Ciencia

Páginas: 10 (2329 palabras) Publicado: 3 de febrero de 2014
TEMA 6: A EVOLUCIÓN DOS SERES VIVOS


Actualmente coñécense uns 1,8 millóns de especies de seres vivos, e cada ano descóbrense outras novas. Ao observar esta gran diversidade de seres vivos os científicos atopáronse con unha nova interrogante: unha vez que se orixinou a vida na Terra, como puideron chegar a formarse tantas especies diferentes a partir de unha única célula?

Existendiferentes teorías que pretenden resolver esta cuestión, e que poden clasificarse en teorías non evolucionistas e teorías evolucionistas.

1. Teorías sobre a orixe das especies

1.1. Teorías non evolucionistas

Dentro deste grupo inclúense aquelas teorías que non consideran a posibilidade de que os organismos se fosen transformando ata dar lugar a diversidade actual de especies.

Fixismo

Osfixistas defendían que as especies foran creadas ao principio dos tempos por creación divina e permaneceron inalterables ao longo da historia do planeta. Consideraban aos fósiles caprichos da natureza (pedras que parecían cunhas ou ósos por casualidade) ou especies que desapareceran por catástrofes diversas, pero sen relación cos seres actuais.

Catastrofismo ou teoría das creacións sucesivasEsta teoría tratou de facer compatible o fixismo coa existencia de fósiles. Propoñía que a Terra estivo poboada por unha sucesión de floras e faunas independentes entre si. Estes seres vivos eran produto de actos creadores seguidos de aniquilacións catastróficas, a última das cales foi o diluvio universal. Fixouse a idade da Terra en 70000 anos e chegouse a contabilizar ata 27 creacións distintas.1.2. Teorías evolucionistas

Enténdese por teorías evolucionistas aquelas que explican a orixe das especies actuais como resultado dun proceso natural de transformación dunhas especies noutras.


O Lamarckismo

No século XVIII, o francés Lamarck (1774-1829) foi o primeiro naturalista que desenvolveu unha teoría da evolución segundo a cal unhas especies procedían doutras por cambiossucesivos. Esta teoría pode resumirse nos seguintes postulados:

Os seres vivos teñen unha tendencia innata ao perfeccionamento, que lles permite adaptarse aos ambientes máis diversos.
Lei do uso e desuso dos órganos. Os cambios no ambiente crean necesidades nos organismos, para adaptarse ás súas novas condicións de vida. Isto orixina un aumento ou diminución no uso de determinados órganos, o queimplica o seu maior ou menor desenvolvemento e a conseguinte modificación do organismo.
A función crea o órgano. Cando os cambios ambientais orixinen necesidades completamente novas, poden xurdir, como resposta, órganos totalmente novos.
Herdanza dos caracteres adquiridos. Para que os novos caracteres se perpetúen e estean presentes nas seguintes xeracións, teñen que ser hereditarios.

Estateoría é moi fácil de aceptar intuitivamente e exerceu unha gran influenza no pensamento biolóxico, pero todos os intentos que se fixeron para demostrar a herdanza dos caracteres adquiridos fracasaron rotundamente.

A teoría da Selección Natural (o Darwinismo)

No ano 1859, o naturalista inglés Charles Darwin publicou a súa obra “A orixe das especies” na que explicaba a súa teoría completa daevolución dos seres vivos, denominada teoría da selección natural. Esta teoría foi elaborada por Darwin a partir das observacións que realizou na súa viaxe a bordo do Beagle polas costas de Patagonia, Tierra de Fuego e algunhas illas do Pacífico.

Antes de publicar a súa obra, Darwin recibiu un artigo escrito por Wallace, un naturalista que estudaba a distribución de plantas e animais na Polinesia.Wallace expoñía un concepto de selección natural ao que chegara de forma independente pero con resultados análogos aos de Darwin. A coincidencia entre as ideas de ambos científicos era case completa.

No ano 1858 Darwin e Wallace presentaron á Linnean Society de Londres un artigo conxunto no que propoñían as súas ideas sobre evolución. Sen embargo, a publicación por parte de Darwin da súa obra...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Ciencia ciencia
  • Ciencia ciencia
  • Ciencia O Ciencias
  • Ciencias Ciencias
  • Ciencia o No Ciencia
  • la ciencia y las ciencias
  • Ciencias
  • Ciencias

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS