Aristóteles.

Páginas: 51 (12673 palabras) Publicado: 26 de noviembre de 2013
FILOSOFÍA ANTIGA II: ARISTÓTELES


ARISTÓTELES: VIDA E OBRA

Aristóteles naceu no ano 384 a. C. na cidade macedonia de Estaxira. O seu pai, Nicómaco, era o médico e, seguramente, conselleiro de confianza do rei Amintas, polo que Aristóteles debeu pasar parte da súa infancia e primeira xuventude na corte, en Pela, onde trabouunha profunda amizade con Filipo, fillo de Amintas e futuro rei. É probable que o seu pai o iniciase no estudo da medicina, pois daquela, tanto en Grecia coma en Exipto, esta profesión transmitíase de pais a fillos. Quizais o especial interese que Aristóteles vai manter, ao longo de toda a súa vida, polo estudo dos seres vivos, pode ter relación con esta primeira influencia.
No ano 367 a.C., candocontaba 17 anos, chega aAtenas e ingresa como estudante na Academia de Platón, onde permaneceu durante vinte anos.
Ao longo de moito tempo mantívose que Aristóteles abandonou Atenas tras a morte de Platón, decepcionado talvez por non ver cumprida a súa aspiración de suceder ó mestre na dirección da Academia. Esta hipótese é, na actualidade, bastante discutida e parece máis verosímil interpretaro abandono en clave política, dado que os enfrontamentos entre Atenas e Macedonia facían especialmente dificil a situación para un amigo de Filipo que daquela ocupaba o trono macedonio.
Ábrese así unha nova etapa na vida de Aristóteles, coñecida como o período das viaxes: primeiro a Asos, na costa oriental do Mediterráneo, e logo á cidade de Mitilene, na illa de Lesbos, e alí permaneceu ataque foi requirido polo rei Filipo para ocuparse da formación do seu fillo Alexandre que contaba entón 13 anos de idade (Alexandre Magno). Acompañado por Calístenes e Teofrasto, instalouse no palacio de Mieza como preceptor do futuro rei e dos fillos dalgúns notables do reino.
No ano 335 a. C., regresa a Atenas xunto cos seus discípulos (entre eles Teofrasto) e a súa compañeira Hérpilis, para fundarun novo centro de investigación, o Liceo, á fronte do cal pasará doce anos. Durante este período, o prestixio intelectual de Aristóteles era moi superior ao dos académicos, cuxa orixinalidade e dinamismo decaeran despois da morte de Platón. Aristóteles establecera unha maneira novidosa e produtiva de investigación, dividindo o traballo entre os seus colaboradores, buscando en certo modo aespecialización, pero sen renunciar á integración dos distintos saberes baixo a ollada filosófica. No Liceo sentáronse as bases do traballo científico que máis tarde se vai desenvolver nas escolas do mundo helenístico, como por exemplo, Alexandría.
No ano 323 a.C. morre Alexandre Magno. Aínda que daquela a súa relación con Aristóteles era de aberta hostilidade, os atenienses seguían supoñendo quecontaba coa protección do rei. A nova da morte de Alexandre reaviva o odio dos atenienses contra os macedonios, e Aristóteles, que entón conta 61 anos, vese obrigado a fuxir “para que Atenas non peque por segunda vez contra a filosofia”, e refúxiase en Calcis, na illa de Eubea, nunha propiedade herdada da súa nai, onde falece un ano más tarde.

CRÍTICA Ó PLATONISMO

Aristóteles seguramente comezousendo un discípulo fiel de Platón, pero o seu interese polos estudos empíricos fai que adopte unha actitude crítica con respecto ás teses máis radicais do platonismo. Durante os vinte anos que permaneceu na academia, en calidade de discípulo primeiro e profesor despois, mantivo unha actitude crítica respecto das máis importantes doutrinas platónicas, co propio Platón e cos máis cualificados dosseus discípulos. Parece claro que foi durante este período cando comezaron a desenvolverse algunhas das discrepancias filosóficas que Aristóteles vai manter con respecto ao pensamento do seu mestre. A máis importante talvez vai ser o rexeitamento da teoría da ideas, xa que na súa opinión:
a) Se o mundo sensible e material que nos rodea só se explica como unha copia imperfecta das Ideas, é...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Aristotele
  • Aristoteles
  • Aristoteles
  • Aristóteles
  • Aristoteles
  • Aristoteles
  • Aristoteles
  • Aristoteles

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS