Clonacion, Trangenicos

Páginas: 19 (4572 palabras) Publicado: 9 de abril de 2013
Tema 3: As pragas do século XXI
1.As enfermidades máis mortíferas:
Unhas poucas enfermidades provocan case o 90% das mortes no mundo por enfermidades infecciosas. Podemos distinguir entre:
-enfermidades emerxentes: son enfermidades infecciosas, que xorden por primeira vez. Estas, son transmitidas por xermes, ata agora descoñecidos. Algúns permaneceron durante moito tempo no seu lugar deorixe antes de entrar en contacto coas persoas, outros, sufriron mutacións que os converteron en perigosos.
-enfermidades reemerxentes: son aquelas enfermidades que xa se crían erradicadas que volveron a xurdir con renovada forza.Podemos destacar o cólera, a tuberculose, o dengue e a malaria.

2.Dos "miasmas” aos microbios.
Ata o século XX, a teoría miasmática da enfermidade foi a que predominouen relación á orixe e causa das enfermidades infecciosas. Os “miasmas” eran emanacións que procedían da descomposición da materia orgánica.
2.1 A teoría microbiana da enfermidade.
A mediados do século XIX investigadores como Louis Pasteur, estableceron por primeira vez a relacióon entre o desenvolvemento de certas enfermidades e a presenza de microorganismos nun enfermo.Robert Koch foi oresponsable de poñer a proba experimentalmente a denominada teoría microbiana da enfermidade. Desmostrou, mediante os seus experimentos que cada enfermidade está producida por un microorganismo determinado, e cada microorganismo xera unha enfermidade diferente. Os seus postulados son:
-O microorganismo debe estar presente en todos os individuos coa mesma enfermidade.
-O microorganismo debe serrecuperado do indviduo enfermo e pode ser illado nun medio de cultivo.
-O microorganismo proveniente dese cultivo debe causar a mesma enfermidade cando se inocula a outro hóspede.
-o individuo experimentalmente infectado debe conter o microorganismo.
2.2 Axentes infecciosos.
Os microorganismos que producen enfermidades infecciosas denomínanse microorganismos patóxenos. Non todos os axentes causantesde enfermidades infecciosas son os microorganismos, por iso adoita utilizarse a expresión máis xeral de axentes infecciosos, xermes ou microbios. Os axentes infecciosos son parasitos que invaden o corpo dun ser vivo, denominado hóspede e reprodúcense no seu interior ou sobre el ocasionando danos nos seus tecidos. Estes danos son os responsables dos síntomas da enfermidade. Cando o conxunto desíntomas que acompaña a unha enfermidade é complexo, de causa non específica e variable duns organismos a outros denomínase síndrome.Os axentes infecciosos poden ser:
-Virus: parasitos celulares, necesitan introducirse nas células para reproducirse. Resultan difíciles de eliminar se non se destrúen as células nas que viven. Son os axentes infecciosos máis pequenos.
-Bacterias: organismos unicelularesprocarióticos. Poden reproducirse sen invadir outras células. Se teñen forma alongada denomínanse bacilos.
-Protozoos e fungos: os protozoos son unicelulares eucarióticos e os fungos poden ser uunicelulares ou pluricelulares. Os protozoos e os fungos englóbanse nos parasitos, aínda que todos os axentes infecciosos o son.
3.A resposta do organismo fronte á infección.
Os seres vivos infectadospor un xerme patóxeno considéranse fontes de infección. Os xermes poden pasar desde as fontes de infección a un organismo san de dous xeitos:
-Transmisión directa ou contaxio: prodúcese por contacto directo entre a persoa enferma e a sa. O contacto pode ser físico ou a través das partículas desprendidas do enfermo.
-Transmisión indirecta: os xermes procedentes da fonte de infección pasan ao medio,e de alí poden transmitirse a unha persoa sa. O transporte dos xermes poden facelo outros animais denominados vectores.
Os reservorios son os animais que albergan axentes infecciosos para a especie humana.
3.1 A resposta inmunitaria.
O noso organismo posúe barreiras naturais que dificultan a entrada dos axentes infecciosos, como a pel, as bágoas ou as secrecións ácidas do noso aparato...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Trangenicos
  • Trangenico
  • Trangenicos
  • Trangenicos
  • trangénicos
  • Trangénicos
  • Trangenicos
  • Trangenicos

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS