Che Guevara

Páginas: 13 (3103 palabras) Publicado: 2 de junio de 2013
Ernesto Guevara de la Serna
Índice.

1. Che Guevara.
2. Xuventude do Che Guevara
3. Viaxes do Che Guevara
4. O Che Guevara na revolución Cubana
5. O Che Guevara no Congo
6. O Che en Bolivia
7. A súa morte
8. Che Guevara na ONU.
9. Bibliografía























O Ché Guevara
O Ché Guevara, como sería mundialmente coñecido, é un personaxe que sobresaíu noseu tempo polo seu espírito revolucionario e a súa ansia de coñecer e resolver os problemas da xente máis pobre, aos que intentaría axudar con miras a levar a cabo a Revolución contínua que predicaba Grotski antes de ser asasinado en México moi probablemente por orde de Stalin. O Ché Guevara supera os límites ao ser un individuo que decide saír do sistema e ir máis alá del e mesmo o chegar acambiar en favor dos seus ideais. Existe unha imaxe negativa do Ché Guevara resultado da campaña capitalista en contra da revolución, onde o Ché Guevara é visto como un terrorista cruel e desapiadado, sen tomar en conta os puntos positivos tanto do seu xeito de ver o mundo coma do seu compromiso cos seus ideais. Despois de viaxar por América latina, Rusia, China, México, África, intentando por todos osmedios facer un cambio na realidade da xente, o Ché Guevara brilla a miúdo como un símbolo de rebeldía e activismo para a xuventude, ícono dun personaxe que morreu na loita revolucionaria, sendo fiel ás súas conviccións.

Xuventude do Che Guevara
Ernesto Guevara naceu en Rosario (Arxentina) o 14 de maio de 1928, fillo dun acomodado arquitecto, Rafael Ernesto Guevara Lynch, e Celia de la Sernae da Llosa. Era o maior de cinco irmáns. Polo seu marcado acento arxentino e o emprego continuo desta interxección derivada do guaraní, coñecéuselle como El Che. A súa nai foi unha ardente loitadora que faleceu de cancro en Bos Aires o 18 de maio de 1967, pouco antes do seu fillo. A consecuencia dun accidente, padeceu asma dende a súa infancia, o que obrigou os seus pais a continuos cambios deresidencia en busca de climas máis benévolos, ata instalarse na cidade de Alta Graza, preto a Córdoba.
Ernesto Guevara foi o maior dos cinco fillos de Ernesto Guevara Lynch e Celia de la Serna. Ambos os dous pertencían a coñecidas familias aristocráticas de clase alta. O seu tataravó paterno foi considerado o home máis rico de Sudamérica, mentres que polo lado materno descendía de José de la Sernae Hinojosa, último vicerrei español en Lima .
Ernesto Guevara Lynch (1901-1987), o pai, tiña unha vida desafogada grazas ás rendas que obtiña da herdanza recibida dos seus padres[8]. Ao nacer o seu fillo, acababa de comprar unha importante plantación de yerba mate en Caraguatay, unha zona rural da provincia de Misiones, na área de Montecarlo, 200 km. ao norte da capital Posadas, sobre o ríoParaná. Naqueles tempos os traballadores dos yerbatales, coñecidos como mensúes, estaban sometidos a un réxime practicamente escravo. En Córdoba instalou cun socio unha empresa de construción civil que quebrou en 1947. En 1948 recibiu outra importante herdanza debido á morte da súa nai, Ana Isabel Lynch Ortiz. En 1987 escribiu un libro co título "O meu fillo o Che".
Celia de la Serna (1906-1965), anai, pertencía a unha tradicional familia aristocrática de grandes estancieros bonaerenses. O seu pai suicidouse cando tiña dous anos e a súa nai morreu cando tiña quince.Quedou entón ao coidado da súa irmá Carmen e unha tía. Pertenceu a unha xeración de mulleres arxentinas de clase alta progresistas que promoveron o feminismo, a liberdade sexual e a autonomía das mulleres, cuxa máis fielrepresentante foi Victoria Ocampo.
Os pais de Ernesto casaron o 10 de decembro de 1927, cando Celia se encontraba embarazada de tres meses. En 1948 separáronse, aínda que seguiron vivindo baixo o mesmo teito. En total tiveron cinco fillos:
Ernesto (1928-1967)
Celia (n. 1929)
Roberto (n.1932)
Ana María (n. 1934 - m. 1988)
Juan Martín (n.1943)


Viaxes do Che Guevara
O 29 de decembro de...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Che Guevara.
  • Che Guevara
  • EL CHE GUEVARA
  • che guevara
  • Che Guevara
  • Che Guevara
  • Che guevara
  • Che guevara

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS