bases didacticas

Páginas: 14 (3400 palabras) Publicado: 30 de septiembre de 2013
Para comezar co traballo final da asignatura Bases Didácticas da Intervención Logopédica precisamos recopilar todos os traballos que fomos realizando ao longo do curso.

Nunha das primeiras clases que tivemos ao inicio do curso, vimos unha película chamada “Fillos dun deus menor”, protagonizada por unha serie de rapaces xordos que convivían nunha escola especial para eles. Tras ver estapelícula, tivemos que realizar un traballo sobre ela na que tivemos que facer unha análise do filme que adxunto a continuación.

ANÁLISE DA PELÍCULA “Fillos dun deus menor”.

A película trata sobre a aprendizaxe dunha serie de rapaces xordos nunha escola especial para eles.

Esta escola encóntrase nunha illa completamente aillada e haí os nenos van únicamente a aprender a falar e, se isto non éposible, a aprender a comunicarse dalgunha maneira, principalmente mediante linguaxe de signos.

É un colexio bastante antigo e moi serio, con aulas sobrias e pequenas xa que as clases impártense a un número reducido de alumnos. Ademais, nas aulas so hai mesas e cadeiras e o encerado. A pesar de todo isto, hai material suficiente en outras aulas as que se leva aos nenos de forma puntual parafacer probas e traballar con eles de forma diferente.

Neste contexto, chega un profesor novo á escola e nun principio encóntrase con algúns impedimentos por parte da directiva para realizar o seu traballo coas técnicas que él considera as máis adecuadas.

O primero que fai é crear unha boa relación cos seus alumnos para traballar con eles de forma amena, e consígueo con todos, con maior ou menordificultade.

Neste centro non se promove a integración social, feito que se ve claro dende o momento no que a escola está construida nunha illa, sen ter relación coa sociedade.

Soamente se intenta que os nenos aprendan a falar, porque se cre que esa é a única maneira de ser “normal” e poder integrarse na sociedade. Pensan que se non se consegue isto, os estudantes non poderán facer nada.Isto demóstrase coa xoven Sara, que non quixo ou non puido aprender a falar e, sen preguntarlle, puxérona a traballar no servicio de limpeza do colexio. Ela aceptou polo simple feito de que con ese traballo non tiña que falar con ninguén.

O profesor, como o resto do seus compañeiros, intenta que os nenos aprendan a falar, xa que se non o conseguen non poderán valerse por sí mesmos porque oresto de persoas non entenderán a súa linguaxe.

Él apoiase moito na música para ensinarlles, ainda que moitas veces isto lle crea problemas co director.

Por outro lado, ao final da película, vese que a súa actitude ante éste pensamento do colexio de que unha persoa xorda que non fala non pode integrarse socialmente se ve cambiada por Sara, que consegue facerlle ver que sen falar podetraballar e entender aos demais e facerse entender, ainda que a veces necesite axuda.

Os alumnos colaboran bastante ben co profesor ainda que algún non lle fará caso e non colaborará en absoluto. Outros síntense avergonzados e costaralles mais chegar a ese punto de confianza que outros xa conseguiron.

No caso de Sara, ela decidiu deixar de falar porque, cando de pequena empezaba a emitir sons, a súavoz non sonaba ben e os amigos da súa irmá ríanse dela. O pai autoculpábase de que a súa filla falara así; así que mandouna interna á escola e apenas ían a vela.

A nai, que nun primeiro momento non dixo nada cando a súa filla volveu a casa, acóllea encantada e pídelle perdón por deixala alí. Ademais axúdaa a encontrar traballo.

En canto ao tema da inclusión e la autoexclusión, os alumnosnormalmente querían integrarse na sociedade e colaborar para aprender rápidamente. Sara en cambio, a pesar de ser moi lista, autoexclúese, non colabora, é cabezona… por vergoña, por impotencia… e porque pensa que se ela ten que esforzarse para facerse entender, os demais tamén deben esforzarse para entendela, é dicir, que non ten que ser obligatoriamente ela a que aprenda a linguaxe dos demais,...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Secuencia didáctica basada en competencias
  • Circuito electrico basado en un juego didactico
  • BASE HIST RICA DE LA DIDACTICA DE LA LENGUA
  • Bases didácticas
  • Bases de la didactica
  • Bases de la didactica
  • Secuencia didactica (una planeacion) en base a las estrategias didacticas y aprendizajes significativos.
  • : Una educación basada en competencias e integración de niños con necesidades especiales basándose en las...

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS