Aristóteles

Páginas: 61 (15224 palabras) Publicado: 15 de abril de 2014
ARISTÓTELES (384-322)

Aristóteles nace en Estaxira (Tracia). O seu pai, Nicómaco, foi médico de Amintas, rei de Macedonia e pai de Filipo. A medicina, daquela, era unha actividade de carácter case gremial, e os seus coñecementos eran transmitidos de pais a fillos, polo que podemos supoñer que a formación inicial de Aristóteles estaría enfocada cara esta actividade, o que moitos consideran omotivo polo que a bioloxía ten tanta importancia na obra de Aristóteles (cuantitativa e cualitativamente). Pero o pai de Aristóteles morreu sendo el neno e a nai cando tiña arredor de 16 anos. Quedou ao cargo dunha irmá, casada, e o home dela decidiu enviar a Aristóteles a estudar a Atenas, ao centro de más fama, a Academia. Entra pois, Aristóteles, na Academia platónica con 17 anos e permaneceránela vinte anos, até a morte de Platón. A actividade de Platón no momento de chegar Aristóteles estaría xa centrada nos problemas do que denominamos o “período de vellez” e, por tanto, bastante afastada da teoría das Ideas exposta na República. Á morte de Platón, Aristóteles abandona a Academia, por causas que non podemos determinar, a pesar das moitas suposicións que se fixeron, e prosigue a súaformación até que no ano 343 é chamado por Filipo para que se encargue da educación de Alexandre, que nese momento ten 13 anos. Aristóteles acepta o encargo e vai á corte macedona. Non sabemos moito deste período, pero os feitos (a política expansionista do imperio de Alexandre e a teoría política de Aristóteles, aferrada á defensa da polis xa superada historicamente), dan a entender que asrelacións entre os dous personaxes, o educador e o educando, non foron moi fluídas, a pesar de que é posible que, se nas expedicións de descubrimento e conquista dos exércitos de Alexandre ían sempre científicos co encargo de recoller mostras de plantas e animais, fose pola influencia de Aristóteles (aínda que o final do século IV é o comezo do período de plenitude da ciencia grega). No ano 335 volveAristóteles a Atenas e funda o Liceo. Algúns falan de que, por non ser grego, non puído nin mercar os terreos para a súa instalación, e tivo que facelo por medio dun testaferro; pero outros din que o Liceo non era un edificio nin nada similar, senón unha especie de parque onde se reunía Aristóteles cos seus seguidores. En calquera caso, parece que Aristóteles tiña o costume de falar andando(peripatein), polo que aos seguidores se lles denominou “peripatéticos” e a escola recibiu o nome de “perípatos” (con independencia da verdade da atribución). Á morte de Alexandre prodúcese unha violenta reacción reacción antimacedónica. O Imperio mecadonio someteu as poleis gregas e qutoulles o seu autogoberno, facéndoas depender do poder central. Pero, como vimos, para os gregos o sentido da súa vidaconsistía na xestión do público, do estado. De aí que se vese con moi malos ollos todo o macedonio e se aproveitase a morte do seu xefe para revolverse contra todo o asociado ao macedonio.; Aristóteles vese en perigo e busca refuxio en Calcis (a tradición afirma que o fixo, non por temor, senón “para evitar que os atenienses cometesen outro crime contra a filosofía”), onde morre o ano seguinte.
Aobra de Aristóteles presenta, tamén (como a de Platón) algunhas peculiaridades. En principio, os textos que temos témolos case case de milagre, porque se perderon ao menos dúas veces na historia até chegar a formar parte importante da nosa tradición [aínda que é mooi probable que a dobre perda dos textos sexa unha lenda máis do período helenístico, fértil nese tipo de historias].. Se da obra dePlatón parece que só nos chegaron os escritos “exotéricos”, e quedamos sen saber o contido concreto das súas ensinanzas na Academia, de Aristóteles o que nos chegou foi un conxunto de textos que debían de formar parte das súas clases ou conferencias no Liceo, isto é, unha especie de apuntes. Porque o feito é que Aristóteles tiña fama na antigüidade de posuír un estilo elegante, e o que nos chegou...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Aristotele
  • Aristoteles
  • Aristoteles
  • Aristóteles
  • Aristoteles
  • Aristoteles
  • Aristoteles
  • Aristoteles

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS