Angel brage

Páginas: 38 (9352 palabras) Publicado: 22 de mayo de 2011
III CICLO DE PIANO “ÁNGEL BRAGE”
ALICE SARA OTT
PIANO
MÉRCORES 2 DE MARZO DE 2011

ARCADI VOLODOS
PIANO
DOMINGO 3 DE ABRIL DE 2011

ALDO CICCOLINI
PIANO
DOMINGO 22 DE MAIO DE 2011

Eduardo Beiras García-Martí

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

CONSORCIO DE SANTIAGO

AUDITORIO DE GALICIA. 21:00 h

PROGRAMA

I
LUDWIG VAN BEETHOVEN (1770-1827) Sonata para piano núm. 3 en Domaior, op. 2 (1795)
Allegro con brio Adagio Scherzo: Allegro Allegro assai

MÉRCORES 2 DE MARZO DE 2011

II
FRANZ LISZT (1811-1886) 12 Estudos Trascendentais (1826-1852)

ALICE SARA OTT, piano

Duración aproximada do concerto: unha hora, trinta minutos Pregámoslle ao público que non faga fotografías e que desconecte os teléfonos móbiles, reloxos, etc.

ALICE SARA OTT

Alice Sara Ott,piano A pianista xermano-xaponesa de vinte e dous anos, Alice Sara Ott alcanzou un gran éxito de crítica grazas ás súas brillantes actuacións nas principais salas de concerto de todo o mundo. Aos trece anos, Alice foi nomeada “artista máis prometedora” no Concurso da Academia Internacional de Piano Hamamatsu, e dous anos despois foi a concursante máis nova en recoller o primeiro premio do ConcursoInternacional de Piano Silvio Bengalli. Os seus compromisos recentes levaron a Alice a colaborar coa NDR Sinfonieorchester, Filharmónica de Múnic, hr-Sinfonieorchester e Orquestra Sinfónica de Cincinnati; as súas xiras máis recentes incluíron actuacións coa Orquestra Sinfónica de Radio Suecia baixo a dirección de Daniel Harding e a Real Orquestra Filharmónica de Estocolmo baixo a dirección de SakariOramo. Os próximos debuts orquestrais inclúen concertos coa MDR Sinfonieorchester Leipzig, Sinfónica de Bamberger, Sinfónica de Viena, Sinfónica de San Francisco, Sinfónica de Tokyo, Filharmónica de Róterdan, Real Orquestra Nacional de Escocia e Orquestra Philharmonia. Alice Sara Ott volverá colaborar coa Real Filharmónica de Estocolmo e Filharmónica de Malaisia. Os momentos culminantes máisimportantes en recital durante a tempada 2010/11 inclúen participacións no Festival de Lucerna, Festspielhaus Baden-Baden, Festival van Vlaanderen en Bruxelas e unha importante xira polas principais cidades de Xapón. Ademais das súas actividades como solista, Alice é unha entusiasta da música de cámara, e realiza habitualmente actuacións en festivais en Heimbach, Zúric, Davos e Schwetzingen xunto conoutros artistas como Lars Vogt, Gustav Rivinius, Tadjana Masurenko e Peter Sadlo. Alice ademais participa frecuentemente en recitais en Klavier- Festival Ruhr, Festival de Música de Schleswig-Holstein, Festspiele Mecklenburg-Vorpommern e Braunschweig Classix Festival. En 2008 Alice Sara Ott asinou un contrato de gravación en exclusiva con Deutsche Grammophon. A súa exitosa gravación de debutinterpretando 12 Études d’exécution transcendante de Liszt, foi seguida por un segundo álbum cos valses completos de Frédéric Chopin, un álbum que chegou ao número un nas listas de Música Clásica de iTunes alemá e estadounidense. A esperada gravación do debut orquestral de Alice interpretando os Primeiros Concertos de Piano de Tchaikovski e Liszt (coa Filharmónica de Múnic e Thomas Hengelbrock) serálanzada no outono de 2010. Alice foi galardoada co premio ao Novo Artista do Ano nos Premios Klassik Boto en outubro de 2010. Alumna do Profesor Karl-Heinz Kämmerling no Mozarteum Salzburg en 2000, Alice reside actualmente en Múnic.
3

NOTAS AO PROGRAMA

O comezo do cambio Sonata en do maior opus 2, núm. 3 Esta obra é a terceira dun grupo de tres sonatas para “clave ou pianoforte” catalogadascomo opus 2, compostas por Beethoven (Bonn, 1770 – Viena, 1827) entre 1794 e 1795 con 24 anos de idade e que dedicou ao doutor en música Joseph Haydn con quen estudaba daquela. A serie publicouse en Viena por Artaria en 1796 e o propio compositor interpretouna por primeira vez diante do seu mestre nunha velada musical no pazo do príncipe Lichnoswsky. A tensa relación existente entre profesor e...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Las bragas
  • Braga
  • braga
  • bragas
  • bragas
  • Braga
  • bragado
  • Bragos

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS