. |b) espulla |
|Dor dos músculos do pescozo que obriga a telo torto e impide xirar a cabeza. |c) furuncho |
|Inflamación das glándulas das pálpebras. |d) tirizó |
|Excreción benigna,pequena, arredondada e escura, que se forma na pel. |e) cabaleiro |

1. _____ 2. _____ 3. _____ 4. _____ 5. _____

6. Que é un dígrafo? Escribe catro exemplos empregando dígrafos distintos.

7. Empezando pola palabra e rematando polo texto, escribe por orde todas as unidades da lingua.

8. Ordena alfabeticamente as seguintes palabras: casa, receita,cabaleiro, ampola, andel, andazo, vacina, varíola, pílula, pediatría.
Unidade 2

Distinguido señor:
Da mesma maneira que a xente felicita os amigos cando se cumpren anos do dia que naceu eu enviolle a miña felicitacion porque hoxe e o aniversario do dia no que vai morrer. Pareceralle unha broma, pero podo asegurarlle que non o e. Eu sei perfectamente que vostede morrera tal dia coma hoxe(permitame que non lle diga nada de que ano, todo chegara). Eu sei que de primeiras, isto pode parecerlle unha mala nova, pero unha vez que vostede se repoña da sorpresa inicial e medite un pouco, darase de conta de que mais que outra cousa isto e un privilexio, porque lle permitira poder facer unha preparacion que a poucos lles esta permitida, xa que os homes deron en vivir coma se nunca fosen morrer.Nada hai tan certo e seguro coma a morte para o home, por tanto, calquera outro acontecemento dos que nos poidan suceder son moito mais alleos a nos.
Permitame pois que me despida, por esta, de vostede, desexandolle un feliz dia do seu cumpremortes.

Xabier P. Docampo: Cando petan na porta pola noite, Xerais (adaptado)



1. O texto está sen acentuar. Acentúao ti.

2. Identifica...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Actividad 5 Practicas Gallegos Rojo Daniela
  • Gallegos
  • Gallego
  • Gallego
  • Gallego
  • gallego
  • Gallego
  • gallegos

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS