Al-Andalus

Páginas: 2 (283 palabras) Publicado: 2 de febrero de 2014
Al-Ándalus. O tempo e o espazo (711-1031)
1.1 A conquista do territorio (711-1031)
A conquista musulmá iniciouse no ano 711, cando Tarik, lugartenente de Muza, o gobernador musulmán donorte de África, cruzou o estreito de Xibraltar cunha reducida tropa de árabes e bérberes.
A súa intención era saquear. Pero ante a doada derrota do rey Visigodo Rodrigo na batalla de Guadalete(711), os musulmáns animáronse a proseguir o seu avance. En catro anos conquistaron a maior parte da Península, exceptuando algúns núcleos de residencia cristiá que se formaron na zona nortetras a batalla de Covadonga (722).
Finalizada a conquista, Al-Ándalus converteuse nun emirato, ou provincia dependente política e relixiosamente do califato omeia de Damasco, cuxa capital sefixou en Córdoba.
1.2 O emirato independente (756-929)
No ano 756, Abderramán I, un príncipe omeia que chegou á Península fuxindo do destronamento da súa familia polos abasís, proclamouseemir independente. Este título implicaba a súa independencia política dos novos califas abasís de Baghdad, aínda que recoñecía a súa autoridade relixiosa.
1.3 O califato de Córdoba (929-1031)O califato implantouse no ano 929, cando Abderramán III se proclamou califa: independente dende o punto de vista relixioso do califa de Baghdad.
Abderramán III rematou coas sublevaciónsinteriores e realizou expedicións contra os estados cristiáns, obrigándoos a pagar tributos. Iniciábase así o período de maior esplendor de Al-Ándalus, no que Córdoba se converteu na principalcidade e Occidente. O florecemento cultural continuou con Alhakén II. O seu sucesor Hixen II, delegou o goberno en Almanzor, un caudillo militar que chegou a saquear Barcelona e Santiago. Tralasúa morte en 1002, o califato entrou nunha grave crise. En 1031, os gobernadores das provincias declaráronse independentes e o califato desintegrouse en 28 reinos independentes (taifas)
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Al-andalus
  • al andalus
  • Al-Andalus
  • Al andAlus
  • AL ANDALUS
  • Al Andalus
  • Al-ándalus
  • al-andalus

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS