comentario de texto

Páginas: 62 (15367 palabras) Publicado: 10 de junio de 2014
26

Hª da filosofía. 2º de bacharelato.

PRÁCTICAS DE COMENTARIO DE TEXTO. Unidade 1: Platón

HISTORIA DA FILOSOFÍA. 2º BAC.
BLOQUE PRIMEIRO: FILOSOFÍA ANTIGA
UNIDADE 1: O NACEMENTO DA FILOSOFÍA E PLATÓN

PRÁCTICAS DE COMENTARIO DE TEXTO
______________ESQUEMA DAS PRÁCTICAS DE COMENTARIO DE TEXTO_____________
1. MATERIAL DE ORIENTACIÓN (para a proba PAU de composición sobre un texto decarácter
filosófico)
1.1. Criterios oficiais de cualificación das PAU para a proba de composición sobre un texto de
carácter filosófico
1.2. Tradución dos criterios oficiais de cualificación das PAU para a proba de composición sobre un
texto de carácter filosófico
1.3. Fichas curriculares das PAU (cos contextos históricos)
1.4. Consellos de prudencia para facer composicións sobre un textode carácter filosófico
1.5. Método para a elaboración dunha composición sobre un texto de tipo filosófico
2. TEXTOS PAU DE PLATÓN (COS TEMAS)
2.1. Texto 1: A República, sobre a xustiza ética e política
2.2. Texto 2: A República, sobre os graos de coñecemento (a través do símil da liña)
2.3. Texto 3: A República, sobre o mito da caverna
2.4. Texto 4: Fedro, sobre o mito do auriga
2.5. Texto5: Menón, sobre a reminiscencia
3. COMPOSICIÓN SOBRE O TEXTO PAU 1
3.1. Guión completo para elaborar unha composición sobre un texto de carácter filosófico do texto 1
de Platón para as PAU
3.2. Exemplo de composición suspensa
3.3. Exemplo de composición sobresaliente
4. TEXTOS DE PRÁCTICA
4.1. Texto 1 de práctica
4.2. Texto 2 de práctica

27

Hª da filosofía. 2º de bacharelato.PRÁCTICAS DE COMENTARIO DE TEXTO. Unidade 1: Platón

___________1. MATERIAL DE ORIENTACIÓN__________
PARA A PROBA DE COMPOSICIÓN DE TEXTO (sobre tema de tipo filosófico)
CRITERIOS OFICIAIS DE CUALIFICACIÓN DAS PAU PARA A PROBA DE COMPOSICIÓN
SOBRE UN TEXTO DE CARÁCTER FILOSÓFICO
A cualificación máxima de 10 puntos distribuirase así:
1ª PARTE: MARCO HISTÓRICO E CONCEPTUAL: 2'5 puntosdistribuídos consonte os seguintes criterios e
proporcións:
Contextualización xeral…………………….………….......……………………. 1,25 puntos
Cuestión específica de contextualización………………………………..… 1,25 puntos
Trátase de avaliar a comprensión epocal do/da alumno/a. (Isto non inclúe a mera mención de anécdotas).
Os 1,25 puntos de nota máxima atribuídos á «contextualización xeral» corresponderían ao hipotético –ben
queimprobable– caso dun/dunha alumno/a que non contestando propiamente á cuestión específica de
contextualización que se lle formula amose coñecementos consistentes sobre a época na que se sitúa o autor.
A correcta resposta á cuestión específica de contextualización que se lle formula comportará
inevitablemente coñecementos proporcionados de «contextualización xeral».
2ª PARTE: COMPRENSIÓN: 6puntos distribuídos consonte os seguintes criterios: Trátase de avaliar os
coñecementos sobre o autor centrándose na cuestión temática formulada e, en relación con esta, a comprensión do
texto.
3ª PARTE: COÑECEMENTO ESPECÍFICO: 1'5 puntos distribuídos consonte os seguintes criterios e
proporcións:
Trátase de avaliar a capacidade do/da alumno/a para situar a cuestión temática no horizonte global dahistoria da filosofía.
Hai que contar coa posibilidade de que un/unha alumno/a poida introducir algún atinado comentario
persoal que poña en evidencia a súa comprensión. Os comentarios persoais que a/a alumno/a poida eventualmente
facer se son pertinentes e atinados poden ser avaliados até 0,5 puntos. Isto é: no hipotético –ben que improbable–
caso dun/dunha alumno/a que non sendo capaz deestablecer unha relación nos termos nos que se lle require,
introduce comentarios pertinentes e atinados outorgaríaselle 0,5 puntos.
Todas estas cualificacións presupoñen que estamos diante dunha composición unitaria, sintáctica e
retoricamente ben estruturada, escrita con pulcritude, respectando escrupulosamente a normativa ortográfica que
corresponda, usando o léxico adecuado e poñendo en...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Comentarios de texto
  • Comentario De Texto
  • comentario de texto
  • Comentario De Texto
  • comentario de texto
  • COMENTARI DE TEXT
  • Comentario De Texto
  • el comentario de texto

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS